Gedeón
Gedeón Semanario satírico | |
---|---|
Portada do primeiro número. | |
Fundación | 14 de novembro de 1895 |
Remata | 13 de outubrode 1912 |
Lingua | castelán |
Localidade | Madrid |
Ámbito | España |
Periodicidade | semanal |
ISSN | 1889-8734 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gedeón foi unha revista satírica de carácter conservador publicada na cidade española de Madrid entre 1895 e 1912.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa creación participaron 3 colaboradores da revista Blanco y Negro: Luis Royo Villanueva, Francisco Navarro Ledesma escritor e importante cervantista que foi o responsable da súa liña ideolóxica e José Roure Mezquiriz, que foi o seu primeiro director.[1]
O primeiro número da revista apareceu o 14 de novembro de 1895 e mantivo unha periodicidade semanal até o 13 de outubro de 1912 en que rematou a súa publicación. Foi clasificada dentro do seu xénero como de forte «intencionalidade política».[2]
Os principais obxectivos da sátira e crítica política da publicación foron o Partido Liberal e o Partido Socialista Obreiro Español. Dende novembro de 1898 e até xaneiro de 1899,[1] a revista foi suspendida por publicar unha ilustración caricaturizando a distintos membros do Partido Liberal, aínda así seguiría emitindo números baixo o título de «Calínez».[3]
Nela colaboraron debuxantes como Pedro Antonio Villahermosa «Sileno», Joaquín Moya, Manuel Tovar, Francesco Sancha Lengo, Beira, Joaquín Xaudaró[4] ou Ramón López Montenegro.[5] En 1904 foi adquirida por Rodrigo de Figueroa e Torres[2] e finalmente, en 1909, por Torcuato Luca de Tena[4]. Dende ese momento vencellada a empresa deste, Prensa Española, e desaparecendo como publicación independente en 1912 posto que a incorporou a unha nova cabeceira chamada Ecos, que só durou cinco meses polo que,finalmente, foi incorporada como suplemento dominical do diario ABC.[1]
O modelo de prensa satírica centrada na política terá continuidade na revista El mentidero (1913-1921).[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Artillaría de Costa, de Moya (1903)
-
Escándalo aristocrático, de Xaudaró (1904).
-
Foot-ball diplomático, de Xaudaró (1904).
-
Lembrando ao clásico, de Moya (1909).
-
No templo republicano, de Moya (1909).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Gedeón na Hemeroteca Digital.BNE". Consultado o 15-05-2017.
- ↑ 2,0 2,1 Caparrós Masegosa, Lola; Gamonal Torres (2014). "Gedeón» en las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes (1897-1912)". Cuadernos de arte de la Universidad de Granada (nº 41).
- ↑ González Lozano, Cristina (Octubre 2012). "De la caricatura para la divulgación constitucional a su utilización para la crítica política. Gedeón 1898". Atticus (nº 19): 28–36. ISSN 2173-951X.
- ↑ 4,0 4,1 Llera Ruiz, José Antonio (2003). "Una historia abreviada de la prensa satírica en España: desde "El Duende Crítico de Madrid" hasta "Gedeón"". Estudios sobre el mensaje periodístico (nº 9): 203–214. ISSN 1134-1629.
- ↑ Palacios Remondo, Jesús (1975). "Ramón López Montenegro y de Frías Salaza". Berceo (Instituto de Estudios Riojanos (nº 88): 45–70. ISSN 0210-8550.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gedeón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caparrós Masegosa, Lola; Gamonal Torres, Miguel Ángel (2014). ««Gedeón» en las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes (1897-1912)». En Universidad de Granada.Cuadernos de arte de la Universidad de Granada 41.
- González Lozano, Cristina (octubre de 2012). «De la caricatura para la divulgación constitucional a su utilización para la crítica política. Gedeón 1898». Revista Atticus (19): 28-36. ISSN 2173-951X,
- Llera Ruiz, José Antonio (2003). [1] Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine.«Una historia abreviada de la prensa satírica en España: desde "El Duende Crítico de Madrid" hasta "Gedeón"». Estudios sobre el mensaje periodístico (9): 203-214. ISSN 1134-1629.
- Palacios Remondo, Jesús (1975). «Ramón López Montenegro y de Frías Salazar». Berceo (Instituto de Estudios Riojanos) (88): 45-70. ISSN 0210-8550.