Saltar ao contido

Embraer Phenom 100

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embraer Phenom 100
Tipoexecutivo moi lixeiro
FabricanteEmbraer
Primeiro voo26 de xullo de 2007
Estadoen servizo
Produción2008 - presente
Unidades construídas401 (abril 2023)
VariantesEmbraer Phenom 300

O Embraer EMB-500 Phenom 100 é un reactor executivo lixeiro deseñado e fabricado pola construtora brasileira Embraer. O proxecto anunciouse en novembro de 2005, e o 26 de xullo de 2007 o aparello realizou o seu voo de estrea. Recibiu a súa certificación de tipo en devembro de 2008 e o primeiro exemplar entregouse ese mesmo mes. Foi alongado para desenvolver o Embraer Phenom 300. Phenom 100 pode transportar de 4 a 7 pasaxeiros e está impulsado por dous turboventiladores Pratt & Whitney Canada PW600 montados na cola. Ten un alcance de 2 182 km con catro ocupantes.[1] A finais do ano 2022 foran entregadas 399 unidades.[2]

  1. "Brochura Phenom". embraerexecutivejets.com. 2016-03-16. Archived from the original on 16 de marzo de 2016. Consultado o 2023-07-06. 
  2. "2022 Annual Data". GAMA (en inglés). Consultado o 2023-07-06.