Dolly Pentreath
Nome orixinal | (en) Dorothy Pentreath |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1692 Cornualla, Reino Unido |
Morte | 1777 (84/85 anos) Cornualla, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Cornualla |
Actividade | |
Ocupación | peixeira (pt) , adivinha (pt) |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A historical dictionary of British women (en) , (p.350) |
Dolly Pentreath ou Dorothy Pentreath, nada en 1692 e finada en decembro de 1777, foi unha muller córnica coñecida por ser probabelmente a derradeira falante nativa de córnico. Crese que as súas derradeiras palabras foron "Me ne vidn cewsel Sawznek!" (Eu nunca falarei inglés!). En Cornualla é recordada por maldicir ós que se atopaba cando estaba enfadada. A súa morte supuxo a fin do córnico como lingua viva.
Pentreath viviu na parroquia de Paul, preto de Mousehole, onde está enterrada. En 1860 Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoleón I de Francia, estableceu un monumento na súa honra na igrexa da vila.
Ó igual que ocorre con outros "últimos falantes nativos", existe unha certa controversia sobre o seu status. William Bodinar (finado en 1794) aprendeu córnico de neno e, en 1776, aínda lembraba o suficiente como para escribir unha carta en dita lingua.[1]. Posteriormente, o córnico mantivo un certo uso, unhas poucas persoas aprendérono de xeito illado e algunhas palabras de orixe córnica aínda se empregan hoxe en día no dilecto do inglés que se fala en Cornualla. Porén, a lingua foi revivida no século XX e na actualidade, algúns nenos e mozos falan o córnico como lingua materna. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo de Dolly Pentreath (en inglés)
- Dolly Pentreath (en inglés)