Airas Nunes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1230 (Gregoriano) Reino de Galicia |
Morte | 1305 (74/75 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, compositor, escritor |
Xénero artístico | Poesía |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Airas Nunes ou Ayras Nunez de Santiago foi un clérigo e trobador do século XIII nado moi probablemente en Galicia, máis concretamente compostelán[1].
Vida e obra
[editar | editar a fonte]Estivo ao servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castela. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como don Dinís, Afonso X, Johan Zorro e Nuno Fernandes Torneol.
Pénsase[2] que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio, mais non se pode confirmar nin negar con rotundidade este feito. É moi coñecida a súa cantiga Bailemos nós ja todas tres, ay amigas ou Bailada das Avelaneiras, que segue unha composición de Johan Zorro, parafraseando a primeira estrofa:
- Bailemos nós já todas três, ai amigas,
- sô aquestas avelaneiras frolidas;
- e quen for velida, como nós, velidas,
- se amigo amar,
- sô aquestas avelaneiras frolidas
- verrá bailar.
- Bailemos nós já todas três, ai irmanas,
- sô aqueste ramo destas avelanas;
- e quen for louçana, como nós, louçanas
- se amigo amar,
- sô aqueste ramo destas avelanas
- verrá bailar.
- Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos,
- sô aqueste ramo frolido bailemos;
- e quen ben parecer, como nós parecemos,
- se amigo amar,
- sô aqueste ramo sô-l’ que nós bailemos
- verrá bailar.
Atribúeselle o primeiro romance en lingua galega, que data do século XIII[3]:
- Desafiar enviaron
- ora de Tudella
- fillos de don Fernando
- el Rey de Castela,
- e dise el Rey logo:
- ide alá Don Vella.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Airas Nunes". Xacopedia. Consultado o 10 de agosto de 2016.
- ↑ NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416
- ↑ "Gaiferos de Mormaltán". Xacopedia. Consultado o 10 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Airas Nunes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- TAVANI, Giuseppe, Le poesie di Ayras Nunez, Milán, UgoMerendi Editore, 1964.
- TAVANI, Giuseppe, A poesía de Airas Nunez, Vigo, Editorial Galaxia, 1992.
- NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bailemos nós ja todas tres, ay amigas, recreación musical coa música da CSM 116
- Bailemos nós ja todas tres, ai amigas, interpretación co texto subtitulado.
- Porque no mundo mengou verdade