Saltar ao contido

Alhama de Murcia

Modelo:Xeografía políticaAlhama de Murcia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°51′05″N 1°25′35″O / 37.851388888889, -1.4263888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor en Wikidata
CapitalAlhama de Murcia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.280 (2023) Editar o valor en Wikidata (74,72 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie311,55 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude200 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Rosario Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfonso Fernando Cerón Morales Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30840 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico968 Editar o valor en Wikidata
Código INE30008 Editar o valor en Wikidata

Páxina webalhamademurcia.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451396

Alhama de Murcia é un concello da Rexión de Murcia, situado na comarca natural do Bajo Guadalentín, aos pés de Serra Espuña. Ten unha poboación de 19.417 habitantes (xaneiro de 2008) e unha densidade de poboación de 66,97 hab./km².

Localización e características

[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Alhama de Murcia, ocupa unha superficie de 311,55 km², case no centro da Rexión de Murcia. A súa altura sobre o nivel do mar é de 176 metros. O termo municipal esténdese desde as cimas de Serra Espuña ata o cume da Serra de Carrascoy, atravesando a parte central da chaira prelitoral murciana coñecida como val do Guadalentín ou Campo de Sangonera.

Está situada a uns 30 quilómetros da capital da Rexión, Murcia e á mesma distancia da cidade de Lorca; a cincuenta de Cartagena e a trinta de Mula, e, en dirección sur, sepáraa a mesma distancia das praias de Mazarrón.