Kevin Ayers
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Kevin Cawley Ayers 16 de agosto de 1944 Herne Bay, Reino Unido (en) |
Morte | 20 de febreiro de 2013 (68 anos) Montolieu, Francia |
Educación | Simon Langton Grammar School for Boys (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, cantautor, guitarrista, produtor musical, compositor de cancións, compositor, artista discográfico |
Período de actividade | 2013 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Movemento | Cena de Canterbury (pt) |
Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
Selo discográfico | Harvest Records (pt) Island Records |
Familia | |
Pai | Rowan Ayers |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Kevin Ayers, nado en Henrey Bay o 16 de agosto de 1944 e finado o 18 de febreiro de 2013, foi un cantautor inglés activo no movemento musical psicodélico británico. Ayers foi un membro fundador da banda psicodélica Soft Machine a mediados dos 60, e estivo estreitamente asociado coa escena de Canterbury.[1]
Gravou unha serie de álbums como artista en solitario e ao longo da súa carreira traballou con músicos como Brian Eno, Syd Barrett, Bridget St John, John Cale, Elton John, Robert Wyatt, Andy Summers, Mike Oldfield, Nico e Ollie Halsall, entre outros. Tras vivir varios anos en Deià, na illa de Mallorca, regresou ao Reino Unido a mediados dos 90 antes de mudarse ao sur de Francia.
O seu derradeiro álbum, The Unfairground, lanzouse no ano 2007.[2] O xornalista musical Nick Kent escribiu: "Kevin Ayers e Syd Barrett foron as dúas persoas máis importantes na música pop británica. Todo o que chegou despois saíu deles".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DeRogatis, Jim (2003). Turn on your mind : four decades of great psychedelic rock. Milwaukee, WI: Hal Leonard. ISBN 0-634-05548-8. OCLC 52423927.
- ↑ "Kevin Ayers - The Unfairground" (en castelán). Consultado o 2022-11-19.
- ↑ "Kevin Ayers obituary". the Guardian (en inglés). 2013-02-20. Consultado o 2022-11-19.