Saltar ao contido

Cristovo Colón

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaCristovo Colón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(lij) Christoffa Corombo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Christophorus Columbus Editar o valor en Wikidata
c. 1450-1451
c. República de Xénova[1][2]
Morte20 de maio de 1506
Valladolid (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia Catedral de Santa María Editar o valor en Wikidata
Vicerrei das Indias
17 de abril de 1492 – 20 de maio de 1506 (finado no cargo)
Gobernador das Indias
1492 – 23 de agosto de 1500 (despedimento)Francisco de Bobadilla → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTransporte marítimo, transporte marítimo e náutica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónexplorador, viaxeiro, navegante, mariño, inventor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Carreira militar
LealdadeCoroa de Castela Editar o valor en Wikidata
Rango militaralmirante da mar Océana (1492–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTerceira orde de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Colón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFilipa Moniz Perestrelo (1479–) Editar o valor en Wikidata
ParellaBeatriz Enríquez de Arana Editar o valor en Wikidata
FillosDiego Colón
 () Filipa Moniz Perestrelo
Fernando Colón
 () Beatriz Enríquez de Arana Editar o valor en Wikidata
PaisDomenico Colombo Editar o valor en Wikidata  e Susanna Fontanarossa Editar o valor en Wikidata
IrmánsBartolomeu Colón
Diego Colombos Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
9 de maio de 1502-7 de novembro de 1504Cuarta viaxe de Colón
30 de maio de 1498-25 de novembro de 1500Terceira viaxe de Colón
22 de novembro de 1493colonización española da illa da Española
24 de setembro de 1493-11 de xuño de 1496segunda viaxe de Colón
12 de outubro de 1492Descubrimento de América
3 de agosto de 1492-15 de marzo de 1493primeira viaxe de Colón Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Колумб Христофор)
Appletons' Cyclopædia of American Biography
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827907 WikiTree: Colombo-58 Find a Grave: 5764 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Cristovo Colón en Pontevedra.

Cristovo Colón, nado na República de Xénova[1][2] c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana.

As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.

Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.

O seu antropónimo (coñecido pola latinización Columbus ou adaptado ás diferentes linguas) é unha icona mundial que inspirou innumerables denominacións, como a dun país: Colombia,[3] e dúas rexións de Norteamérica: a Columbia Británica, no Canadá, e o Distrito de Columbia, nos Estados Unidos.

Perfil histórico

[editar | editar a fonte]

Cristovo Colón é, no século XXI, un personaxe histórico controvertido. Aínda que os historiadores académicos cren que Colón foi xenovés, arredor da súa figura existen diferentes teorías, referidas tanto na súa orixe xeográfica (catalán, balear, galego, portugués...) como á súa liñaxe (humilde ou nobre) e a súa relixión (cristián, xudeu), ou ás súas habilidades, posto que, mentres que algunhas teorías reforzan a imaxe dunha persoa habilidosa, pero pouco dotada para o mando e a navegación, outros nolo mostran con grandes dotes neste sentido. Igualmente controvertido é todo o que rodea o descubrimento de América e como aconteceu que Colón chegase ao convencemento de que era posible encontrar unha ruta cara á India navegando en dirección a oeste.

As contradicións entre algunhas fontes coetáneas, incluíndo o mesmo Colón, así coma os posteriores intereses nacionais e relixiosos para atribuírse a «paternidade» de Colón propiciaron que a personaxe presente toda unha serie de clarescuros sobre os cales non hai un consenso claro na comunidade histórica actual.

Con todo, hai un feito claramente indiscutíbel: Colón afirmaba que se podía chegar ao Extremo Oriente (a India) dende Europa viaxando cara ao oeste, e que era factíbel realizar a viaxe por mar con posibilidades de éxito; dedicou os mellores anos da súa vida a confirmar este pensamento e logrou o éxito inesperado o 12 de outubro de 1492: o descubrimento do Novo Mundo aos ollos da vella Europa.

Malia que é probábel que Colón non fose o primeiro europeo en pisar as costas americanas -á súa época gozou de moita chamada, amais, a tradición dun posíbel predescubridor, que segundo as fontes sería máis ou menos críbel-[4] Colón non soamente chegou ao Novo Mundo, senón que volveu a Europa, realizou un total de catro viaxes e deu inicio a un réxime de viaxes periódicas seguras dende Europa até América. A partir das viaxes de Colón, sucedérono outros exploradores e conquistadores e establecéronse vínculos permanentes co novo continente.

Colón no anverso dunha moeda estadounidense conmemorativa do IV centenario do Descubrimento de América. Ceca: US Mint. Gravador: Charles E. Barber.

No contexto histórico da época, o tránsito de mercadorías entre o oriente e Europa realizábase pola ruta que ía de Asia até Europa atravesando a Asia Menor, pero a partir da presa de Constantinopla polos turcos, no 1453, esta vía fíxose difícil e quedou monopolizada polos otománs e os seus aliados, os mercadores xenoveses. As nacións máis occidentais de Europa -Portugal, Castela e Aragón-, necesitadas dos bens orientais, querían adquirir estas mercadorías sen medianeiros.

Portugal foi quen tomou a iniciativa, grazas, principalmente, ao feito que a conquista do seu territorio aos musulmáns finalizara no século XIII; os portugueses, así, lanzáranse a navegar para ampliar os seus dominios e mirar de descubrir novas rutas comerciais. No ano 1488, mediante o mariñeiro Bartolomeu Dias, chegaran á cabeza de Boa Esperanza: atoparan, pois, unha nova ruta cara ao oriente e deste modo podían crear á vez un novo monopolio, que competiría con Xénova. As coroas castelá e aragonesa, unidas dinasticamente mediante os Reis Católicos, cando xa se encontraban ás fins da Reconquista -coa presa de Granada- interesáronse pola investigación dunha nova ruta.

Colón sostiña que navegando polo oeste o camiño era moito máis curto, de forma que proxectou a súa viaxe como unha oportunidade de abrir unha nova ruta comercial alternativa ás xa existentes -a terrestre, monopolizada por Xénova e os otománs, e a marítima, recentemente descuberta polos portugueses-, para a cal recolleu finalmente o padroado dos Reis Católicos.

Expedicións

[editar | editar a fonte]
Réplicas da Pinta, a Niña e a Santa María no porto de Palos de la Frontera.

Parte para a súa primeira viaxe en 1492, con dúas carabelas (a Pinta e a Niña) e unha nao (a Santa María) do porto de Palos de la Frontera. A nao Santa María foi construída en Galicia e levaba como piloto a un galego de Baiona: Cristóbal García Sarmiento, por este motivo quizais sexa o porto elixido para regresar.

A expedición toca a illa de Gran Canaria e pon rumbo ao suroeste; tres meses despois chega a un illote das Bahamas ao que deu o nome de San Salvador. Continua navegando e costeou Cuba, para despois chegar ao Haití á lle que deu o nome de Hispaniola. Convencido de ter chegado á India, deixa alá unha pequena colonia e regresa á Europa o 1º de marzo de 1493, tocando en primeiro lugar o porto de Baiona a carabela Pinta coa seguinte tripulación: Martín Alonso Pinzón, Capitán; Francisco Martín Pinzón, Mestre; Cristóbal García Sarmiento, Piloto; Juan Quintero de Algruta, Contramestre; García Hernández, Despenseiro; Juan Reynal, Alguacil; Maestre Diego, Cirurxián; Juan Rodríguez Bermejo (Rodrigo de Triana), Cristóbal Quintero, Gómez Rascón, Diego Martín Pinzón, Francisco García Vallejo, Juan Verde de Triana, Antón Calabrés, Álvaro Pérez, Gil Pérez, Sancho de Rama e Juan Veçano, mariñeiros; Pedro de Arcos, Fernando Medel, Francisco Medel, Alonso de Palos, Juan Quadrado, Pedro Tegero, Juan Arias e Bernal, grumetes.

A súa segunda viaxe iniciouse en 1493, con tres naos e 14 carabelas, avista as Antillas e aborda a Martinica. Pon rumbo despois ao norte e chega a Porto Rico. Vai a Hispaniola onde a pequena colonia fora morta polos indíxenas, deixa outro continxente de homes e, virando para Occidente, chega á Xamaica.

Na terceira viaxe, parte en 1498, con seis naos, e chega a Trindade despois dunha atribulada viaxe. Volteando ao sur chega a unha gran terra que pensou que era unha illa e chamoulle Gracia. Rumbo ao norte chega a Santo Domingo, cidade formada por Fr. Bartolomeu. Entra en conflito co gobernador e el e mailo irmán son presos e enviados para España.

Na cuarta viaxe, sae de Cádiz con catro naus en 1502, propóndose chegar ao Oriente. Avista a Xamaica e, despois dunha gran tempestade, chega á Illa de Pinos (Honduras). Avistou despois as costas da Nicaragua, Costa Rica e Panamá. Debido ao pésimo estado das naos ten que regresar a Hispaniola, de onde volta a España.

Cristovo Colón morreu en Valladolid, en 1506.

Relacións cos indíxenas

[editar | editar a fonte]

Seguindo os costumes vixentes naquela época, as relacións de Colón con outros pobos e terras rexíanse polas posibilidades de conquistalas para o reino ao que representaba.

Pensando que se atopaba nas terras do Gran Khan, intentaron tomar posicións militares defensivas e establecer contacto con algún rei, pero non atoparon nada parecido e comprobaron pouco a pouco que posuían unha gran superioridade armamentística sobre os indíxenas e que estes descoñecían as palabras "Gran Khan". Atribuíron ese descoñecemento a un baixo nivel cultural dos indíxenas e asumiron a facilidade de conquista do novo territorio.

O goberno dos irmáns Colón na Española non cumpriu coas expectativas dos reis españois. Non só se enfrontaron aos españois da illa, senón que, ao non conseguiren as riquezas que pensaran, agrediron os indíxenas e venderon algúns como escravos, desobedecendo así as ordes expresas de Isabel a Católica, que deixara clara a súa vontade de que se tratase os indíxenas como súbditos de Castela.[5] Por este motivo, o primeiro Vicerrei, Almirante e Gobernador de América foi arrestado e enviado con cadeas ante a raíña polo gobernador Francisco de Bobadilla.[6] O comportamento de Colón non correspondía co que España propoñía nas súas leis,[7] aínda que a distancia, entre outros motivos, propiciaron condutas similares ás de Colón cos indíxenas, as cales denunciou Frei Bartolomé de las Casas.

Hipóteses sobre a orixe

[editar | editar a fonte]

Hipótese xenovesa

[editar | editar a fonte]
Monumento a Cristovo Colón en Barcelona. Vista nocturna.

O consenso entre os expertos sobre a orixe de Cristovo Colón é que naceu na República de Xénova.[1] As teorías alternativas sobre a súa orixe foron polo xeral rexeitadas polos principais expertos.[2]

Estas teorías secundarias afirman que a orixe de Cristovo Colón é un enigma sobre o que non existe unanimidade entre historiadores e investigadores, entre outras razóns pola confusión e perda de documentación referente ás súas orixes e ascendencia. Ademais o seu propio fillo, Hernando Colón, na súa Historia do almirante Don Cristovo Colón escureceu aínda máis o seu lugar de nacemento afirmando que o seu proxenitor non quería que se coñecesen a súa orixe e patria.[8][9] Por esta, entre outras razóns, xurdiron múltiples teorías sobre o lugar de nacemento de Colón. Aínda que existe un testamento onde Hernando Colón asevera que o seu pai era xenovés: «fillo de Cristovo Colón, xenovés, primeiro almirante que descubriu as Indias».[10]

A tese apoiada maioritariamente mantén que Cristoforo Colombo naceu o ano 1451 en Savona, na República de Xénova. Os seus pais serían Domenico Colombo -mestre tecedor e logo comerciante- e Susanna Fontanarossa. Dos cinco fillos do matrimonio, dous, Cristoforo e Bartolomeu, tiveron pronto vocación mariñeira. O terceiro foi Giacomo, que aprendeu o oficio de tecedor. Respecto dos dous restantes, Giovanni morreu novo e a única muller non deixou rastro.[11] Existen actas notariais e xudiciais que defenden esta tese.[12] Ademais o mesmo Colón declara ser xenovés, no documento denominado Fundación de Morgado el menta «dela saín e nela nacín [en Xénova]»,[13][14][15] pero diversos autores e investigadores indican que probablemente esta declaración sería interesada polos Preitos colombinos que mantiveron os seus descendentes coa coroa de Castela,[16] e por iso declarárono como falso ou apócrifo; con todo, outros investigadores a principios do século XX atoparon no Arquivo de Simancas documentos que, segundo eles, mostraban a autenticidade deste documento.[17][18] Tamén existe unha misiva de Pedro de Ayala, embaixador dos Reis Católicos en Inglaterra, onde facendo alusión ao propósito anglosaxón de explorar o Atlántico, menciona que esa incursión contaría con «outro xenovés como Colón».[19][20] Ademais as autoridades municipais de Xénova mostraron, entre os anos 1931 e 1932, actas fidedignas que afirmaban a súa orixe xenovesa.[17][21]

Hipótese catalá

[editar | editar a fonte]

Doutra banda algúns autores e investigadores defenderon outras hipóteses sobre a orixe de Colón. Unha delas é a hipótese catalá; Luís Ulloa, historiador peruano que residiu en Barcelona varios anos, afirmaba que Colón era orixinario de Cataluña[22] e de tradición mariñeira, baseándose, entre outras razóns, en que nos seus escritos, todos en lingua castelá, existen xiros lingüísticos propios do catalán.[23] Para Ulloa, Cristovo Colón foi un nobre catalán que se chamaría realmente Joan Colom, un navegante inimigo do rei Xoán II de Aragón, contra o que loitou ao servizo de Renato de Anjou, aspirante ao trono e que ademais sería o suposto John Scolvus que chegaría ao norte de América no ano 1476, que posteriormente ofreceríalle o proxecto do descubrimento ao rei Fernando o Católico para beneficio da Coroa de Aragón.[24] Esta teoría foi seguida, ampliada ou modificada por diversos autores, na súa maioría historiadores e investigadores cataláns, aínda que tamén existen investigadores doutros países como o estadounidense Charles Merrill que apoiaron esta tese.[25]

Por contra, esta hipótese foi contestada indicando que os partidarios da mesma dedican gran parte dos seus esforzos en refutar ou desmentir numerosos documentos históricos que manifesten a orixe xenovés do navegante, mentres que non achegaron ningún documento que demostre a suposta orixe catalá.[24][26][27]

Da hipótese catalá xurdiron diferentes correntes como as teses Baleares. Unha delas, a mallorquina, identifica a Colón cun fillo natural do príncipe de Viana nado en Felanitx, Mallorca.[28][29] Con todo o investigador, xornalista e piloto mercante, Nito Verdera, rexeitou esta tese..[30][31] Verdera, así mesmo, mantén a teoría de que Colón sería criptoxudeu e nado en Eivissa.[32]

Colón, español: su origen y patria de Celso G. de la Riega, 1914.

Hipótese galega

[editar | editar a fonte]

Outra hipótese indica que Colón era de orixe galega. Celso García de la Riega sostivo esta teoría[33] baseándose en documentos da época colombina;[34] con todo, posteriormente foron rexeitados polos estudos realizados tanto polo paleógrafo Eladio Oviedo Arce,[35] como polo da Real Academia da Historia[34] nos que concluíron que devanditos documentos, ou ben eran falsos, ou foran manipulados en datas posteriores á súa creación.[36] Así e todo, outras fontes indican que De la Riega non manipulou a letra, senón que a remarcou para destacar topónimos (curiosamente, máis de 100 topónimos descubertos por Colón no Caribe coinciden coa toponimia das Rías Baixas), como sinala Alfonso Philippot Abeledo na súa obra Colón, galego. O almirante das mil facianas (2006). Segundo o arquitecto Marcos Castro Vilas, autor do libro Cristóbal Colón y el periplo de Hannón,[37] Cristovo Colón sería de orixe galega, concretamente do concello de Val do Dubra. Sería a Terra Rubra, escrita de maneira corrupta, que nomea Hernando Colón na biografía que redactou sobre o seu pai. Fundamenta esta hipótese a partir do uso de palabras endémicas de Dubra nos escritos de Colón. Seguindo a teoría deste autor, Cristovo Colón é o pseudónimo de Rodrigo Louzán, de quen os Reis Católicos solicitaron ou requiriron ó concello de Dubra o recoñecemento da súa fidalguía para poder gobernar nos territorios conquistados, segundo documento existente no arquivo de Simancas e datado o 8 de novembro de 1491 no Real de la Vega de Granada [38].

Hipótese portuguesa

[editar | editar a fonte]

Tamén existe a teoría da orixe portuguesa, que se basea na interpretación do anagrama da firma de Colón ou na existencia de supostos portuguesismos nos seus escritos. O experto filólogo Ramón Menéndez Pidal confirmou que eran portuguesismos[39] en contra de quen mantiñan que eran galeguismos ou catalanismos,[40][41] aínda o historiador Antonio Romeu de Armas matizou que isto se debería non a que fose nado en Portugal senón a unha naturalización debida aos anos que permaneceu naquel país.[42] Existen, ademais, conxecturas indicando unha posible orixe sefardí, de acordo á tese do historiador Salvador de Madariaga.[43] Para Madariaga, Colón sería xenovés, pero os seus ascendentes serían xudeus cataláns fuxidos nas persecucións de finais do século XIV.[44][45] Colón sería un xudeu converso, razón que explicaría, segundo Madariaga, o seu empeño en ocultar as súas orixes.

Cristovo Colón nun billete español de 5.000 pesetas de 1992 (deseño: Reinhold Gerstetter)

Outras hipóteses

[editar | editar a fonte]

Existen outras teorías que lle atribúen unha orixe andaluza, concretamente de Sevilla,[46] castelá de Guadalaxara,[47][48] estremeña de Plasencia[49] ou vasca.[50] E, tamén, outros países dispútanse ser o berce do almirante, aludindo a unha posible orixe grega;[51] inglesa;[52] corsa;[53] norueguesa[54] ou croata.[55][56]

Lingua de Colón

[editar | editar a fonte]

Sobre a lingua materna de Cristóbal Colón tamén existe controversia xa que, segundo os investigadores, é un importante apoio para unha ou outra teoría sobre a súa cidade natal. Para tratar de fixar as súas orixes reais, déronse diversas razóns en todos os sentidos.

A maior parte dos seus escritos están en castelán,[57] pero con evidentes xiros lingüísticos procedentes doutras linguas da Península Ibérica que, seguindo a Menéndez Pidal,[39] moitos coinciden en sinalar como portuguesismos.[41][57] Hai varios investigadores e lingüistas, tanto de Galicia como de Cataluña ou de Baleares, que apoian a hipótese de que son galeguismos[33] ou catalanismos.[58][59]

Non parecen existir escritos en italiano realizados por Colón, salvo algunha nota marxinal, ao parecer cunha redacción deficiente. O latín tampouco parecía dominalo e escribíao con influencia hispánica e non italiana.[57]

Historiadores como Consuelo Varela ou Arranz Márquez opinan que se trata dun típico home do mar que se expresa en diversas linguas sen chegar a dominar ben ningunha, ou que quizais falase a lingua franca ou xerga levantisca.[59]

  1. 1,0 1,1 1,2 Phillips, William D., and Carla Rahn Phillips. The Worlds of Christopher Columbus. Cambridge: Cambridge University Press, 1992. Page 9.
    «Even with less than a complete record, however, scholars can state with assurance that Columbus was born in the republic of Genoa in northern Italy, although perhaps not in the city itself, and that his family made a living in the wool business as weavers and merchants ... The two main early biographies of Columbus have been taken as literal truth by hundreds of writers, in large part because they were written by individual closely connected to Columbus or his writings. ... Both biographies have serious shortcomings as evidence».
  2. 2,0 2,1 2,2 Davidson & Phillips Jr
  3. "Acerca de Colombia. Orgullo Colombiano". www.colombia.com. Consultado o 6 de xaneiro de 2008. 
  4. Vidal, Víctor. "De las casas, p. vol. I, cap. XIV.". Historia de las Indias. 
  5. IRVING, Washington (1832). Vida y viajes de Cristobal Colon. Gaspar y Roig. p. 151. 
  6. "Cristóbal Colón" Arquivado 06 de maio de 2009 en Wayback Machine., entrada na Enciclopedia Católica (en castelán).
  7. Tamén para o profesor da Universidade de Salamanca, Francisco de Vitoria, un dos principios fundamentais recoñecidos n a Carta Constitucional dos Indios, como teoloxía alternativa, era o dereitos destes a ser homes e ser tratados como seres libres (véxase Derechos y Deberes entre Indios y Españoles en el nuevo mundo según Francisco de Vitoria. Salamanca, Universidade Pontificia de Salamanca, 1992: p. 10.[1]
  8. COLÓN, Hernando. Capítulo I, págs. 4-5. Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  9. DÍAZ-TRECHUELO, María Lourdes. pág. 25.
  10. Cristobal Colón pag.30
  11. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Pág. 105-106.
  12. DE ALTOLAGUIRRE Y DUVALE, Ángel. "La patria de Cristóbal Colón, según las actas notariales de Italia". Boletín de la Real Academia de la Historia, tomo 72 (1918), pp. 200-224. www.cervantesvirtual.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2008. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  13. "El decubrimiento y la fundación de los reinos ultramarinos". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  14. Testamento de don Cristóbal Colón en el que fundó mayorazgo en su hijo don Diego. Archivo General de Indias. Signatura: PATRONATO,295,N.101. PARES.
  15. Congreso de Historia del Descubrimiento (1492-1556): actas (ponencias y comunicaciones). Tomo III. Real Academia de la Historia. 1992. pp. Págs. 477-480. ISBN 9788460082033. 
  16. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Págs. 104-105.
  17. 17,0 17,1 SVET, Yakov. pág. 26.
  18. DE ALTOLAGUIRRE Y DUVALE, Ángel. "Declaraciones hechas por Don Cristóbal, Don Diego y Don Bartolomé Colón acerca de su nacionalidad". Boletín de la Real Academia de la Historia, tomo 86 (1925), pp. 307-325. www.cervantesvirtual.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  19. Cesáreo Fernández Duro. "Los Cabotos". Boletín de la Real Academia de la Historia, tomo 2 (1893), pp. 257-282. www.cervantesvirtual.com. Consultado o 11 de decembro de 2013. 
  20. página 30
  21. La historiografía americanista en España
  22. ULLOA, Luis (1927). "Christophe Colomb, Catalan". Librairie Orientale et Américaine Maisonneuve. 
  23. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Págs. 99-100.
  24. 24,0 24,1 PLA ALBEROLA, Primitivo. "Cristóbal Colón". Portal Cristóbal Colón. www.cervantesvirtual.com. Consultado o 27 de novembro de 2008. 
  25. MERRILL, Charles J (2008). Colom of Catalonia : origins of Christopher Columbus revealed. Demers Books LLC. ISBN 9780981600222. 
  26. [2]
  27. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  28. VERD MARTORELL, Gabriel (1986). Cristóbal Colón y la revelación del enigma. AUTOR-EDITOR. G. Verd Martorell. ISBN 978-84-398-7877-3. 
  29. VERD MARTORELL, Gabriel (1992). Cristóbal Colón era noble y de sangre real. AUTOR-EDITOR. G. Verd Martorell. ISBN 978-84-604-1727-9. 
  30. VERDERA, Nito. "Cristóbal Colón no era hijo natural del Príncipe de Viana". www.cristobalcolondeibiza.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 30 de marzo de 2009. 
  31. LAS HERAS, Antonio (2006). "pág. 114". La trama Colón: Manipulación en el descubrimiento de América. Ediciones Nowtilus S.L. ISBN 9788497632850. 
  32. VERDERA, Nito (1999). Cristóbal Colón, originario de Ibiza y criptojudío. Consell Insular d'Eivissa i Formentera, Conselleria de Cultura. ISBN 978-84-88018-42-7. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  33. 33,0 33,1 GARCÍA DE LA RIEGA, Celso (1914). Colón español, su origen y patria. Madrid: Sucesores de Rivadeneyra. 
  34. 34,0 34,1 ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Págs. 97-98.
  35. "La naturaleza de Colón. Colón no es gallego". Publicado en: «La Idea Moderna», diario de La Coruña, luns 28 de maio de 1917. www.cervantesvirtual.com. 1917. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2009. 
  36. Congreso de Historia del Descubrimiento (1492-1556): actas (ponencias y comunicaciones). Tomo IV. Real Academia de la Historia. 1992. pp. 458. ISBN 9788460082033. 
  37. Castro Vilas, Marcos (2017). Cristobal Colón y el periplo de Hannon. Ir Indo. ISBN 9788476807347. 
  38. "Unha investigación sostén que Colon era do Val do Dubra". CRTVG. Consultado o 08/08/2022. 
  39. 39,0 39,1 MENÉNDEZ PIDAL, Ramón (1942). La lengua de Cristóbal Colón: El estilo de Santa Teresa y otros estudios sobre el siglo xvi. Espasa-Calpe Argentina, S.A. 
  40. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Pág. 103.
  41. 41,0 41,1 DÍAZ-TRECHUELO, María Lourdes. pág. 29.
  42. ROMEU DE ARMAS, Antonio (1982). El "portugués" Cristóbal Colón en Castilla. Ediciones Cultura Hispánica del Instituto de Cooperación Iberoamericana. ISBN 9788472322899. [Ligazón morta]
  43. DE MADARIAGA, Salvador (1975). Vida del muy magnífico senõr don Cristóbal Colón. Espasa-Calpe. ISBN 9788423949281. 
  44. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Págs. 103-104.
  45. VALLS I TABERNER, Ferrán; SOLDEVILA, Ferrán (2002). Història de Catalunya. L'Abadia de Montserrat. pp. pág. 331. ISBN 9788484154341. 
  46. ASTRANA MARTÍN, Luis (1929). Cristóbal Colón, su patria, sus restos y el enigma del descubrimiento de América. Madrid: Editorial Voluntad, s.a. 
  47. SANZ, Ricardo; SANZ GARCÍA, Ricardo; DEL OLMO, Margarita; CUENCA, Emilio (1980). Nacimiento y vida del noble castellano Cristóbal Colón Guadalajara. Ed Nueva Alcarria. ISBN 9788430036813. 
  48. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Pág. 102-103.
  49. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Pág. 98-99.
  50. MENÉNDEZ POLO, Francisco (1936). Colón vizcaino. 
  51. GOODRICH, Aaron (1874). A History of the Character and Achievements of the So-called Christopher Columbus (en inglés) (1ª ed.). New York: D. Appleton and Co. ISBN 9780795011443. 
  52. MOLLOY, Charles (1682). De Jure Maritimo et Navali. London: Printed by J. Walthoe. 
  53. Dr. Savelli (1826). In souvenirs historiques de la Legion Corse dans le royaume de Naples. 
  54. SANNES, Tor Borch (1991). Christopher Columbus- en Europeer fra Norge?. Oslo: Norsk maritimt forlag. ISBN 9788290319125. [Ligazón morta]
  55. SINOVCIC Vincent (1990). Columbus: Debunking of a Legend. Nova York. ISBN 9780944957066. 
  56. ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Págs. 97
  57. 57,0 57,1 57,2 ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Págs. 108-110.
  58. VERDERA, Nito. "El catalán, lengua de Colón". www.cristobalcolondeibiza.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2008. Consultado o 23 de abril de 2009. 
  59. 59,0 59,1 ARRANZ MÁRQUEZ, Luis. Pág. 110.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Davidson, Miles H. (1997). Columbus then and now: a life reexamined. Norman, OK: University of Oklahoma Press. ISBN 0-8061-2934-4. 
  • García de la Riega, Celso (1897). La Gallega, nave capitana de Colón en el primer viaje de descubrimientos: estudio histórico. Pontevedra. Imp. de la Viuda de J. A. Antunez.
  • García de la Riega, Celso (1899). Cristóbal Colón ¿español?: conferencia. Madrid: Establecimiento tipográfico de Fortanet.
  • García de la Riega, Celso (1914). Colón, español: su origen y patria. Madrid: Sucesores de Rivadeneyra
  • García de la Riega, Celso (2007). A patria de Colón (Colón, español. A súa orixe e patria). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-96673-35-9.
  • García de la Riega, Celso (2008). La gallega. Nave capitá de Colón (2008). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-96673-42-1.
  • Philippot Abeledo, Alfonso (2006). Colón, galego. O almirante das mil facianas. Noia: Toxosoutos. ISBN 84-96259-36-6.
  • Phillips, Jr, William D.; Phillips, Carla Rahn (1992). The worlds of Christopher Columbus. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-521-35097-2. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]