Saltar ao contido

Boiardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boiardo[1] era o título atribuído aos membros da aristocracia rusa do século X ao século XVII.

A palabra boiardo provén do ruso боя́ре, plural de боя́рын, a través do francés boyard.

Na Rusia feudal, eles constituían a clase máis alta e tiñan poder político a través da Duma boiarda. Alén de extensas propiedades que tiñam, eran os lexisladores principais do Principado de Kíiv. Mesmo despois de Moscova pasar a ser o centro de decisión, coa centralización de poder para o papel do Grande Duque de Moscovia, a súa influencia aínda perdurou.

A Duma boiarda que inicialmente contaba con cerca de 30 membros, foise progresivamente expandindo, chegando mesmo a contar con preto de 100 membros xa no século XVII. Foi contodo abolida por Pedro, o Grande, en 1711.

Na literatura, o Drácula, de Bram Stoker, era un boiardo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boiardo.