Etimoloxía popular
A etimoloxía popular é o establecemento da orixe dunha palabra baseándose nas crenzas e nas opinións de xente non especializada na ciencia da etimoloxía. As etimoloxías populares danse na maioría de idiomas.
Características
[editar | editar a fonte]As etimoloxías populares adoitan ser falsas etimoloxías. Con todo, algunha delas queda recollida ou mesmo establecida oficialmente. De feito, o escudo de Galicia pode ter a súa orixe nunha destas etimoloxías populares: a súa primeira aparición, nun armorial do século XIII, débese talvez a unha falsa interpretación de Galicia como Calice (cáliz). Outra posible etimoloxía popular ten a ver co topónimo de Santiago de Compostela, interpretado falsamente como Campus Stellae cando a súa orixe está no máis que probábel Compositella[1].
En lingüística histórica, a etimoloxía popular refírese á variación en pronuncia ou en transliteración dunha palabra ao longo do tempo.[2]
Fonte e influencia das etimoloxías populares
[editar | editar a fonte]Son diversas as razóns que explican a existencia de etimoloxías populares. Algunhas son interpretacións razoábeis de evidencias que resultan falsas, como cando noutros tempos se asociaba Galicia á Galia. Outras veces, son intentos de oficializarlle unha orixe distinguida a un lugar ou liñaxe (Galegos < Gálatas ou Galileos; de aí tamén procede o uso medieval de "corónica" por crónica, por ser relativa á "coroa [e ó rei]", non á "cronoloxía"). En moitos casos a orixe dunha palabra está nunha lingua que os falantes actuais descoñecen. Mesmo os especialistas adoitan propor orixes plausíbeis para palabras que co tempo se demostran falsas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabeza Quiles, F.: Toponimia de Galicia (2008). Páx. 119.
- ↑ Sihler, Andrew L. (2000). Language History: an introduction. John Benjamins. pp. 86–88.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anatoly Liberman (2005). Word Origins ... and How We Know Them: Etymology for Everyone. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-516147-2.
- Adrian Room (1986). Dictionary of True Etymologies. Routledge & Kegan Paul. ISBN 0-7102-0340-3.
- David Wilton (2004). Word Myths: Debunking Linguistic Urban Legends. Oxford University Press. ISBN 0-19-517284-1.
- Ghil'ad Zuckermann (2003). Language Contact and Lexical Enrichment in Israeli Hebrew. Houndmills: Palgrave Macmillan. (Palgrave Studies in Language History and Language Change, Series editor: Charles Jones). ISBN 1-4039-1723-X.