Batalla de Mons
Batalla de Mons, parte da Batalla das fronteiras | |
---|---|
As tropas xermanas avanzan a través de Bélxica segundo o Plano Schlieffen camiño de París, cando sufriron un contraataque británico. | |
Conflito: primeira guerra mundial, Batalla das fronteiras | |
Data: 23 de agosto de 1914 | |
Lugar: Mons, Bélxica | |
Resultado: Vitoria táctica británica. Detención do avance alemán que permite a reorganización dos exércitos aliados. | |
Combatentes | |
Imperio Británico | Imperio Alemán |
Comandantes | |
Sir John French | Alexander von Kluck |
Forzas | |
4 Divisións (70 000 homes e 300 metralladoras) | 4 Corpos e 3 Divisións de cabalería (160 000 homes e 600 metralladoras) |
Baixas | |
1638 baixas | Estímanse unhas 5000 |
Batalla das fronteiras (14-24 de agosto de 1914) | Batalla de Mulhouse – Batalla de Haelen – Batalla de Lorena – Batalla das Ardenas – Batalla de Charleroi – Batalla de Mons |
A batalla de Mons foi unha batalla da primeira guerra mundial no contexto da batalla das fronteiras.
Preludio
[editar | editar a fonte]O 16 de agosto de 1914, os alemáns tomaron a fortaleza de Liexa e continuaron avanzando cara París seguindo as instrucións do plan Schlieffen. As tropas belgas retrocederon cara ás posicións británicas, mentres que as tropas francesas retrocedían en Alsacia e nas Ardenas. O día 22, os franceses foron derrotados na batalla de Charleroi e os británicos decidiron manter as posicións ofensivas, permitindo o repregue do resto das tropas aliadas.
Primeiros combates
[editar | editar a fonte]Á mañá do 23 de agosto, o xeneral alemán Alexander von Kluck, ao cargo do I Exército, chegou ata Casteau. O Maior británico Thomas Bridges, que dirixía o 4º Corpo de Cabalería Irlandesa, deu orde de atacar, causando a retirada xermana. A continuación, os Corpos I e II das tropas Expedicionarias británicas atacaron aos alemáns. Os efectivos ingleses eran tropas experimentadas e causaron graves danos ás tropas imperiais alemás.
Mañá do 23 de agosto
[editar | editar a fonte]Ás nove da mañá, oito batallóns alemáns, con apoio artilleiro, atacaron a Terceira División de Infantaría británica, sufrindo graves perdas. As tropas británicas estaban compostas por homes experimentados e cunha grande habilidade co fusil. Os alemáns remitiron informes erróneos sobre o equipo británico, crendo que estes contaban cun elevado número de metralladoras.
Pouco despois, chegou á zona o resto do I Exército alemán, que atacou coa artillaría e despois unha carga de infantaría. As baixas británicas foron cuantiosas (da orde duns 1600 homes), pero resistiron a ofensiva xermana.
Ao, norte, preto de Mons, tropas fusileiras británicas defendían unha ponte da estrada Mons-Bruxelas. As tropas xermanas tamén atacaron este punto e conseguiron cruzar a ponte.
Tarde do 23 de agosto
[editar | editar a fonte]Ás 14 00 h, os británicos déronse conta de que estaban sendo superados. O seu flanco dereito estaba exposto debido á retirada das tropas francesas e belgas. Por iso, os ingleses decidiron retirarse tamén de Mons, deixando atrás 900 homes que cubriran a retirada. Os alemáns avanzaron cara Mons e infrinxiron moitas baixas a estas tropas, sobrevivindo só 240 homes dos 900 iniciais. Non obstante, o sacrificio serviu para realizar unha retirada ordenada cara París.