Saltar ao contido

Amadeu I de España

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaAmadeu I de España
Biografía
Nacemento30 de maio de 1845 Editar o valor en Wikidata
Turín (Reino da Sardenha) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1890 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Turín (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortebroncopneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Superga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de España
16 de novembro de 1870 – 11 de febreiro de 1873 (Abdication of Amadeo I of Spain (en) Traducir)
Xefe de Estado de España
16 de novembro de 1870 – 11 de febreiro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarCapitán Xeneral da Real Armada Española Editar o valor en Wikidata
ConflitoBatalha de Custoza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Aosta Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Savoia e Casa de Aosta Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Letícia Bonaparte (1888–1890)
María Vitoria dal Pozzo (1867–1876), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosManuel Filiberto de Savoia-Aosta
 () María Vitoria dal Pozzo
Prince Vittorio Emanuele, Count of Turin
 () María Vitoria dal Pozzo
Luís Amadeu de Saboia
 () María Vitoria dal Pozzo
Prince Umberto, Count of Salemi
 () Maria Letícia Bonaparte Editar o valor en Wikidata
PaisVítor Manuel II de Italia Editar o valor en Wikidata  e Adelaide de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Pia de Saboia
Maria Clotilde de Saboia
Humberto I
Otão de Saboia
Vittorio Emanuele di Savoia-Carignano
Carlo Alberto di Savoia-Carignano, Principe di Savoia Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
11 de febreiro de 1873Abdication of Amadeo I of Spain (en) Traducir
proclamation of the Spanish monarch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Amadeus I. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1189767 WikiTree: Savoia-52 Find a Grave: 7050600 Editar o valor en Wikidata
Amadeu I de Savoia.

Amadeu I de España ou Amadeu I de Savoia[1], nado en Turín o 30 de maio de 1845 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1890,[2] foi un nobre italiano, príncipe da casa de Savoia, con tratamento de Alteza Real, primeiro duque de Savoia, e chegou a ser rei de España desde 1871 ata 1873 a consecuencia de ser elixido como tal polas Cortes do Sexenio Democrático.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Amedeo Ferdinando Maria de Savoia era o segundo fillo do rei Vítor Manuel II de Italia e da arquiduquesa Adelaida de Austria. Amadeu era neto do rei Carlos Alberte I de Sardeña e da arquiduquesa María Tareixa de Austria-Toscana por vía paterna, mentres que por vía materna érao do arquiduque Rainiero de Austria e da princesa Elisabeth de Savoia-Carignano.

Ingresou no exército coa graduación de capitán en 1859, tomando parte na campaña da Terceira Guerra de Independencia de Italia (1866), como maior-xeneral, conducindo unha brigada na batalla de Custozza, en Monte Torre, onde foi ferido.

Casou en primeiras nupcias o 30 de maio de 1867, no seu día de anos, en Torino con Maria Del Pozzo della Cisterna,[2] herdeira dunha antiga casa piemontesa. Tiveron tres fillos homes: Manuel Filiberto, II duque de Aosta, nado en Xénova o 13 de xaneiro de 1869;[2] Víctor Manuel, I conde de Turín, nado en Turín o 24 de novembro de 1870[3] e Luís Amadeu, I duque dos Abruzos, nado en Madrid o 29 de xaneiro de 1873.[4]

Rei de España

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Reinado de Amadeu I de España.

O 6 de novembro de 1870 as Cortes españolas decidiron a restauración da monarquía, logo de buscar posíbeis candidatos nas casas reais europeas, elixindo a Amadeu de Aosta. A votación dos deputados outorgou 191 votos en favor seu, contra 60 pola República Federal, 41 ben por outros candidatos ou por república unitaria e 19 votos foran en branco. Pouco despois unha delegación parlamentaria achegouse a Florencia, naquel momento capital italiana, para informar a Amadeu, que aceptaría oficialmente o 4 de decembro de 1870. Desembarcaría en Cartaxena o 30 de decembro de 1870, chegando a Madrid o 2 de xaneiro de 1871, xurando, no mesmo día, a Constitución de 1869.

En España os Savoia gozaban de gran prestixio entre os liberais, derivado da brillante solución nacional e constitucional dada ao problema da unidade italiana. Mais sufrían dunha profunda hostilidade por parte dos partidarios do carlismo, por razóns evidentes -Amadeu interpúñase nas aspiracións do candidato carlista ao trono español- , como tamén dos partidarios da Casa de Borbón -polos mesmos motivos que os carlistas, ao que cabía engadir a anexión, en Italia, do Reino de Nápoles no que tamén reinaban Borbóns emparentados cos da casa española-. Tiña ademais a oposición dos católicos en xeral, a causa da cuestión romana. Por riba, a elección de Amadeu coincidiu co sospeitoso asasinato do xeneral Juan Prim, o seu maior sustentador, o 27 de decembro de 1870, mentres o futuro rei navegaba cara España.

Amadeu, por outra banda, non soubo recuperar posicións cerca da Igrexa española ou da aristocracia, nin foi quen de conseguir con rapidez un dominio suficiente da lingua castelá. Contribuíu a complicar a situación a revolta separatista en Cuba, colonia española naquela altura.

O novo rei baseaba o seu propio poder no apoio do Partido Progresista, que dominaba as Cortes, mais a situación non foi estábel, de xeito que nos dous anos de reinado houbo diversos gobernos. Cando os progresista, se dividiran en monárquicos e constitucionalistas, a inestabilidade aumentou. O 19 de xullo de 1872 o rei sufriría unha tentativa de asasinato. Unha forte rebelión carlista estalou no País Vasco, Navarra e Cataluña (Terceira guerra carlista), ao tempo de accións prorrepublicanas no país enteiro. O corpo de artillaría montou un motín. Dise que Amadeu exclamaba con frecuencia, en italiano, «Ah, per Bacco, non capisco niente!» (Ai, por Baco, non entendo nada!)

Así, apenas con dous anos de reinado, Amadeu proclamou que, sen apoio popular, non era posíbel reinar. O 11 de febreiro de 1873 abdicou, pronunciando no Pazo das Corte o discurso de renuncia. As dez da tarde dese mesmo foi proclamada a República en España.

Regreso a Italia

[editar | editar a fonte]

Completamente incomodado Amadeu tornou a Turín onde recibiu o título de Duque de Aosta. Pouco tempo despois agravouse a saúde da Duquesa María Victoria, que falecería o 8 de novembro de 1876 debido a unha tuberculose. Nos anos seguintes o Duque de Aosta tivo algúns cargos representativos baixo o reinado do seu irmán, que accedera ao trono italiano en 1878, como Humberto I.

No 1888, logo de doce anos de viuvez, casou en segundas nupcias o 11 de setembro de 1888, en Turín, coa xove Maria Letizia Bonaparte (París, 20 de novembro de 1866 - Moncalieri, 25 de outubro de 1926), da que tivo dous fillos.

Dous anos despois, en 1890, con corenta e cinco anos, falecía a causa dunha pulmonía.

Na súa honra, recibiu o seu nome o Lago Amadeus en Australia central.

  1. Boullón Agrelo, A. I. "Amadeu". Guía de nomes galegos. Real Academia Galega. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Robles do Campo 2009, p. 351.
  3. Robles do Campo 2009, p. 351-352.
  4. Robles do Campo 2009, p. 352-353.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]