Bernard Madoff
Nome orixinal | (en) Bernard Lawrence Madoff |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de abril de 1938 Queens, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de abril de 2021 (82 anos) Federal Medical Center, Butner, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | morte natural |
Educación | Universidade Hofstra (pt) - ciencia política Universidade do Alabama (pt) - sen valor Brooklyn Law School (en) Far Rockaway High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Finanzas, Investimento e financial crime (en) |
Ocupación | Investidor (En prisión) |
Outro | |
Cónxuxe | Ruth Madoff |
Fillos | Mark Madoff, Andrew Madoff |
Pai | Ralph Madoff |
Condenado por | perjúrio (pt) Lavado de cartos making false statements (en) mail and wire fraud (en) Fraude de títulos (pt) Esquema Ponzi (2009) → (pena de prisión) |
Cronoloxía | |
29 de xuño de 2009 | sentenza |
12 de marzo de 2009 | sentencia xudicial |
11 de decembro de 2008 | Arresto |
Descrito pola fonte | Lentapedia |
Bernard Lawrence "Bernie" Madoff (AFI: /ˈmeɪdɒf/), nado en Nova York o 29 de abril de 1938 e finado no Correccional Federal de Mediana Seguridade Butner, Carolina do Norte, o 14 de abril de 2021,[1] foi o presidente dunha sociedade de investimento que leva o seu nome e que el mesmo fundou en 1960, moi importante e influente en Wall Street. En decembro de 2008, foi detido polo FBI e acusado dunha fraude que superou os 50.000 millóns de dólares, o que a converte na maior fraude levada a cabo por unha soa persoa. O 29 de xuño de 2009 foi sentenciado a 150 anos de prisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi membro activo da National Association of Securities Dealers (NASD), organización autorregulada na industria de activos financeiros norteamericanos. A súa empresa estivo entre as cinco que impulsaron o desenvolvemento do NASDAQ, e el mesmo traballou como coordinador xefe do mercado de valores.
O grupo incluía dúas áreas separadas: Bernard Madoxx Investment Securities LLC, coas funcións de corretor de bolsa (broker) e creador de mercado en accións norteamericanas (market maker), onde traballaba a maioría do persoal; e a área de Investment Advisory, foco de toda a fraude.
Nesta última Bernard Madoff realizaba as inversións para hedge funds como Fairfield Sentry, Kingate ou Optimal (grupo banco Santander[2]), área de investimentos que non se rexistrou na SEC até o ano 2006.
A pesar do éxito histórico nos resultados dos fondos manexados pola súa empresa, desde 1992 a xestión no seu fondo recibiu algunhas críticas illadas, descubríndose posteriormente como os auditores de Madoff eran en verdade un pequeno despacho sen practicamente persoal[3].
En 1999 Harry Markopolos[4], un xestor de investimentos experto no mercado de derivados, presentoulle unha carta á SEC norteamericana en Boston denunciando e describindo exactamente o que ao final pasou 9 anos máis tarde.
Tras ser declarado culpable, a Madoff impúxoselle unha condena de 150 anos de cárcere por realizar unha das maiores estafas da historia, dun total que se calcula en algo así como 50.000 millóns de dólares.[5]
A estafa consistiu en tomar capitais a cambio de grandes ganancias que ao principio foron efectivas, pero que cos anos se viu que consistían nun sistema piramidal ou sistema Ponzi.[6]
Vítimas de Madoff
[editar | editar a fonte]Madoff, con fama de filántropo, non só enganou entidades bancarias e grupos investidores; tamén foron vítimas da súa estafa algunhas fundacións e organizacións caritativas, principalmente da comunidade xudía dos EUA, da que Madoff era un persoeiro importante.[7]
O 23 de decembro de 2008 a policía encontrou morto na súa oficina de Nova York, con indicios de suicidio, a Thierry Magon De la Villehuchet, de 65 anos e cofundador de Acces International, un dos principais comercializadores de fondos que xestionaba Madoff e que perdera completamente todo.[8]
Os afectados agrupáronse en tres categorías: 1°) bancos e aseguradoras; 2°) banca privada e fondos; ye 3°) fundacións e persoas físicas. A estas pode agregárselle unha cuarta categoría, composta polos afectados sobre os cales non se puido determinar a cuantía do perdido.
En España resultaron afectadas, entre outras, as familias Abelló, Almodóvar, Koplowitz, Lladró, Suñer e Serratosa-Caturla.
O 11 de decembro de 2010, no segundo aniversario do arresto de Bernard, atopouse morto o seu fillo máis vello, Mark Madoff.[9] Este, xunto ao seu irmán Andrew, denunciaran as estafas do seu pai logo de que el mesmo lles contase como gañaba tanto diñeiro. Aínda que se demostrou que os fillos non tiñan coñecemento dos negocios do seu pai, Mark e seu irmán foron vítimas de numerosas acusacións e demandas, e o mesmo día da súa morte, vencía o prazo do avogado encargado de liquidar os fondos do financeiro para reunir os cartos para indemnizar as vítimas. Por iso, nos últimos días o liquidador demandou centos de persoas e entidades que cría que colaboraran ou consentiran a estafa.
De acordo con The Wall Street Journal[10] os investidores con maiores perdas incluían:
- Fairfield Greenwich Advisors
- Tremont Capital Management
- Banco Santander
- Bank Medici
- Ascot Partners
- Access International Advisors
- Fortis
- Union Bancaire Privée
- HSBC
As potenciais perdas destes nove investidores totalizan 22,32 mil millóns de dólares. Outros investidores, con perdas potenciais entre os 100 e os 1000 millóns de dólares inclúen as seguintes entidades: Natixis SA, Carl J. Shapiro, Royal Bank of Scotland Group PLC, BNP Paribas, BBVA, Man Group PLC, Reichmuth & Co., Nomura Holdings, Aozora Bank, Maxam Capital Management, EIM SA e AXA SA.
Numerosas entidades estranxeiras víronse afectadas. Suponse que habería só de fondos portugueses cerca de 76 millóns de euros aplicados no esquema fraudulento de Madoff[11].
Sentenza
[editar | editar a fonte]O 29 de xuño de 2009 foi condenado a 150 anos de prisión, a sentenza máxima permitida,[12][13][14] por levar a cabo e manter, durante máis de dúas décadas, un fraudulento esquema de investimentos calculado en máis de 68.000 millóns de dólares.
Madoff, na Institución Correccional Federal de Mediana Seguridade Butner, estivo rexistrado co número 61727-054 da Axencia Federal de Prisións.[15][16]
Nunha entrevista concedida en xuño de 2010, declarou:[17][18]
... que non se arrepinte nin sente os danos causados aos seus estafados [...] "que se fodan as miñas vítimas" [...] "eran avaros e estúpidos" [...] "foi un pesadelo para min" [...] habíalle gustar que o pillasen seis ou oito anos antes [...] a prisión é para el unha liberación.Bernard Madoff, The New York Magazine, 6 de xuño de 2010
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción/EFE (14 de abril de 2021). "Fallece en prisión el defraudador Bernie Madoff, icono de la crisis financiera de 2008". eldiario.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2021.
- ↑ 2008, el “annus horribilis” cierra con un fraude en un gran Hedge Fund
- ↑ Las claves sobre Madoff y la larga lista de afectados
- ↑ “Garganta profunda” nos explica las claves del caso Madoff
- ↑ "Madoff, condenado a 150 años de cárcel por estafar 50.000 millones de dólares". El País. 29 de xuño de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ Lasemana.es (J. F. Lamata), 21.12.2008. Consultado o 20.11.2011.
- ↑ RTVE 15.08.2008. Consultado o 20.11.2011.
- ↑ Hallan muerto en su oficina de Nueva York a un financiero francés víctima de Madoff
- ↑ [1] Madoff son found dead of apparent suicide
- ↑ The Wall Street Journal, ed. (16 de decembro de 2008). "Madoff’s Victims". Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ "Fundos portugueses têm aplicados 76 milhões de euros no esquema fraudulento de Madoff". 2008. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ Redacción (29 de xuño de 2009). "Madoff gets 150 years for fraud". cbc.ca (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2022.
- ↑ Henriques, Diana B. (29 de xuño de 2009). "Madoff Is Sentenced to 150 Years for Ponzi Scheme". nytimes.com (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ Smith, Aaron (30 de xuño de 2009). "Madoff sentenced to 150 years". cnn.com (en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2022.
- ↑ "Bernard Madoff Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine.." Axencia Federal de Prisións. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ "Madoff, libre de cáncer." CNN. 24 de agosto de 2009. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ Declaracións ao New York Magacine o 06/06/2010
- ↑ Noticia en "20 minutos" o 08/06/2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernard Madoff |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "El fraude de Madoff alcanza a José Lladró y a las familias Suñer y Serratosa Caturla". Levante EMV (18/12/2008) Arquivado 13/09/2011, en Wayback Machine.
- "Este tipo estafó al universo" 20/12/2008 El País (en castelán)
- "La estafa de un 'broker' de Wall Street provoca 3.000 millones de pérdidas en España" 14/12/2008 El Mundo (en castelán)
- ¿Quién era Bernard Madoff?" 13/12/2008 finanzzas.com (en castelán)
- "Se extiende por el mundo el fraude de Madoff" 16/12/2008 jornada.com.mx (en castelán)
- "El fraude de Madoff castiga a España, que se lleva el 10% de la exposición total" 16/12/2008 cincodias.com (en castelán)