Dihidrouracilo
Aparencia
Dihidrouracilo | |
---|---|
hexahidropirimidina-2,4-diona | |
Identificadores | |
Número CAS | 504-07-4 |
PubChem | 649 |
ChemSpider | 629 |
MeSH | Dihydrouracil |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C4H6N2O2 |
Masa molecular | 114,10264 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O dihidrouracilo é unha base nitroxenada pirimidínica derivada do uracilo, do cal é un intermediario de degradación. Está presente de forma natural nos ARNt formando parte da dihidrouridina. Un exemplo é o ARNt que transporta fenilalanina.[1] A diferenza do uracilo o anel pirimidínico do dihidrouracilo incorporou dous átomos de hidróxeno, polo que está completamente saturado e carece de dobres enlaces. O dihidrouracilo pode formar pares de bases de Watson e Crick coa adenina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Huijing Shi et Peter B. Moore, « The crystal structure of yeast phenylalanine tRNA at 1.93 Å resolution: A classic structure revisited », RNA, vol. 6, no 8, août 2000, p. 1091-1105. PMID 10943889, PMCID 1369984, DOI 10.1017/S1355838200000364