Dagbladet
Dagbladet é un xornal de Noruega fundado en 1869 en Oslo que se publica na variedade bokmål do noruegués. O seu editor en xefe é John Arne Markussen. Edítase en formato tabloide desde 1983. Dagbladet é tradicionalmente o terceiro xornal noruegués por circulación tras a edición matutina do Aftenposten e o Verdens Gang, competindo directamente con este último. Foi o primeiro xornal nacional noruegués en establecer unha edición online, dagbladet.no o 8 de marzo de 1995 que en 2012 tiña 771.000 visitas únicas en ordenadores e 237.000 en dispositivos móbiles [1].
O 20 de xuño de 2013 anunciouse que Aller Media mercara o 100% da propiedade do Dagbladet ao Berner Gruppen.
Historia
[editar | editar a fonte]O xornal fundouno Anthon Bang, con Hagbard Emanuel Berner como o seu primeiro editor en xefe, e o primeiro número saíu o 2 de xaneiro de 1869, de inspiración liberal democrática, foi o órgano do partido Venstre desde 1884, a partir do comezo da década de 1970 vai adquirindo unha meirande independencia do partido ata que en 1977 rompeu o vencello orgánico co partido [2].
Durante os anos previos á segunda guerra mundial a liña política do xornal fora claramente antinazi pero tras a ocupación do país polos alemáns a súa liña editorial tivo que mudar ao servizo das novas autoridades e como o resto dos medios de comunicación estaban sometidos a vixilancia, censura, directrices e multas e como moitos outros xornais adoptaron a actitude de escribir entre liñas para saltar as prohibicións. O editor en xefe da época, Einar Skavian, intentou resistirse aos mandatos das novas autoridades pero foi arrestado e despois enviado a un campo de concentración, o de Grini[3], sorte que tamén correron outros empregados do xornal. A intención de refundir as cabeceiras do Dagbladet, Morgenbladet e Norges Handels og Sjøfartstidende nunha soa suscitou unha forte reacción e finalmente abandonouse o proxecto pero supuxo tamén o peche do xornal en abril de 1943 pero mantivo a planta e equipo de impresión e tras a ocupación puido saír de novo á rúa o 14 de maio de 1945.
O 26 de agosto de 1990 foi o primeiro xornal noruegués en publicar unha edición os domingos
Suplementos
[editar | editar a fonte]Fredag foi un suplemento que editou entre 1990 e 2012 dedicado á xente nova, entre 15 e 35 anos con reportaxes dedicadas á música, ao cine, á vida nocturna ou ao sexo. En 1999 lanzou os sábados a súa propia revista, o Magasinet, exemplo que copiaron moitos outros xornais do país
Editores
[editar | editar a fonte]- John Arne Markussen 3 de novembro 2011 –
- Lars Helle 14 de maio de 2010–3 de novembro de 2011
- Lars Helle (interino) 21 de xaneiro 2010–14 de maio de 2010
- Anne Aasheim 14 de agosto de 2006–21 de xaneiro de 2010
- Lars Helle (interino) 8 de marzo–14 de agosto de 2006
- Thor Gjermund Eriksen 2003–14 de agosto de 2006
- John Olav Egeland 2000–2003
- Harald Stanghelle 1995–2000
- Bjørn Simensen 1990–1995
- Jahn Otto Johansen 1977–1984 (con Arve Solstad)
- Arve Solstad 1973–1990
- Roald Storsletten 1959–1980
- Helge Seip 1954–1965
- Gunnar Larsen 1954–1958
- Einar Skavlan 1945–1954
- Birger H. Andersen 1940–1943
- Einar Skavlan 1930–1940
- Olav Røgeberg 1928–1929
- Bernt A. Nissen 1928–1930
- Einar Skavlan 1915–1928
- Hans C. Volckmar 1907–1915
- Olaf Thommesen 1902–1907
- Anton Th. Omholt 1899–1902
- Harald Kristoffersen 1898–1899
- Lars Holst 1883–1898
- Frederik Bætzmann 1883
- Nicolai A. Grevstad 1880–1883
- Hagbard E. Berner 1869–1879
- Anthon Bang 1869
- Hagbard Emanuel Berner 1869
Circulación
[editar | editar a fonte]Circulación segundo o Mediebedriftenes Landsforening:[4]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "TNS-Gallup, informe do ano 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ "Dagbladet no NorgesLexi. Universidade de Bergen". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ Giertsen, Børre R., ed. (1946). Norsk fangeleksikon. Grinifangene. Oslo: Cappelen. p. 91.
- ↑ "Aviskatalogen, tall fra nettsidene til Mediebedriftenes Landsforening". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2014.
- ↑ «Kraftig fall for løssalgsavisene», Aftenposten 19 de febreiro de 2013
- ↑ «Papiravisene fortsetter nedgangen», nrk.no, 25 de febreiro de 2014
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en noruegués)