A tempada 2009-2010 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 43 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 13 de setembro do 2009, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 2 de maio do 2010, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby El Salvador por sétima vez na súa historia.
En azul o campión de liga (1º). En vermello equipos descendidos (5º e 10º).
Datos finais do campionato:
El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 64 puntos en 18 xornadas, atallando así á Santboiana no palmarés dos campións con 7 títulos. O equipo foi o líder da táboa dende a xornada 6 ata o final.
O último clasificado, Les Abelles, descendeu de categoría, así como CRC Madrid, por motivos económicos, salvándose deste xeito o Bera Bera.
O centro surafricano Ryan Pierre Le Roux, do La Vila, liderou a táboa de ensaiadores da liga por 2º ano, con 16 ensaios.
O apertura Gareth David Griffiths, do VRAC, liderou a táboa de anotadores da liga con 223 puntos.
Malia que o Bera Bera rematou a tempada en posición de descenso, o CRC tivo que renunciar á categoría por razóns económicas, chegando a un acordo co Bera Bera para intercambiar as súas prazas na División de Honra e na División de Honra B, de xeito que o equipo descendido foi o madrileño e os donostiarras mantivéronse na máxima categoría.