Saltar ao contido

Golfo de Sant Jordi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGolfo de Sant Jordi
TipoGolfo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAmpolla, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°48′08″N 0°43′10″L / 40.80222, 0.71944

O golfo de Sant Jordi é un golfo situado na Costa Daurada, no litoral da provincia de Tarragona, en Cataluña. Ten o seu inicio no Coll de Balaguer, ao sur do Baix Camp, e esténdese ata o cabo de Tortosa, na illa de Buda. Acolle toda a costa do Baix Ebre e debe o seu nome ao antigo castelo de Sant Jordi d'Alfama, situado ao comezo do golfo. Os pescadores de Cambrils danlle tamén o nome de "mar de la Frau".

A súa formación xeolóxica é relativamente recente, xa que está orixinado polo desenvolvemento progresivo da desembocadura do Ebro, que penetra os seus sedimentos no mar Mediterráneo en forma de delta.