Saltar ao contido

Apolinarismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O apolinarismo foi unha doutrina teolóxica proposta por Apolinario de Laodicea que afirmaba que a natureza humana de Xesús Cristo era incompleta, pois só posuía o corpo e a alma inferior ou sensible, pero a súa mente era divina. En orixe era unha reacción contra o arianismo e o gnosticismo.
O Primeiro Concilio de Constantinopla (381) declarou a doutrina herexía, afirmando que as natureza divina e humana de Xesús Cristo eran completas.
Houbo comunidades apolinarias en Constantinopla e Siria, algúns discípulos tentaron perpetuar a doutrina despois da morte de Apolinar (392), pero arredor do 416 a maioría volveron á doutrina oficial e o resto convertéronse ao monofisismo.