Ernst Röhm
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Ernst Julius Günther Röhm 28 de novembro de 1887 Múnic (Imperio Alemán) |
Morte | 1 de xullo de 1934 (46 anos) Munich Prison (Alemaña nazi) |
Causa da morte | homicidio, execución extraxudicial |
Lugar de sepultura | Westfriedhof (Munique) (pt) |
Parlamentario da República de Weimar | |
Membro do Reichstag da Alemaña nazi | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Núremberg Berlín |
Ocupación | político, oficial, militar, ministro |
Período de actividade | 1914 - |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores German Völkisch Freedom Party (en) Partido dos Traballadores Alemáns Movimento Nacional-Socialista da Liberdade (pt) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Alemaña nazi |
Rama militar | Exército Imperial Alemán |
Rango militar | Hauptmann (pt) |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Participou en | |
9 de novembro de 1923 | Putsch de Múnic |
Cronoloxía | |
30 de xuño de 1934-1 de xullo de 1934 | Noite dos coitelos longos |
Escândalo de Röhm (pt) | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ernst Julius Röhm, nado en Múnic o 28 de novembro de 1887 e finado na mesma cidade o 2 de xullo de 1934, foi un militar alemán, comandante e cofundador das SA (1931) e ministro sen carteira de Hitler (1933). Foi executado na Noite dos coitelos longos por ordes de Hitler ao consideralo un rival potencial.
Biografía
[editar | editar a fonte]Röhm foi un dos tres fillos de Julius Röhm e a súa esposa Emilie. Nado en Múnic, Röhm serviu como oficial co exército Bávaro durante a primeira guerra mundial. Röhm acadou o rango de Oberleutnant co 13 Rexemento de Infantaría Bávaro, e foi gravemente ferido na cara en setembro de 1914 na Lorena, Francia. Posteriormente foi ascendido a Hauptmann.
Despois da fin da guerra en 1918 uniuse ao Freikorps, unha das moitas milicias privadas que se formaron en Múnic para combater a insurrección comunista. En 1920 converteuse en membro do Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns e axudou a organizar a Sturmabteilung (SA). En 1923, despois do marrado Putsch de Múnic, Röhm pasou quince meses no cárcere, durante os cales estreitou os seus lazos de amizade con Adolf Hitler.
Röhm foi liberado en 1924 e traballou con Hitler na reconstrución do Partido Nazi, pero profundas diferenzas de personalidade entre ámbolos dous fan que se manteña á parte da maquinaria nazi, aínda que continuou ao mando das SA. En abril de 1924 axudou a crear a Frontbann, como alternativa legal ás SA. Traballou no Reichstag como parte do renomeado Nationalsozialistische Freiheitspartei antes de dimitir en 1925. Trala súa dimisión marchou a Bolivia para traballar como asesor militar baixo as ordes do xeneral alemán Hans Kundt.
En setembro de 1930, como consecuencia da Revolta de Stennes en Berlín, Hitler asumiu o mando supremo das SA coma o seu novo Oberster SA-Führer. Hitler envioulle unha petición persoal a Röhm, pedíndolle que regresase para servir como xefe das SA. Röhm aceptou o ofrecemento e ocupou o seu novo cargo a principios de xaneiro de 1931. Röhm trouxo novas e radicais ideas ás SA e nomeou a varios dos seus amigos máis próximos coma principais dirixentes do corpo.
A tradicional función das SA como escolta do líder do partido foi asumida polas SS, pero esta continuou coas súas loitas na rúa contra os comunistas e atacando os xudeus. As SA tamén atacaron ou intimidaron a todos aqueles que consideraban hostís ao programa nazi: editores, mestres, políticos e funcionarios ou empresarios pouco colaboradores.
Baixo o mando de Röhm, as SA tamén se puxeron do lado dos traballadores en folgas e outros problemas laborais, atacando os crebafolgas e apoiando os piquetes. A intimidación das SA axudaron ao ascenso dos nazis, debilitando a actividade electoral dos partidos de esquerda. Porén, a reputación das SA pola violencia na rúa foi un obstáculo.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |