Eunectes akayima
Eunectes akayima | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Eunectes akayima Rivas et al. (2024) |
Eunectes akayima é unha especie de boa de América do Sur e da illa caribeña de Trinidad. É unha das especies máis grandes, pesadas e longas no mundo. Como todas as boas, é unha constritora non velenosa.
Esta nova especie describiuse en 2024, logo de descubrir que era xeneticamente distinta de Eunectes murinus.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo akayima co que se nomeou a especie provén das linguas caribes locais e pódese traducir como "serpe grande".[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Usando mostras de sangue obtidas de exemplares de anacondas verdes en liberdade e catividade, en 2024 as investigacións demostraron que a anaconda verde do norte (Eunectes akayima) é xeneticamente diferente da anaconda común (Eunectes murinus), coa que comparte hábitat en latitudes máis meridionais. A diferenza de aproximadamente 5,5% no ADN mitocondrial fixo que as poboacións do norte fosen recoñecidas como unha especie separada.[1][2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Eunectes akayima foi descrita como unha das serpes máis pesadas e longas do mundo.[1]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Eunectes akayima atópase no norte de América do Sur. Aínda non se coñece a área de distribución precisa, pero segundo as mostras tomadas, a especie atópase en Venezuela, Güiana Francesa, Suriname, Güiana, Ecuador, norte do Brasil e a illa de Trinidad.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Jason Bittel (16 de febreiro de 2024). "The world's heaviest snake has been hiding a big secret". National Geographic.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rivas, Jesús; De La Quintana, Paola; Mancuso, Marco; Pacheco, Luis; Rivas, Gilson; Mariotto, Sandra; Salazar-Valenzuela, David; Tepeña Baihua, Marcelo; Baihua, Penti; Burghardt, Gordon; Vonk, Freek; Hernandez, Emil; García-Pérez, Juán Elías; Fry, Bryan; Corey-Rivas, Sarah (16 de febreiro de 2024). "Disentangling the Anacondas: Revealing a New Green Species and Rethinking Yellows". Diversity 16 (2): 127. doi:10.3390/d16020127.