Saltar ao contido

España no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
España

Estación membro Televisión Española
Final nacional Ver artigo
Aparicións 58
Primeira aparición 1961
Mellor resultado
Final 1.º 1968
1.º 1969
Semifinal 14º 1996
Peor resultado
Final 26.º 2017
25.º 2013
23.º 1999
Semifinal 14º 1996
Ligazóns externas
Páxina en TVE
Páxina de España en Eurovision.tv

España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e o Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".

España gañou dúas veces o festival. A primeira no 1968, en Londres, coa canción "La, la, la" interpretada por Massiel e a segunda vez foi ao ano seguinte con Salomé interpretando "Vivo cantando".

España participou no concurso en 54 ocasións, gañando en 2 delas e quedando noutras 8 ocasións entre os 5 primeiros: en 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1979, 1984, 1990, 1991 e 1995. Así mesmo, obtivo tres veces "0 puntos", en 1962 e 1965 (cun sistema diferente de votación), e en 1983, sempre empatando con outros países. No século XXI o mellor resultado de España en Eurovisión foi un 6.º posto en 2001, con David Civera e o tema Dile que la quiero en Copenhaguen. Entre 2005 e 2013 España quedou na metade baixa da clasificación coa excepción de 2012, cando a participación de Pastora Soler devolveu a TVE de novo ao "top 10". En 2014 en Copenhaguen, Ruth Lorenzo, con Dancing In The Rain, obtivo o posto nº 10 empatando con Dinamarca.

A retransmisión do festival é o evento non deportivo máis visto en España ano tras ano. Tras uns anos de boas audiencias nos anos noventa, o fenómeno Operación Triunfo coa participación de Rosa e a canción Europe's living a celebration, fai que o Festival do 2002 sexa o máis seguido desde que hai estatísticas fiables de audiencia. Os outros dous participantes que saíron deste concurso (Beth Rodergas e Ramón del Castillo) tiveron un bo seguimento no certame, así como unha boa posición. En 2008 tamén se bateu un novo récord de audiencia mediante a elección do polémico Rodolfo Chikilicuatre, personaxe de ficción interpretado por David Fernández Ortiz e incubado na canle privada La Sexta.

Moitas das cancións españolas que participaron no festival han ter un grande éxito en España e algunhas tamén no estranxeiro. Por outra banda moitos foron os cantantes españois que desenvolveron unha importante carreira posteriormente ao seu paso polo concurso. Algúns destes artistas son: Raphael, Julio Iglesias, Karina, Mocedades, Jaime Morey, Peret, Micky, Paloma San Basilio, Azúcar Moreno, Sergio Dalma, David Civera, Rosa López... Nos últimos anos son varios os artistas que deciden representar a España tras estar consolidados no mercado musical, como Soraya Arnelas, Pastora Soler ou El Sueño de Morfeo. Así mesmo, axudou a dar a coñecer e a que teñan unha carreira musical en España a artistas que levan un longo camiño andado, como é o caso de Daniel Diges, Lucía Pérez ou Ruth Lorenzo.

España e o "Big Five"

[editar | editar a fonte]

Desde 1999, catro países clasifícanse automaticamente para a final de Eurovisión, independentemente da súa posición na clasificación da edición anterior. Gañáronse esta condición especial por ser os catro maiores contribuíntes financeiros á UER (sen a cal a produción do Festival da Canción de Eurovisión non sería posible). Estes países son: o Reino Unido, Alemaña, Francia e España. Debido á súa condición de intocable no festival, estes países chegaron a ser coñecidos como o "Big Four". Cando Italia regresou ao concurso, en 2011, uniuse a este grupo, pasando a denominarse "Big Five".

Sistema de elección: artista e canción

[editar | editar a fonte]

RTVE, ao longo da súa participación no Festival, usou varias fórmulas para elixir o seu representante e á súa canción. Nos seus primeiros anos, foi a través de concursos musicais radiofónicos. En 1963, probaría, por primeira vez, a elección interna (un dos formatos máis recorridos). A mediados dos sesenta, utiliza concursos musicais con finais nacionais en teatros. Desde 1977 ata 1999 elixe os seus intérpretes e cancións de xeito interno; son artistas que empezan a triunfar na música, e moitos deles, hoxe en día, teñen fama mundial. Co cambio de milenio, volve aos concursos musicais; pero será no 2002 cando mellor explote a fórmula co concurso musical de éxito internacional Operación Triunfo. Esgotado o concurso, inícianse procesos en Internet para buscar o próximo representante. Nos anos 2012 e 2013, recorreu á elección interna como mellor método, acompañado dunha gala na que o público elixe a canción. No 2014, decidiu realizar unha gala para elixir o seu representante, entre 5 novos talentos. No ano seguinte, no 2015, usouse a elección interna de artista e tema, non usado desde o 2006. Nos seguintes dous anos 2016 e 2017, celebrouse un novo programa chamado Obxectivo Eurovisión e para elixir a do 2018 usouse de novo Operación Triunfo.

Participacións de España no Festival de Eurovisión

[editar | editar a fonte]
Ano Sede Cantante(s) Canción
(Música / Letra)
Final Pts. Semifinal Pts.
2019 Israel Miki La venda 22 53
2018 Portugal Lisboa Amaia Romero e Alfred García Tu canción 23 61
Membro do Big 5
2017 Ucraína Kíiv Manel Navarro Do It for Your Lover 26 5
2016 Estocolmo Barei Say Yay!
(Peter Boström)
22 77
2015 Austria Viena Edurne Amanecer
(Thomas G:son & Peter Boström / Tony Sánchez-Ohlsson)
21 15
2014 Dinamarca Copenhaguen Ruth Lorenzo Dancing in the Rain
(Ruth Lorenzo, Jim Irvin & Julian Emery)
10[1] 74
2013 Malmö El Sueño de Morfeo Contigo hasta el final
(David Feito, Raquel del Rosario e Juan Luis Suárez)
25 8
2012 Acerbaixán Bakú Pastora Soler Quédate conmigo
(Thomas G:son & Erik Bernholm / Tony Sánchez-Ohlsson)
10 97
2011 Alemaña Düsseldorf Lucía Pérez Que me quiten lo bailao
(Rafael Artesero)
23 50
2010 Oslo Daniel Diges Algo pequeñito
(Jesús Cañadilla, Luis Miguel de la Varga, Alberto Jodar, Daniel Diges)
15 68
Membro do Big 4
2009 Moscova Soraya Arnelas La noche es para mí
(Jason Gill, Dimitri Stassos, Irini Michas / Felipe Pedroso)
23 23
2008 Belgrado Rodolfo Chikilicuatre Baila el Chiki-chiki
(Rodolfo Chikilicuatre e amigos)
16 55
2007 Finlandia Helsinqui D'Nash I love you mi vida
(Thomas G:son, Andreas Rickstrand / Tony S.-Ohlsson, Rebeca Pous)
20 43
2006 Grecia Atenas Las Ketchup Un BloodyMary
(Queco)
21 18
2005 Ucraína Kíiv Son de Sol Brujería
(Alfredo Panebianco)
21 28
2004 Istambul Ramón del Castillo Para llenarme de ti
(Kike Santander)
10 87
2003 Riga Beth Rodergas Dime
(Jesús María Pérez, Amaya Martínez)
08 81
Sen semifinais
2002 Estonia Tallin Rosa López Europe's living a celebration
(Toni Ten / Xasqui Ten)
07 81
2001 Dinamarca Copenhague David Civera Dile que la quiero
(Alejandro Abad)
06 76
2000 Estocolmo Serafín Zubiri Colgado de un sueño
(Chema Purón)
18 18
1999 Xerusalén Lydia Rodríguez No quiero escuchar
(Carlos López, Adolfo Carmona, Fernando Rodríguez, Alejandro Piqueras)
23 1
1998 Birmingham Mikel Herzog ¿Qué voy a hacer sin ti?
(Alberto Estébanez / Mikel Herzog)
16 21
1997 Dublín Marcos Llunas Sin rencor
(Marcos Llunas)
06 96
1996 Oslo Antonio Carbonell ¡Ay, qué deseo!
(Antonio Carmona, Josemi Carmona, Juan Carmona)
20 17 14 43
1995 Dublín Anabel Conde Vuelve conmigo
(Chema Purón)
02 119
Sen semifinais
1994 Dublín Alejandro Abad Ella no es ella
(Alejandro Abad)
18 17
1993 Millstreet Eva Santamaría Hombres
(Christian de Walden, Ralf Steinman, Carlos Toro / Carlos Toro)
11 58
Clasificada
1992 Malmö Serafín Zubiri Todo esto es la música
(Luis Miguélez, Alfredo Valbuena / Luis Miguélez)
14 37
Sen semifinais
1991 Italia Roma Sergio Dalma Bailar pegados
(Julio Seijas / Luis Gómez Escolar)
04 119
1990 Iugoslavia Zagreb Azúcar Moreno Bandido
(Raúl Orellana, Jaime Stinus / José Luis Abel)
05 96
1989 Suíza Lausana Nina Nacida para amar
(Juan Carlos Calderón)
06 88
1988 Dublín La Década Prodigiosa Made in Spain (La chica que yo quiero)
(Enrique Piero / Francisco Dondiego)
11 58
1987 Bélxica Bruxelas Patricia Kraus No estás solo
(Rafael Martínez, Rafael Trabucchelli / Patricia Kraus)
19 10
1986 Bergen Cadillac Valentino
(José María Guzmán)
10 51
1985 Gotemburgo Paloma San Basilio La fiesta terminó
(Juan Carlos Calderón)
15 36
1984 Luxemburgo Luxemburgo Bravo Lady, lady
(Miguel Blasco / Amaya Saizar)
03 106
1983 Alemaña Múnic Remedios Amaya ¿Quién maneja mi barca?
(José Miguel Evóras / Isidro Muñoz)
20 0
1982 Harrogate Lucía Él
(Francisco Cepero / Ignacio Román)
10 52
1981 Dublín Bacchelli Y solo tú
(Amado Jaén)
14 38
1980 Países Baixos A Haia Trigo limpio Quédate esta noche
(José Antonio Martín)
12 38
1979 Xerusalén Betty Missiego Su canción
(Fernando Moreno)
02 116
1978 Francia París José Vélez Bailemos un vals
(Manuel de la Calva, Ramón Arcusa)
09 65
1977 Londres Micky Enséñame a cantar
(Fernando Árbex)
09 52
1976 Países Baixos A Haia Braulio Sobran las palabras
(Braulio Antonio García Bautista)
16 11
1975 Estocolmo Sergio y Estíbaliz Tú volverás
(Juan Carlos Calderón)
10 53
1974 Brighton Peret Canta y sé feliz
(Pedro Pubill Calaf)
10 10
1973 Luxemburgo Luxemburgo Mocedades Eres tú
(Juan Carlos Calderón)
02 125
1972 Edimburgo Jaime Morey Amanece
(Augusto Algueró / Ramón Arcusa)
10 83
1971 Dublín Karina En un mundo nuevo
(Rafael Trabucchelli / Tony Luz)
02 116
1970 Países Baixos Ámsterdam Julio Iglesias Gwendolyne
(Julio Iglesias)
04 8
1969 España Madrid Salomé Vivo cantando
(María José de Cerato / Aniano Alcalde)
01 18
1968 Londres Massiel La, la, la
(Manuel de la Calva, Ramón Arcusa)
01 29
1967 Austria Viena Raphael Hablemos del amor
(Manuel Alejandro)
06 9
1966 Luxemburgo Luxemburgo Raphael Yo soy aquél
(Manuel Alejandro)
07 9
1965 Italia Nápoles Conchita Bautista Qué bueno, qué bueno
(Antonio Figueroa Egea)
15 0
1964 Dinamarca Copenhaguen Los TNT Caracola
(Fina de Calderón)
12 1
1963 Londres José Guardiola Algo prodigioso
(Fernando García Morcillo / Camillo Murillo Janero)
12 2
1962 Luxemburgo Luxemburgo Víctor Balaguer Llámame
(Mario Selles / Miguel Portoles)
13 0
1961 Francia Cannes Conchita Bautista Estando contigo
(Augusto Algueró / Antonio Guijarro)
9 8
1960 Londres Non participou
1959 Francia Cannes Non participou
1958 Países Baixos Hilversum Non participou
1957 Alemaña Frankfurt Non participou
1956 Suíza Lugano Non participou

Congratulations: 50 Years of the Eurovision Song Contest

[editar | editar a fonte]

Para máis información:Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest

España conseguiu ser representada na gala "Congratulations", que conmemoraba o 50.º aniversario do Festival, coa canción de 1973, "Eres tú" de Mocedades. Esta canción foi seleccionada entre as 14 mellores da Historia do festival a través dun xurado experto da UER e unha votación online, e máis tarde telefónica. Como curiosidade, é importante destacar que esta canción foi un dos grandes éxitos da historia do certame, pero non gañou, quedou en segunda posición.

Artista Canción Posición Puntos Ano Posición Puntos
Mocedades "Eres tú" 11 90 1973 2 125

Galegos no Festival de Eurovisión

[editar | editar a fonte]

Festival de Eurovisión 2003

[editar | editar a fonte]

No ano 2003, Verónica Codesal, xunto ao grupo Urban Trad representan a Bélxica no Festival de Eurovisión 2003, co que se converteu na primeira galega en facelo. Urban Trad, que representou a televisión belga coa canción "Sanomi", composta nun idioma inventado polo grupo, conseguiu 165 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía con Sertab Erener.

Festival de Eurovisión 2011

[editar | editar a fonte]

No ano 2011 Lucía Pérez, foi unha dos trinta candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2011. No mes de febreiro conseguiu un posto na semifinal do concurso da TVE como unha dos dez candidatos para representar o país no Festival de Eurovisión 2011. O 11 de febreiro de 2011 foi escollida polo público de TVE para pasar á final do concurso Destino Eurovisión como unha dos tres candidatos a representar a España en Düsseldorf. O 18 de febreiro de 2011, finalmente, foi elixida para representar a España no Festival de Eurovisión 2011 coa canción "Que me quiten lo bailao", cun 68% dos votos do público. O 14 de maio de 2011 actuou na posición 22º de 25º participantes na final do Festival de Eurovisión. Logo do seu paso polo escenario de Düsseldorf queda con 50 puntos no posto 23º.

  1. Feijoo, Diego (11 de maio de 2014). "Conchita Wurst, ganadora de Eurovisión 2014". Cromosoma X. Consultado o 11 de maio de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]