Saltar ao contido

Batalla de Gaza de 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Gaza
Parte de Conflito entre Hamás e Fatah

Franxa de Gaza
Data Do 7 ao 15 de xuño de 2007
Lugar Franxa de Gaza
Coordenadas 31°31′N 34°27′L / 31.517, -34.450
Resultado Vitoria de Hamás
Casus belli Disputas entre Hmás e Fatah sobre Gaza
Cambios territoriais Hamás tomou o control na Franxa de Gaza
Belixerantes
Hamás Fatah
Baixas
22 combatentes 77 combatentes

A Batalla de Gaza (en árabe: معركة غزّة) foi un conflito militar entre Hamas e Fatah que tivo lugar entre o 7 e 15 de xuño de 2007, na Franxa de Gaza. Despois de gañar as eleccións lexislativas palestinas en 2006, Hamás formou o Goberno de Unidade Nacional con Fatah en marzo de 2007, liderado por Ismail Haniyeh. Os combates entre milicianos de Fatah e Hamas continuaron, chegando a morrer máis de 100 combatentes nunha semana.[1]

En xuño de 2007, os combatentes Hamas tomaron o control na Franxa de Gaza[2] e eliminaron as oficinas de Fatah o que levou ao presidente da Autoridade Nacional Palestina, Mahmoud Abbas, a disolver o goberno e establecer o estado de emerxencia. Haniyeh foi destituído e Abbas gobernou Gaza e Cisxordania por decreto presidencial.[3]

O CICR estima que morreron polo menos 118 persoas e máis de 550 foron feridas durante os combates.[4]

  1. Redacción (15 de xuño de 2007). "Abbas sacks Hamas-led government". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  2. Urquart, Conal; Black, Ian; Tran, Mark (Friday June 15, 2007). "Hamas takes control of Gaza". Guardian (London). Consultado o October 25, 2011. 
  3. Redacción (15 de xuño de 2007). "Abbas sacks Hamas-led government". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  4. Gaza-Westbank – ICRC Bulletin No. 22 / 2007, AlertNet. Retrieved June 16, 2007.