Estadio Metalist
Estadio Metalist Стадіон Металіст | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 49°58′51″N 36°15′42″L / 49.980858, 36.261703 |
Localización | Khárkiv, Ucraína |
Outros nomes | Estadio Tractor (1926-49) Estadio Dzerzhinets (1940-67) |
Construción | |
Inauguración | 12 de setembro de 1926 |
Renovación | 5 de decembro de 2009 |
Arquitecto | Z.V. Permilovskyi |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 38.633 |
Propietario | FC Metalist Kharkiv |
Operadora | Futbolniy Klub Metalist 1925 Kharkiv |
Localía | FC Metalist Kharkiv |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Complexo Deportivo do Óblast "Metalist" (en ucraíno: Обласний спортивний комплекс «Металіст», Oblasny sportyvny kompleks «Metalist»), comunmente coñecido como Estadio Metalist (Стадіон «Металіст»), é un estadio de usos múltiples en Khárkiv, Ucraína. Actualmente é utilizado principalmente para partidos de fútbol, sendo o estadio local do FC Metalist Kharkiv. O estadio, que será unha das sedes da Eurocopa 2012, ten capacidade para 38.633 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción do estadio comezou en 1925 por orde de Anastas Mikoyan, no lugar onde se atopaba o cemiterio do Espírito Santo. Inaugurado o 12 de setembro de 1926, o novo estadio era coñecido como "Traktor", xa que recibía o patrocinio dunha planta de tractores de produción local. Antes da segunda guerra mundial, a instalación pasou a chamarse Estadio Dzerzhynets na honra de Felix Dzerzhinsky, o primeiro xefe da Cheka. Dende 1967 recibe o seu nome actual; ese mesmo ano a capacidade do estadio era para 10.000 espectadores.
Renovacións
[editar | editar a fonte]Incluíndo as melloras para a Eurocopa 2012, o estadio sufriu catro reformas ao longo da súa historia. A primeira delas tivo lugar a mediados dos anos 1960, cando a sección oeste da estrutura foi renovada. A seguinte, que se iniciou en 1970 e terminou catro anos máis tarde, viu a adición das bancadas norte e sur, aumentando a capacidade até os 30.000 espectadores. O arquitecto do proxecto foi Yu. Tabakova. Tamén foi construído o primeiro teito do estadio e un sistema de drenaxe, así como a iluminación, un panel de información, un ximnasio e un hotel.
Unha terceira reforma iniciouse en 1979 para renovar as bancadas leste e sur, mais está non se terminou até tres décadas máis tarde. Despois da demolición ese ano da bancada sur, a construción foi detida por tempo indefinido, e só en 1998 foi continuada tras un atraso de case vinte anos. Erixiuse unha nova bancada leste e a sur foi parcialmente reconstruída.
Unha cuarta renovación do Metalist foi ordenada para a súa preparación de cara a Eurocopa 2012.[1] A bancada sur foi completada e a bancada leste completamente reconstruída. A substitución o teito, xunto con outras modernizacións e melloras estéticas, completouse a finais de 2009. O 5 de decembro de 2009, o renovado estadio foi inaugurado oficialmente por mor do 50º aniversario do presidente do Metalist Kharkiv, Oleksandr Yaroslavsky.
O bancada sur contén un centro comercial-centro de negocios de tres andares, o "Metalist Arena". As oficinas son alugadas por UkrSibbank a varios negocios locais e outros bancos. Hai unha farmacia, un consultorio médico, axencias de turismo e outros negocios.
Eurocopa 2012
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012.
Partidos
[editar | editar a fonte]O Estadio Metalist albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos (grupo B). Os partidos foron os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
9 de xuño | Primeira rolda | Países Baixos | Dinamarca | ||||
13 de xuño | Primeira rolda | Países Baixos | Alemaña | ||||
17 de xuño | Primeira rolda | Portugal | Países Baixos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The new architectural monument in Kharkiv". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cámaras web Arquivado 03 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- Sitio web oficial do estadio
- Sitio web oficial da UEFA Euro 2012