Anga
Aparencia
Anga foi un reino establecido no século VI a.C. no leste do subcontinente indio, abranguía parte dos actuais territorios de Bihar e Jharkhand e máis tarde estendeuse por parte do territorio da actual Bengala, o río Chandan facía de froteira con Magadha polo oeste. No antigo texto budista do Anguttara Nikaya figura como unha das 16 grandes nacións (solas Mahajanapadas). A capital era a cidade de Champa, situada nas beiras do Ganxes, pouco antes de confluír co Chandan, e segundo o Digha Nikaya era unha das seis principais cidades da antiga India.
A Galipedia ten un portal sobre: India |