Emirato de Umm al Qaywayn
إمارة أمّ القيوين (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | ||||
Capital | Umm Al Quwain (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 73.000 (2015) (93,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 777 km² | ||||
Altitude | 52 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1775 | ||||
Organización política | |||||
• Ruler of Umm al-Quwain (en) | Saud bin Rashid Al Mu'alla (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AE-UQ | ||||
Umm al-Quwain (árabe: أمّ القيوين) é o menos poboado dos sete emiratos soberanos dos Emiratos Árabes Unidos situado no norte do país. O Emirato é gobernado por Saud bin Rashid Al Mu'alla. O emirato tiña 62.000 habitantes no ano 2003 e ten unha superficie de 755 km.
Historia
[editar | editar a fonte]Umm al-Quwain ten un interese arqueolóxico significativo, con importantes achados en Tell Abraq e Al Dour.[1] Puntas de frecha e outras ferramentas de pedernal puido foron desenterrados en varios sitios en todo os Emiratos Árabes Unidos mentres que pezas de oleiría Ubaid foron desenterradas polas beiras do emirato. Toda a evidencia obtida ata o momento indican que o contacto con Mesopotamia existía xa no quinto milenio antes de Cristo porque a industria de cerámica indíxena non xurdiu ata o século terceiro.
Durante a Idade de Bronce (3000-1300 aC), as tribos seminómades habitaron a rexión; desprazándose en grupos de lugar en busca de alimentos e de madeira da acacia indíxena para a fundición de cobre. O metal era enviado a todos os portos importantes no Golfo Pérsico, Umm Al Nar foi un deles. Os vínculos coa Mesopotamia foron celosamente coidadas e en consecuencia, o comercio de cobre marcou o comezo da prosperidade na rexión.
Durante a Idade de Bronce, floreceu a agricultura, sendo os dátiles o cultivo prominente. O trigo, paínzo e outros grans tamén se cultivaban alí onde non había auga suficiente para o rego. Na actualidade crese que o clima durante ese período era máis tépedo que agora. Durante o período Umm al-Nar (2500-2000 aC), construíronse os edificios e as torres da fortaleza de Umm Al Quwain. Os edificios máis comúns asociados con esta época son as tumbas circulares.
A historia moderna de Umm Al Quwain comezou hai uns 200 anos, cando a tribo Al Ali trasladou a súa capital da Illa Al-Sinniyah a súa actual situación a mediados do século XVIII, debido á diminución dos recursos hídricos. En 1775, o xeque Majid Al Mualla, fundador da liñaxe gobernante Al Mu’alla da tribo Al Ali, estableceu un sheikhdom independente en Umm al-Quwain.
O 8 de xaneiro de 1820, o xeque Abdullah I asinou o Tratado Xeral Marítimo co Reino Unido, polo que a aceptaba un protectorado británico co fin de manter aos turcos otománs fora da zona. Do mesmo xeito que Axman, Dubai, Ras al-Khaimah e Sharjah, pola súa posición na ruta á India.
En 1903, o famoso estudo de Lorimer da Costa da Tregua mostraba Umm Al Qawain como un pobo duns 5.000 habitantes e identificábao como o principal centro da construción de embarcacións da costa, producindo uns 20 barcos ao ano en comparación con 10 en Dubai e 5 en Sharjah.[2]
O 2 de decembro de 1971, o xeque Ahmad II uniuse aos seus veciños Abu Zabi, Dubai, Sharjah, Axman e Fujairah na formación dos Estados Árabes Unidos, con Ras Al Khaimah uníndose máis tarde a principios de 1972.
Os sucesivos gobernantes foron:
- 1775–17?? Sheikh Majid Al Mu'alla
- 17??–1816 Sheikh Rashid I bin Majid Mu'alla
- 1816–1853 Sheikh Abdullah I bin Rashid Al Mu'alla
- 1853–1873 Sheikh Ali bin Abdullah Al Mu'alla
- 1873 – 13 de xuño de 1904 Sheikh Ahmad I bin 'Abd Allah Al Mu'alla (b. 18?? – d. 1904)
- 13 de xuño de 1904 – agosto de 1922 Sheikh Rashid II bin Ahmad Al Mu'alla (b. 1875 – d. 1922)
- Agosto de 1922 – outubro de 1923 Sheikh 'Abdallah II bin Rashid Al Mu'alla
- Outubro de 1923 – 9 de febreiro de 1929 Sheikh Hamad bin Ibrahim Al Mu'alla
- 9 de febreiro de 1929 – 21 de febreiro de 1981 Sheikh Ahmad bin Rashid Al Mu'alla (b. 1904 – d. 1981)
- 21 de febreiro de 1981 – 2 de xaneiro de 2009 Sheikh Rashid bin Ahmad Al Mu'alla (b. 1930 – d. 2009)
- 2 de xaneiro de 2009 Sheikh Saud bin Rashid Al Mu'alla
Clima
[editar | editar a fonte]De novembro a marzo, a temperatura media é 26 °C polo día e 15 °C pola noite, pero pode elevarse a máis de 40 °C[3] no pico do verán e cando os niveis de humidade son altos. A precipitación é mínima cunha media de 42 mm ao ano. A costa experimenta un refrescamento das temperaturas pola brisa do mar durante o día.
Ambiente
[editar | editar a fonte]A Illa Al-Sinniyah, preto da localidade de Umm al-Qaiwain é o fogar da maior colonia de Socotra cormorán dos Emiratos Árabes Unidos, con máis de 15.000 parellas polo que é a terceira colonia máis grande no mundo. Introducíronse gacelas árabes de Sinniyah e parecen estar prosperando. A vida mariña é notable pola súa abundancia e diversidade. Quenllas punta negra atópanse na costa exterior, mentres que tartarugas verdes son omnipresentes nas costa interior. Entre Al-Sinniyah e o continente atopase Khor al-Beidah, unha ampla zona de area e marismas de importancia internacional polas súas aves acuáticas.
Aínda que non está protexida oficialmente, a illa de Sinaiyah, xunto con Khor al-Beidah, é unha das maiores áreas costeiras tranquila e variada de todos os Emiratos Árabes Unidos.[4]
Turismo
[editar | editar a fonte]- Umm Al Quwain Fort: Un forte que unha vez foi a residencia do gobernante do emirato e protexía a entrada á cidade vella, supervisando o mar por unha banda e o arroio polo outro. Co tempo converteuse nunha estación de policía e logo nun museo. O museo alberga artefactos atopados en importantes sitios próximos, como Al-Dour e alberga unha colección de armas que se utilizaron na historia do emirato. Atópase preto dunha Masjid (Mesquita) no bazar Umm Al Quwain.
- Old Harbor: O porto vello que se atopa no casco antigo con vistas ao tradicional estaleiro de dhows, onde expertos artesáns seguen construíndo estas embarcacións tradicionais. O porto está rodeado de vellas casa de pedra de coral coa característica arquitectura orixinal e o complexo traballo de xeso esculpido.
- Illas de Umm Al Quwain: As illas que se atopan ao leste da península nun tramo único de litoral formado por illas de area rodeadas de densos bosques de mangleiral, separados por unha serie de arroios. A maior das sete illas é Al Sinniyah, seguida de Jazirat Al Ghallah e Al Keabe, todas as cales son visibles desde a cidade vella. Escondidas entre estas e a chaira costeira están as illas máis pequenas de Al Sow, Al Qaram, Al Humaidi, Al Chewria e Al Harmala. O arroio Madaar que corre entre as illas ofrece unha vía navegable para os pescadores, ata durante a marea baixa cando a profundidade media é de menos dun metro.
- Al-Dour: Situado aproximadamente na actual cidade de Umm Al Quwain, considérase o sitio preislámico máis grande na costa do Golfo Pérsico.[5] Al-Dour foi un importante porto comercial do 200 aC ata o 200 dC. Miles de tumbas atópanse entre as casas de Al-Dour. Nalgúns casos as tumbas máis grandes contiñan restos de máis dun individuo, talvez unha familia. Hai dous monumentos públicos en Al-Dour, unha pequena praza forte con torres redondas nas esquinas e un pequeno templo na praza dedicado ao deus do sol semita Shamash.[6]
- Dreamland Aqua Park: O parque acuático máis grande dos Emiratos Árabes Unidos atópase na costa de Umm Al Quwain; a uns 40 minutos en coche de Dubai, con 250.000 m² de extensión de xardíns e máis de 30 xogos mecánicos, tobogáns e atraccións. O Parque opera todo o ano cunha capacidade diaria de dez mil visitantes..[7]
Mapas e imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa
-
Imaxe satélite
-
Mapa dos emiratos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Emirato de Umm al Qaywayn |
- Emiratos Árabes Unidos
- Emirato de Abu Zabi
- Emirato de Axman
- Emirato de Dubai
- Fujairah
- Ras Al-Khaimah
- Sharjah
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Archaeologists strike gold in Umm Al Quwain". Gulfnews (en inglés). May 17, 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o setembro de 2014.
- ↑ Lorimer, John (1906). Gazeteer of the Persian Gulf, Oman and Central Arabia. UK: Government of India. p. 1441.
- ↑ "Umm Al Quwain Weather". yagulf.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ "Umm Al Quwain - Around the city". Al-emirates.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 2011-08-10.
- ↑ "Heritage a new industry". Gulfnews.com. 2010-07-11. Consultado o 2011-08-10.
- ↑ "Al Dur, United Arab Emirates". Planetware.com. Consultado o 2011-08-10.
- ↑ "Welcome to Dreamland Aqua Park". Dreamlanduae.com. Consultado o 2011-08-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emirato de Umm al Qaywayn |