Gaudapada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VI |
Morte | valor descoñecido |
Relixión | Advaita Vedanta |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Alumnos | Govinda Bhagavatpada (en) |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Gauḍapāda (en sánscrito: गौडपाद), que floreceu no século VI,[1] tamén referido como Gauḍapādācārya ("Gauḍapāda o Mestre"),[2] foi un filósofo medieval hindú e estudoso da escola Advaita Vedanta da filosofía hindú.[3][4] Aínda que os detalles da súa biografía son incertos, as súas ideas inspiraron a outros como Adi Shankara que o chamou Paramaguru (o máis alto mestre).[2][5]
Gaudapada foi o autor ou compilador do Māṇḍukya Kārikā, tamén coñecido como Gaudapada Karika.[6] O texto consiste en catro capítulos, (tamén se di catro libros[7]), e aínda que que no capítulo catro[4] a terminoloxía é budista, doutrinalmente a obra de Gaudapada é vedanta, non budista.[3][8][9] Os primeiros tres capítulos do texto de Gaudapada influíron na tradición Advaita Vedanta. Partes do primeiro capítulo que inclúe o Mandukya Upanishad foron considerados unha fonte válida polas escolas Dvaita e Vishistadvaita da Vedanta.[4][10]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Posiblemente era orixinario de Caxemira ou de Bengala.[11]
Aínda que non hai moito escrito sobre a súa vida, segundo unha lenda, Gaudapada era fillo de Vishnudatta e Gunavati, unha devota familia saraswat brahmán[12] en Bhupalam, preto de Vitta, e o seu nome foi Shukadatta.[13][14] Renunciou á súa vida (é dicir, aceptou a orde de saniasa) cando era moi novo e foi ao bosque nun outeiro próximo na procura da sabedoría espiritual. Máis tarde dixo que foi instruído directamente por Deus a través de nabhovani (unha voz interior) e despois viaxou ata Badarika Ashrama no Himalaia onde recibiu a sabedoría do Vedanta-sutra coas beizóns do seu escritor, o mítico Vyasa (primeiro milenio a. C.).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Raju 1971, p. 177.
- ↑ 2,0 2,1 Potter 1981, p. 103.
- ↑ 3,0 3,1 Potter 1981, p. 105.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), ISBN 978-0-415-46118-4, páxina 114
- ↑ Sarma 2007, pp. 125-126.
- ↑ Nakamura 2004, p. 308.
- ↑ Potter 1981, pp. 106-111.
- ↑ TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), ISBN 978-0-415-46118-4, páxina 116
- ↑ Nakamura 2004, p. 311.
- ↑ Gaudapada Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine., Devanathan Jagannathan, University of Toronto, IEP
- ↑ Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 38.
- ↑ Kadtala M. Shrinivasa Hariappa Nayak: Rajapura saraswata brahmanara sanskrita itihasa (en kannada). Parkala.
- ↑ Shri Gaudapadacharya Math Guru Parampara (sucesión de mestres no templo do mestre Sri Gaudapada).
- ↑ Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 78.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bhatta, Rathnakara (maio de 2013). Shree Shankarayana. pp. 190–380.
- Comans, Michael (2000). The Method of Early Advaita Vedānta: A Study of Gauḍapāda, Śaṅkara, Sureśvara, and Padmapāda. Motilal Banarsidass. ISBN 978-81-208-1722-7.
- Garfield, Jay L.; Priest, Graham (2003). Nagarjuna and the Limits of Thought, Philosophy East & West Volume 53, Number 1 January 2003 1–21 (PDF).
- Isaeva, Natalia V. (1995). From Early Vedanta to Kashmir Shaivism: Gaudapada, Bhartrhari, and Abhinavagupta. State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-2449-0.
- Kalupahana, David J. (1994). A History of Buddhist Philosophy. Delhi: Motilal Banarsidass Publishers Private Limited.
- Kochumuttom, Thomas A. (1999). A Buddhist Doctrine of Experience. A New Translation and Interpretation of the Works of Vasubandhu the Yogacarin. Delhi: Motilal Banarsidass.
- Nakamura, Hajime (2004). A History of Early Vedanta Philosophy. Part Two. Delhi: Motilal Banarsidass Publishers Private Limited.
- Gauḍapāda Ācārya; Śaṅkarācārya; Nikhilananda, Swami; V Subrahmanya Iyer (1990). Māṇḍūkyopaniṣad : with Gauḍapāda's Kārikā and Saṅkara's commentary. Calcuta: Advaita Ashrama. ISBN 81-7505-022-5.
- Potter, Karl. H. (1981). Gaudapada, Encyclopedia of Indian Philosophies: Advaita Vedānta up to Śaṃkara and his pupils, Volume 3, pp. 103-114. Delhi: Motilal Banarsidass. ISBN 81-208-0310-8.
- Raju, P.T. (1971). The Philosophical Traditions of India. Delhi: Motilal Banarsidass (1992 Reprint).
- Sarma, Chandradhar (2007). The Advaita Tradition in Indian Philosophy. Motilal Banarsidass. ISBN 978-8120813120.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Mandukya Upanishad/Karika, Shankara’s Commentary and Anandagiri’s Tika Translated by Swami Nikhilananda, online libro electrónico
- Gaudapada Karika, Translation and commentary by Charles Johnston, Theosophical Quarterly
- advaita-vedanta.org, Gaudapada
- Mandukya Upanishad with Gaudapada's Karika
- P.J. Mazumdar, Gaudapada's Karika on the Mandukya Upanishad Arquivado 16 de marzo de 2022 en Wayback Machine.