Bonifacio Bembo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1420 (Gregoriano) Brescia, Italia |
Morte | 1480 (Gregoriano) (59/60 anos) Milán, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Milán |
Ocupación | pintor, iluminador |
Período de actividade | 1447 (Gregoriano) - 1499 (Gregoriano) |
Xénero artístico | Retrato |
Movemento | Primeiro Renacemento e late Gothic (en) |
Familia | |
Familia | Bembo family (en) |
Irmáns | Benedetto Bembo |
Bonifacio Bembo, nado en Brescia, Lombardía, foi un pintor e miniaturista italiano do século XV, activo entre 1447 e 1477.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse no gótico serodio pero o seu estilo viuse influenciado polo primeiro Renacemento e polas ideas neoplatónicas de Gemistus Pletho. As súas obras comprenden os frescos da igrexa de Santo Agostiño en Cremona e os retratos de Francesco I Sforza e da súa dona Bianca Maria Visconti (ámbolos dous datados en 1462), e conservados na Pinacoteca di Brera de Milán.
Tamén pintou o claustro de La Colomba en Cremona e Bembo é xeralmente considerado o autor das famosas barallas de tarot Visconti-Sforza realizadas para o duque de Milán Filippo Maria Visconti e Francesco Sforza, onde o simbolismo reflicte o interese de Bembo polo neoplatonismo.
A súa morte dátase en 1498[1], mais outras fontes sitúana antes de 1482 [2].
Foi o irmán de Benedetto Bembo e tío de Giovanni Francesco Bembo, os dous pintores igualmente.
Notas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bonifacio Bembo |