Custo de oportunidade
Aparencia
Custo de oportunidade é un termo que se utiliza en economía para indicar o custo de algo en termos dunha oportunidade á que se renuncia, é dicir, o custo da non realización dunha oportunidade, ou dito doutro xeito, o valor da mellor opción non realizada.[1]
Por exemplo, se un concello decide construír un hospital nunhas terras ermas que lle pertencen, o custo de oportunidade represéntase pola renuncia a edificar outros edificios nese terreo con ese mesmo capital investido, así como pola renuncia dos beneficios que outras opcións lle poderían dar ao lugar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mochón Morcillo, Francisco (1995). Principios de economía (en castelán). Madrid: McGraw-Hill. p. 7. ISBN 84-481-0319-X.