Saltar ao contido

Clara Kimball Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClara Kimball Young

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edith Matilda Clara Kimball Editar o valor en Wikidata
6 de setembro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 1960 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Woodland Hills (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrand View Memorial Park Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, produtora, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor en Wikidata - 1941 Editar o valor en Wikidata
Interesada enMass automobility (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJames Young Editar o valor en Wikidata
PaisEdward Kimball Editar o valor en Wikidata  e Pauline Garrette Kimball Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0949403 Allmovie: p78141
WikiTree: Kimball-2804 Find a Grave: 5323 Editar o valor en Wikidata
Clara Kimball Young nun cartel promocional de 1921 para o filme Charge It, dirixido por Harry Garson para Equity Pictures.

Edith Matilda Clara Kimball, nada en Chicago o 6 de setembro de 1890 e finada en Woodland Hills o 15 de outubro de 1960,[1] foi unha actriz cinematográfica estadounidense coñecida como Clara Kimball Young, que foi enormemente popular na era do cinema mudo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Edith Matilda Clara Kimball naceu en Chicago en 1890, filla de Edward Marshall e Pauline Kimball, de solteira Pauline Madeline Garrett (1860–1919), ambos actores de xiras. Debutou no teatro aos tres anos e durante a súa infancia viaxou cos seus pais e actuou na súa compañía teatra. Asistiu á St. Francis Xavier Academy, Chicago. Posteriormente foi contratada por unha sociedade e volveu á súa carreira teatral, viaxando por todos os Estados Unidos e actuando en teatros de pequenas cidades.[2]

A principios da súa carreira coñeceu e casou co coñecido actor de Broadway James Young. A anterior esposa de Young fora a escritora de cancións Rida Johnson Young. Despois de enviar unha fotografía a Vitagraph Studios, Clara Kimball Young, como foi coñecida a partir dese momento, e o seu marido recibiron contratos anuais en 1912.[1]

No novo espectáculo do cinema e sen grandes loitas na pantalla, a estrela de Clara Kimball Young e de Vitagraph creceu rapidamente. Young foi contratada predominantemente en papeis dun e de dous rolos como heroína virtuosa. En 1913 convertérase nunha das grandes damas de Vitagraph e situouna no número dezasete das enquisas de popularidade entre o público. Moitos dos filmes deste primeiro período de Young con Vitagraph están perdidos.[3]

En 1914 Vitagraph estreou o drama My Official Wife que protagonizou Young como unha revolucionaria rusa e que foi dirixido polo seu marido James Young e coprotagonizado polo popular actor Earle Williams. O filme, que non se conserva, foi un grande éxito e lanzou ás carreiras de Clara Kimball Young e Earle Williams ao primeiro lugar das enquisas de popularidade e Young asignou inmediatamente un contrato co lendario magnate de Hollywood Lewis J. Selznick.[1]

Tras unha serie de papeis de éxito, Young estableceuse firmemente como a atracción principal da World Film Corporation e o seu marido era un cobizado director. En 1915 a popularidade de Young rivalizaba coa doutras actrices da época como Mary Pickford, Dorothy e Lillian Gish, Pearl White, Edna Purviance e Mabel Normand.[4]

Estivo envolta nunha relación moi publicitada con Selznick, que culminou dunha petición de divorcio en 1916 en que Young a acusou de alienación do afecto. Finalmente, James Young obtivo a sentenza o 8 de abril de 1919 con base no abandono.[5]

Kimball Young arredor de 1916

Selznick axiña formou a "Clara Kimball Young Film Corporation", colocándoa como presidenta, e formou Selznick Productions para disstribuír os seus filmese os doutros produtores independentes. Porén, tras só catro filmes con Selznick, a relación persoal e de negocios comezou a estragarse e Kimball Young loitou para liberarse de todos os amaños de negocios con Selznick, acusándoo de defraudala nos seus beneficios mediante unha serie de empresas pantasma e escolléndose el mesmo como presidente mentres que non permitía que ela tivese nada que dicir nos seus asuntos de negocios.[1]

En 1917 Kimball Young inicou unha relación con Harry Garson, co que se uniu nunha aventura de negocios. Garson tiña pouca experiencia no cinema e como consecuencia a carreira de Kimball Young comezou a declinar. Aínda que seguiu a ser unha actriz popular a principios da década de 1920, sufriu pola inexperiencia e suposta mala xestión e apatía de Garson.[1] No seu diario de 1921, Kimball Young escribiu "Será marabilloso saír da débeda e acabar eses tres filmes para equity. Sinto como se tivese a miña cabeza nun bloque e estaba a agardar porque o machado descendese en calquera momento".[6]

Comezou a sufrir unha serie de ataques por parte da prensa polos seus asuntos de negocios e relacións persoais con Garson. En 1925, o seu estrelado esvaecíase e realizou o seu último filme mudo Lying Wives. Kimball Young pasou o resto da década de 1920 actuando en vodevís e en 1928 casou tranquilamente co doutor Arthur Fauman. A chegada do cinema sonoro reviviu brevemente a súa carreira, e interpretou varios personaxes faladas para RKO Radio Pictures e Tiffany Studios cun modesto éxito, aparecendo só en pequenos papeis, incluída unha curtametraxe dos Three Stooges, papeis como figurante en filmes con baixo orzamento e realizango traballos na radio. Un dos seus maiores traballos foi no filme de misterio The Rogues Tavern (1936) onde interpretou unha doce mais meticulosa muller maternal que oculta un gran segredo.

Retirouse da interpretación en 1940.[7]

Young foi sometida a unha cirurxía menor para corrixir un problema crónico nos bronquios en marzo de 1960.[8] A súa saúde non se recuperou despois da operación e volveuse máis fráxil. Clara Kimball Young morreu dun infarto na Motion Picture House de Woodland Hills, California, o 15 de outubro de 1960.[7] Os seus restos foron incinerados e enterrados no Grand View Memorial Park Cemetery en Glendale, California.[9]

Polas súas contribucións á industria do cinema, Young recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6513 Hollywood Blvd., en Hollywood, California.[10]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Groat, Greta de. "The Life and Career of Clara Kimball Young". The Clara Kimball Young Website. 
  2. "Photos of The Stars". Silents Are Golden. 
  3. The Films of Clara Kimball Young
  4. Golden, Eve.Golden Images, 41 Essays on Silent Film Stars. McFarland & Company, Inc., Publishers, 2001. ISBN 0-7864-0834-0
  5. Clara Kimball Young Website
  6. Clara Kimball Young Diary
  7. 7,0 7,1 "Clara Kimball Young, Pioneer Actress, Dies". The Los Angeles Times. 16 de outubro de 1960. p. A2. 
  8. "Former Star Recovers". Oakland Tribune. March 20, 1960. p. 2. 
  9. Ellenberger, Allan R. (2001). Celebrities in Los Angeles Cemeteries: A Directory. Jefferson, N.C.: McFarland & Company. p. 105. ISBN 9780786409839. 
  10. "Hollywood Walk of Fame Star locations". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]