Antonio Goicoechea
Nome orixinal | (es) Antonio Goicoechea y Cosculluela |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1876 Barcelona, España |
Morte | 1 de febreiro de 1953 (77 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Renovación Española 23 de febreiro de 1936 – 1 de abril de 1936 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Cuenca (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Renovación Española 24 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Cuenca (en) | |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Senador de España | |
Concelleiro de Madrid | |
Ministro | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Movemento | Maurism (en) |
Premios | |
Antonio Goicoechea Cosculluela, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1876 e finado en Madrid o 1 de febreiro de 1953, foi un avogado e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do Partido Conservador, en 1899 foi nomeado letrado do Consello de Estado e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de Antonio Maura, pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de Eduardo Dato. Foi elixido deputado polo distrito de Becerreá nas eleccións xerais de 1907 e 1910, por Madrid nas eleccións de 1918 e por Monforte nas de 1919. Elixido senador pola provincia de Murcia en 1922, colaborou coa ditadura de Primo de Rivera e en 1927 afiliouse á Unión Patriótica.
Coa proclamación da Segunda República Española afiliouse a Acción Nacional e máis tarde foi membro fundador de Renovación Española, partido polo que foi elixido deputado nas eleccións de 1933. Participou activamente na sublevación do 18 de xullo de 1936. Viaxou a Italia para conseguir axuda económica para os partidarios de Franco. Cando se aprobou o Decreto de Unificación de 1937, Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.
Abandonou a política, e entre 1938 e 1950 foi presidente do Banco de España, do Banco Exterior de España, do Banco Hipotecario e do Banco de Crédito Industrial. En 1943, xunto con outros procuradores en Cortes, firmou un escrito dirixido a Francisco Franco no que solicitaba a restauración da monarquía, "continuadora de nuestra tradición histórica".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Goicoechea |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado
- Ministros de España
- Deputados no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Deputados nas Cortes Españolas
- Senadores de España
- Nados en Barcelona
- Nados en 1876
- Finados en 1953
- Políticos do Partido Conservador (España)
- Gobernadores do Banco de España
- Políticos de Unión Patriótica
- Políticos de Renovación Española
- Políticos de Unión Monárquica Nacional
- Membros da Asemblea Nacional Consultiva