Dana (mitoloxía)
Aparencia
Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
Na mitoloxía celta, Dana ou Danu, tamén chamada Anu ou Ana, é o nome irlandés (Dôn en galés) da nai de Dagda (o Bo Deus), polo que por nacemento pertencía ós deuses da vida, a luz e o día. Era compañeira do Bile irlandés, que semella corresponderse co Dis Pater latino, deus do cal se consideraban descendentes os galos. Os seus seguidores eran coñecidos coma Tuatha Dé Danann, que significa Fillos de Dana.[1] O nome desta deusa pode ter relación cos nomes doutras deusas semellantes do territorio indo-europeo, coma pode ser Anna Purna na India.[2]
Atinxíaselle o título de deusa da literatura. Foi nai de: Govannon, Llud, Amaethon, Gwydion e da deusa Arianrod. Con todo, no cristianismo, é relacionada coa Santa Ana, a nai de María.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Deusas celtas" (en portugués). Consultado o 3 de marzo de 2017.
- ↑ Faol 2011, pp. 48-50.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Faol, Iolair (2011). Hijas de Celtia (en castelán). Lulu. ISBN 978-14466-2872-0.