Saltar ao contido

Gonets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gonets (significando "mensaxeiro") ou Gonets-D1 é un sistema de satélites de comunicacións civís rusos do tipo almacenar e reenviar, polo que o satélite recolle información desde un punto da súa órbita e a envía a outro sitio do planeta ao pasar sobre el. O sistema Gonets é a versión civil do sistema militar Strela 3. O sistema estaría formado por 12 satélites, cada un de 250 kg de masa, 10 W de potencia de transmisión e 2 ou 3 canais de transmisión nas frecuencias de 200 a 400 MHz. A capacidade de almacenamento a bordo era de 8 Mbytes, cunha velocidade de transmisión de 2,4 Kbit/s, 9,6 Kbit/s ou 64 Kbit/s. Os satélites alimentábanse mediante células solares que producían ata 40 W de potencia. Tódolos Gonets foron lanzados entre 1992 e 2001, incluídas dúas unidades iniciais de probas, mediante foguetes Tsiklon-3.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Kosmos 2199 13 de xullo de 1992 Tsiklon 3 Éxito. Satélite de probas.
Kosmos 2201 13 de xullo de 1992 Tsiklon 3 Éxito. Satélite de probas.
Gonets 1 19 de febreiro de 1996 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 2 19 de febreiro de 1996 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 3 19 de febreiro de 1996 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 4 14 de febreiro de 1997 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 5 14 de febreiro de 1997 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 6 14 de febreiro de 1997 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 7 27 de decembro de 2000 Tsiklon 3 Fallo
Gonets 8 27 de decembro de 2000 Tsiklon 3 Fallo
Gonets 9 27 de decembro de 2000 Tsiklon 3 Fallo
Gonets 10 28 de decembro de 2001 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 11 28 de decembro de 2001 Tsiklon 3 Éxito
Gonets 12 28 de decembro de 2001 Tsiklon 3 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Gonets-D1" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Gonets" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]