Saltar ao contido

Adiantum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Adiantum é un xénero de fentos da familia das Adiantáceas caracterizado pola presenza de follas basais (follas que saen na parte baixa da planta preto do chan), pecioladas, glabras e divididas en pinnas flabeladas. Ten como representante á especie: capilaria (Adiantum capillus-veneris), a única do xénero presente en Galiza.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase de herbas perennes, con rizoma longo e rastreiro, de reprodución por soros situados no envés das pinnas terminais das follas, cubertas por estas a xeito de pseudoindusio, que habita en paredes rochosas de fontes e lugares húmidos e avesedos.

Lista de especies

[editar | editar a fonte]

A capilaria ou cabelo de venus (Adiantum capillus-veneris) posúe actividade analxésica e antitusíxena. Emprégase abundantemente na España Mediterránea como menciña moi específica.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1094. 1753.[2][3]

Etimoloxía;

Adiantum: nome xenérico que provén do grego antigo, que significa "non mollar", en referencia ás follas, pola súa capacidade de tirar a auga sen se mollaren.

  1. Rivera, D. et al. 1998.
  2. "Adiantum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de maio de 2014. 
  3. Adiantum en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]