Saltar ao contido

Anapesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O anapesto ou antidáctilo é, en métrica grecolatina, un pé formado por tres sílabas: as dúas primeiras breves e a terceira longa. Chámaselle tamén «antidáctilo» por ser o pé simétrico do dáctilo: o acento métrico está no segundo semipé e non no primeiro como o dáctilo.