Saltar ao contido

BIND

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

BIND (Berkeley Internet Name Domain, anteriormente: Berkeley Internet Name Daemon) é o servidor de DNS máis comunmente usado en Internet, especialmente en sistemas Unix, nos cales é un estándar de facto. É patrocinado pola Internet Systems Consortium. BIND foi creado orixinalmente por catro estudantes de grado na Universidade de California, Berkeley e liberado por primeira vez no 4.3BSD. Paul Vixie comezou a mantelo en 1988 mentres traballaba para a DEC.

Unha nova versión de BIND (BIND 9) foi escrita desde cero en parte para superar as dificultades arquitectónicas presentes anteriormente para auditar o código nas primeiras versións de BIND, e tamén para incorporar DNSSEC (DNS Security Extensions). BIND 9 inclúe entre outras características importantes: TSIG, notificación DNS, nsupdate, IPv6, rndc flush, vistas, procesamento en paralelo, e unha arquitectura mellorada en canto a portabilidade. É comunmente usado en sistemas Linux.