BM Altea
Nome do club | Club Balonmano Altea | ||
Fundado | 1974 | ||
Desaparición | 2008 | ||
Pavillón | Polideportivo Garganes, Pontevedra | ||
Capacidade | 1 200 | ||
Presidente | Salvador Lledó Llinares | ||
Adestrador | Paco Blasco | ||
Liga | Liga ASOBAL | ||
2006-07 | 13º (Liga ASOBAL) | ||
Equipamentos |
|
O Club Balonmano Altea foi un equipo de balonmán da localidade de Altea, Alacant (España). Logo de 34 anos de historia desapareceu en agosto do 2008 debido á imposibilidade de atopar unha xunta directiva que afrontara a débeda económica acumulada polo club.[1]
Nas nove tempadas que o equipo alacantino competiu na Liga ASOBAL (a máxima categoría do balonmán español), o seu mellor resultado foi o cuarto posto da tempada 2002-03. Tamén conseguiu chegar en dúas ocasións ás semifinais da Copa do Rei nas tempadas 2001-02 e 2002-03. Nas competicións europeas hai que salientar o subcampionato da Copa EHF na tempada 2003-04, cando caeu na final fronte ao equipo alemán do THW Kiel. Na tempada 2002-03 conseguira chegar ata as semifinais na terceira competición continental.
A última tempada da súa existencia militou no Grupo C da Primeira División Estatal ocupando a praza que conseguira a tempada 2006-07 o seu filial, tras ter renunciado á súa praza na liga ASOBAL por motivos económicos.[2]
Trala súa desaparición acordouse a creación dun novo club como solución para integrar aos equipos alteanos, o Handbol Esportiu Altea presidido por Toni Fuster, que comezaría a competir na categoría provincial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las deudas han provocado finalmente la desaparición del Balonmano Altea - INFORMACION.es". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2010.
- ↑ El Altea renuncia a la ASOBAL y asciende al Teka Cantabria - Marca.com