Adolphe Sax
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1814 Dinant, Bélxica (pt) |
Morte | 7 de febreiro de 1894 (79 anos) 9.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montmartre |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido dos Países Baixos (–1830) Bélxica (1830–) |
Educación | Conservatorio Real de Bruxelas |
Actividade | |
Campo de traballo | Instrumento musical |
Ocupación | fabricante de instrumentos musicais , profesor de música , músico , inventor , profesor universitario |
Empregador | Conservatorio de París |
Lingua | Lingua francesa |
Instrumento | Saxofón |
Familia | |
Pai | Charles-Joseph Sax |
Premios | |
Antoine Joseph Sax, coñecido como Adolphe Sax, nado en Dinant en 1814 e finado en 1894, foi un inventor belga de instrumentos musicais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai, o fabricante de instrumentos Charles Joseph Sax, enviouno ao Conservatorio de Bruxelas para estudar frauta e clarinete. Adolphe Sax é coñecido principalmente pola invención do saxofón ou saxófono (1840, patentado en 1846[1]). Algunhas invencións son o saxotromba e mais o bombardino, un tipo de tuba.
En 1857 Sax foi profesor de saxofón no Conservatorio de París. Tamén contribuíu ao desenvolvemento do clarinete baixo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guillaume Janin L´histoire du saxophone Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolphe Sax |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adolphe Sax, Malou Haine, Université de Bruxelles Editions, Bruxelles, 1980
- Sax, Mule & Co, Jean-Pierre Thiollet, H & D, París, 2004 (ISBN 2 914 266 03 0)