Saltar ao contido

Explorer 12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 12
Preparativos do Explorer 12 antes do lanzamento.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento16 de agosto de 1961, 3:21 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2]
Decaemento30 de setembro de 1963[1]
NSSDC ID1961-020A
Masa37,6 kg[6]

Explorer 12, tamén denominado EPE-A, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 16 de agosto de 1961 mediante un foguete Delta desde Cabo Cañaveral.[2][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 12 foi o primeiro membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos o vento solar, e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2][5][6]

O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 12 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase. O satélite funcionou sen problemas ata o 6 de decembro de 1961, día en que deixou de transmitir, posiblemente debido a un problema de enerxía. Obtivéronse datos útiles durante o 90% da vida do satélite. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 28 r.p.m., co eixo apuntando a unha ascensión recta de 48 graos e unha declinación de -28 graos. A dirección do eixo de rotación mantívose aproximadamente constante durante o tempo da misión, e a velocidade de rotación aumentou ata as 34,3 r.p.m.[2][5]

Explorer 12 foi inxectado nunha órbita inicial de 76.632 km de apoxeo e 773,9 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,43 graos e un período de 1587,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de setembro de 1963.[1][3][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Explorer 12 levaba os seguintes instrumentos a bordo:

  • Analizador electrostático de plasma solar
  • Magnetómetros de porta de fluxo
  • Medidor de partículas cargadas
  • Experimento de dano a células solares
  • Detector de centeleo de protóns-electróns
  • Detector de raios cósmicos

Resultados

[editar | editar a fonte]

Explorer 12 foi pioneiro na exploración da magnetosfera terrestre, identificando por primeira vez a magnetopausa e mellorando os coñecementos sobre os cintos de Van Allen, establecendo que se trata dunha única rexión de partículas cargadas, e que as tormentas xeomagnéticas poden chegar a ser o resultado das erupcións solares. Tamén deixou claro que a radiación no contorno terrestre non era impedimento para os voos tripulados.[7][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 12" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 12" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (62-04423). 7 de marzo de 1962: 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2007. Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 12" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  7. Karen C. Fox (2012). "Stories of Missions Past: Early Explorers" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2012. 
  8. Victor Seigel (outubro de 1983). "SPACE SCIENCE". En NASA. Our First Quarter Century of Achievement ... Just the Beginning (PDF). pp. C–6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]