Saltar ao contido

Daphniidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daphniidae (dáfnidos) é unha familia de crustáceos da orde Anomopoda, xeralmente chamados pulgas de auga.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os membros desta familia diferéncianse doutros diplostráceos similares, como os Macrotrichidae e Moinidae, en que as antenas das femias son curtas e inmóbiles.[1]

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

O modo de alimentación dos membros desta familia é distinto do dos Macrotrichidae porque o animal pode alimentarse por medio de filtración en vez de ter que raspar o alimento dunha superficie. Evolucionaron para ocupar diferentes nichos ecolóxicos. Scapholeberis e Megafenestra conteñen especies adaptadas a vivir arredor pola película superficial; os Simocephalus pendúranse de obxectos mentres filtran o alimento; outros desenvolveron un estilo devida peláxico.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia Daphniidae comprende 121 especies distribuídas en cinco xéneros:[3][4][5]

Os membros da familia Moinidae nalgunhas clasificacións están incluídos tamén dentro de Daphniidae.[6]

  1. William David Williams (1980). "Arachnids and crustaceans". Australian Freshwater Life: the Invertebrates of Australian Inland Waters (2nd ed.). Macmillan Education. pp. 118–184. ISBN 978-0-333-29894-7. 
  2. Geoffrey Fryer (1995). "Phylogeny and adaptive radiation within the Anomopoda: a preliminary exploration". En Petter Larsson; Lawrence J. Weider. Cladocera as Model Organisms in Biology: Proceedings of the Third International Symposium on Cladocera, held in Bergen, Norway, 9–16 de agosto de 1993. Issue 107 of Developments in Hydrobiology. Springer. ISBN 978-0-7923-3471-2. doi:10.1007/BF00031997. 
  3. L. Forró; N. M. Korovchinsky; A. A. Kotov; A. Petrusek (2008). "Global diversity of cladocerans (Cladocera; Crustacea) in freshwater" (PDF). Hydrobiologia 595 (1): 177–184. doi:10.1007/s10750-007-9013-5. 
  4. WoRMS (2010). "Daphniidae". World Register of Marine Species. Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  5. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Daphniidae Straus, 1820 (TSN 83872)" (en inglés). 
  6. Joel W. Martin; George E. Davis (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 1–132. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de maio de 2013. Consultado o 30 de decembro de 2021.