Ekwele
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
O ekwele (anteriormente ekuele) foi a moeda oficial de Guinea Ecuatorial entre 1975 e 1985. O seu código ISO 4217 é GQE. Está dividido en 100 céntimos, aínda que non se emitiron moedas desta denominación. A denominación ekuele utilizouse ata 1979 e a denominación ekwele (plural: bipkwele) utilizouse desde entón.
O ekwele substituíu a peseta de Guinea Ecuatorial mantendo a mesma paridade en 1975. En 1985 o Franco CFA substituíu o ekwele cunha taxa de cambio de 1 CFA = 4 GNE. As primeiras emisións do franco CFA en Guinea tiñan o nome do país propio no seu anverso (no canto de États de l'Afrique Centrale) e a denominación "francos" en castelán.
Moedas
[editar | editar a fonte]As primeiras moedas emitíronse en 1975, coas denominacións de 1, 5 e 10 ekuele. En 1980 e 1981 saíron á circulación moedas de 1 ekwele e de 5, 25 e 50 bipkwele. Desta última serie Púxose en circulación un número moi reducido de pezas. A seguir, amósanse as características das moedas.
Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm) | Peso (g) | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 ekuele | 1975 | Cu + Ni | 19,00 | 2,40 | Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
Picos, pas e aixadas |
5 ekuele | 1975 | Cu + Ni | 21,00 | 3,40 | Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
Labregos |
5 bipkwele | 1980 | Cu + Ni | 23,50 | 4,80 | Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
|
10 ekuele | 1975 | Cu + Ni | 24,00 | 5,20 | Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
Galo |
25 bipkwele | 1980 | Cu + Ni | 25,50 | 6,50 | Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
Escudo de armas |
50 bipkwele | 1980 | Cu + Ni | 29,00 | 10,10 | Francisco Macías Nguema REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
Escudo de armas |
Billetes
[editar | editar a fonte]Os billetes foron impresos polo Banco Popular en 1975, con denominacións desde 25 a 1.000 ekuele, entanto que o Banco de Guinea Ecuatorial imprimiu en 1979 billetes de 100 a 5.000 bipkwele.
Durante os primeiros anos en que entrou en vigor o ekwele, era normal atopar billetes con denominacións en antigas pesetas (nomeadament de 500 pesetas) selados polo Banco Central de Guinea indicando o seu valor correspondente en ekwele.
A continuación detállanse as características dos billetes:
Denominación | Efixie | Cor predominante |
---|---|---|
25 ekwele | Francisco Macías Nguema | Violeta |
50 ekwele | Francisco Macías Nguema | Marrón |
100 ekwele | Francisco Macías Nguema | Verde |
500 ekwele | Francisco Macías Nguema | Azul |
1.000 ekwele | Francisco Macías Nguema | Vermello |
5.000 ekwele | Francisco Macías Nguema | Azul |