Biblioteca do Arsenal
Aparencia
A Biblioteca do Arsenal (en francés: bibliothèque de l’Arsenal) é unha biblioteca francesa situada no barrio da Bastilla.
Antigamente era a residencia do "gran mestre da artillaría". Antoine-René d’Argenson, marqués de Paulmy, quen ocupou este cargo a mediados do século XVIII, formou na residencia unha gran colección enciclopédica de libros, manuscritos e estampas, que puixo a disposición dos eruditos. Durante a Revolución a residencia e a súa colección foron confiscadas e convertidas en biblioteca pública (1797). En 1934 finalmente foi unida á Biblioteca Nacional de Francia.
A biblioteca posuí principalmente textos literarios franceses do século XVI ao século XIX.[1]