Alejandra Murguía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1859 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de marzo de 1937 (77 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Familia | |
Pais | Manuel Murguía e Rosalía de Castro |
Irmáns | Ovidio Murguía Aura Murguía Gala Murguía Amara Murguía de Castro |
Alejandra Martínez-Murguía de Castro, máis coñecida como Alejandra Murguía, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1859[1] e finada na Coruña o 22 de marzo de 1937,[2] foi unha debuxante galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a filla máis vella de Manuel Murguía e Rosalía de Castro (que casaran o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso de Madrid)[3] e afillada de Alejandro Chao.[4] Alejandra foi, canda Serafín Avendaño, mestra do seu irmán, o pintor Ovidio Murguía.
Rexeitou unha praza de restauradora no Museo do Prado. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, na que deseñou a cabeceira que se empregou dende o 20 de xullo de 1879.[5][6]
Na súa mocidade foi noiva de Joaquín Arias Sanjurjo, mais non chegaron a casar, ao pouco de finar Rosalía, porque Murguía a disuadiu.[1] Finou solteira e sen descendencia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Debuxo da súa nai Rosalía de Castro, feito por Alejandra.
-
Placa na casa en que naceu, en Santiago.
-
A familia Murguía-Castro en 1883 ou 1884, Alejandra é a da dereita de todo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Naya Pérez, J. (1974). "El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) XXXI (356): 24–42.
- ↑ Mayoralgo y Lodo, José Miguel de. Movimiento nobiliario. Año 1937
- ↑ Sixto Seco (1985) "Achegamento médico-antropolóxico á personalidade de Rosalía" p. 61.
- ↑ Martínez González, Xurxo (2014) "La Oliva. A ponte entre dúas xeracións", Madrygal 18, pp. 469-479, 2015, ISSN 1138-9664.
- ↑ La Ilustración Gallega y Asturiana do 20 de xullo de 1879 Arquivado 8/12/2015, en Wayback Machine. con cabeceira de Alejandra Murguía.
- ↑ La catedral de Santiago: Detalles del Pórtico de la Gloria Arquivado 8/12/2015, en Wayback Machine. La Ilustración Gallega y Asturiana, 10/12/1879.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandra Murguía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos, Enrique (1993). "Murguía Castro, Alexandra". Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos. p. 209. ISBN 84-85311-96-5.
- Marco, Aurora (2007). "Murguía Castro, Alejandra". Dicionario de Mulleres Galegas. A Nosa Terra. p. 295. ISBN 978-84-8341-146-9.