Saltar ao contido

Budismo no Xapón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pagoda Ichijō-ji na prefectura de Hyōgo.

O budismo xaponés é o budismo practicado no Xapón desde a súa introdución oficial no ano 552, segundo o Nihon Shoki, por monxes coreanos de Baekje.

O budismo tivo unha grande influencia no desenvolvemento da sociedade xaponesa e segue a ser un aspecto influente da cultura ata hoxe.

Hoxe en día, as escolas budistas xaponesas máis populares son Terra Pura (浄土真宗, Jodo Shinshu) e zen.

Budismo e xintoísmo

[editar | editar a fonte]

O xintoísmo ten hoxe ao redor de 119 millóns de seguidores no Xapón, aínda que se conta como tal a quen practique calquera forma de ritual do xinto. En 2008, arredor dun terzo dos xaponeses identificáronse como "budistas" e o número foi crecendo desde a década de 1980.[1] Algunhas fontes indican unha porcentaxe moito maior, superando os dous terzos da poboación[2] e outros mesturan ambas as crenzas ou tradicións, xa que moitos non as identifican como excluíntes.

En xeral, acéptase que a gran maioría dos xaponeses participan nalgunha forma do ritual xintoísta, mentres que a maioría tamén practica o culto budista aos antepasados. Non obstante, a diferenza de moitas prácticas relixiosas monoteístas, o xintoísmo e o budismo normalmente non requiren que aqueles que os profesan sexan crentes ou practicantes, o que dificulta a obtención de cifras baseadas na autoidentificación.

Debido á natureza sincrética das dúas relixións, a maioría dos eventos da "vida" son xestionados por rituais xintoístas, mentres que os eventos da "morte" ou "máis aló" son xestionados por rituais budistas (aínda que isto non é unha regra); así, é costume, por exemplo, no Xapón, rexistrar un neno ou celebrar o seu nacemento nun santuario xintoísta, mentres que os arranxos funerarios adoitan ser ditados pola tradición budista.

  1. "Japón - Religiones 2010". datosmacro.com (en castelán). Consultado o 2022-02-01. 
  2. "Japão Percentagem de Budistas - dados, gráfico". TheGlobalEconomy.com (en inglés). Consultado o 2022-02-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]