Saltar ao contido

Anna Russell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Russell
Biografía
Nacementonovembro de 1807 Editar o valor en Wikidata
Bristol, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte11 de novembro de 1876 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Kenilworth, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánica, coleccionista de plantas, micóloga, ilustradora científica Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaA.W.Russell Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
ParentesSamuel Butler (novelista), sobriño Editar o valor en Wikidata

Anna Worsley Russell, nada en Bristol en novembro de 1807 e finada en Kenilworth (Reino Unido) o 11 de novembro de 1876,[1][2] foi unha botánica e micóloga inglesa. Foi descrita como "quizais a máis capaz e máis destacada muller do campo da botánica do seu tempo".[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anna naceu en novembro de 1807 en Bristol, e foi unha de polo menos sete fillos nados de Philip John Worsley, que era un refinador de azucre. Na súa familia eran de relixión unitarista e como varios dos seus membros tiñan intereses científicos dende nena foi animada no seu interese pola historia natural. Ao principio estudou entomoloxía, pero máis tarde interesouse polas plantas. O cuñado de Anna, Thomas Butler, quen máis tarde sería o reitor dunha parroquia preto de Nottingham e pai do novelista Samuel Butler, tiña un grande interese na botánica e puido ter influído en Anna.[3][4]

En 1835, publicouse o primeiro volume da New Botanist's Guide de Hewett Cottrell Watson, que contiña contribucións substanciais de Worsley, a saber, unha lista de plantas con flores na área de Bristol. Isto trouxo unha maior atención ao seu traballo e en 1839 publicou o seu Catalogue of Plants, found in the Neighbourhood of Newbury (en galego: Catálogo de Plantas, atopadas no Barrio de Newbury),[5] desenvolvido en trinta e unha páxinas e incluíu os primeiros rexistros en Berkshire de máis de sesenta especies. Pronto uniuse á Sociedade Botánica de Londres e contribuíu activamente aos seus intercambios de mostras.[4] Tamén desenrvolveu interese polos musgos e fungos.[3]

Worsley casou con Frederick Russell en 1844. Russell tamén era un unitarista e un botánico e foran amigos dende varios anos. Russell acompañaba a Worsley nas expedicións de recoleccións de plantas e recollía algúns espécimes para ela. Ao principio viviron en Brislington, cerca de Bristol, pero en 1856 trasladáronse a Kenilworth, Warwickshire. Estudou os fungos na área local, publicando un artigo no Journal of Botany sobre especies locais raras e realizando máis de setecentos trinta debuxos.[3][4]

[3]Anna Russell morreu en Kenilworth o 11 de novembro de 1876. O seu marido tiña morto antes que ela e non tiñan fillos. Deixou os seus debuxos ao Museo de Historia Natural de Londres, onde aínda se conservan, e o seu herbario e colección de ovos de aves ao Instituto de Birmingham e Midland.[3][4]

Abreviatura (botánica):

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura A.W.Russell emprégase para indicar a Anna Russell como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[6]
  1. Desmond (1994), p. 599
  2. Ogylvie (2003), p. 1136
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Creese (2000), p. 31-32
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Allen, D.E. «Russell [née Worsley], Anna (1807–1876), botanist», na edición on-line do Oxford Dictionary of National Biography (precisa subscrición) (en inglés).(https://doi.org/10.1093/ref:odnb/56451)
  5. Stafleu (1976-1988), p. 1003
  6. "A.W.Russell". IPNI-The International Plant Names Index (en inglés). Consultado o 23-07-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]