Saltar ao contido

Arcanxo Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArcanxo Miguel

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hbo) ‏מיכאל Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementosen valor Editar o valor en Wikidata
sen valor Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo, cristianismo, Islam e Fe Bahá'í Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
Rango militarComandante en xefe Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de novembro
29 de setembro
19 de setembro Editar o valor en Wikidata
Patrón deKíiv e Alemaña Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Editar o valor en Wikidata

Miguel (en hebreo: מיכאל Migha-El, "Quen coma Deus?" en árabe: ميخائيل Mījā'īl; en grego: Μιχαήλ Mikhaíl; en latín: Michael), tamén coñecido como San Miguel o Arcanxo, Arcanxo Miguel ou como San Miguel o Taxiarca,[1] é un arcanxo na relixión cristiá, xudía e islámica. As mencións máis antigas que se conservan do seu nome atópanse en obras xudías dos séculos III e II a. C., moitas veces pero non sempre apocalípticas, onde é o xefe dos anxos e arcanxos, e é o príncipe gardián de Israel e é responsable do coidado do pobo de Israel.[2][3][4] O cristianismo conservou case todas as tradicións xudías relativas a el,[3] e menciónase explicitamente en Apocalipse 12:7-12, onde loita con Satanás,[5] e na Epístola de Xudas, onde o autor denuncia a certas "persoas impías" contrastándoas con Miguel.[3]

O Arcanxo Miguel na igrexa de Santa María do Azougue, Betanzos.

Para os hebreos é o protector de Israel e patrón da sinagoga. A Igrexa Católica considérao como patrón e protector da Igrexa Universal; e o primeiro dos sete arcanxos, xunto con Gabriel e Rafael. Supostamente tocará a trompeta o día do arrebatamento (1° Tesalonicenses 4, 16), e é o encargado de frustrar a Lucifer ou Satanás, inimigo principal de Miguel por ser o arcanxo dos anxos caídos ou do mal (Apocalipse 12:7). Por iso, na arte represéntase coma un anxo con armadura de xeneral romano, ameazando cunha lanza ou espada a un demo ou dragón. Tamén adoita ser representado pesando as almas na balanza, pois segundo a tradición, el tomaría parte no Xuízo Final, imaxe inspirada no Xuízo de Anubis do Antigo Exipto e recibe o nome de psicostasia.[6]

  1. Na igrexa ortodoxa.
  2. Asale, Bruk Ayele (2020). 1 Enoch as Christian Scripture. Pickwick. ISBN 9781532691157. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hannah, Darrell D. (2011). Michael and Christ: Michael Tradition and Angel Christology. Wipf and Stock. ISBN 9781610971539. 
  4. Barnes, William H. (1993). Archangels. Oxford University Press. ISBN 9780199743919. 
  5. Bromiley, Geoffrey William (1971). Satan. Alban Books. ISBN 9780802822499. 
  6. O temible xuízo da balanza Arquivado 27 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]