Saltar ao contido

Kosmos 25

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 25
TipoMilitar
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento27 de febreiro de 1964, 13:26 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónServir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2]
Decaemento21 de novembro de 1964[1]
NSSDC ID1964-010A
Masa355 kg[5]

Kosmos 25 (Космос 25 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº4, foi un satélite artificial soviético lanzado o 27 de febreiro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Kosmos 25 foi o cuarto e último membro (e terceiro lanzado con éxito) da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Usaba células solares colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.[5]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 526 km de apoxeo e 272 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 92,1 minutos.[3][5]

Kosmos 25 reentrou na atmosfera o 21 de novembro de 1964.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 25" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 25" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 18 March 1964 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-06832): 2. 23 de marzo de 1964. A/AC.105/INF.060. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-P1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de xullo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]