Saltar ao contido

Bambán Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bambán Club
Presentado por María Xosé Rodríguez
Cadea TVG
Día da estrea 12 de febreiro de 1991

Na rede
http://25anos.crtvg.es/tvg25/anoaano/1991/242

Bambán Club foi un programa de entretemento da Televisión de Galicia que se emitiu en 1991.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O programa ambiéntase no marco dun club nocturno da década de 1930 con público en directo, estaba dirixido por Fidel Fernán e Francisco Novo, con guión de Xurxo Souto e Pilar Comesana e presentado por María Xosé Rodríguez, consistía en actuacións musicais, humor e entrevistas a famosos e xentes do común.