Saltar ao contido

Carlos Alcaraz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Alcaraz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carlos Alcaraz Garfia Editar o valor en Wikidata
5 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
El Palmar (España) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVillena Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónFerrero Tennis Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado34.992.775 $ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor en Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor en Wikidata
AdestradorJuan Carlos Ferrero Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 193–50 Editar o valor en Wikidata  180 Editar o valor en Wikidata 1 (2023)
Tenis dobres 5–4 Editar o valor en Wikidata 3 Editar o valor en Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm13421057 Twitter: carlosalcaraz Instagram: carlitosalcarazz Editar o valor en Wikidata

Carlos Alcaraz Garfia, nado no Palmar, Murcia o 5 de maio de 2003 é un tenista profesional español.[1] En 2024 foi campión do Campionato de Wimbledon e do Torneo de Roland Garros.[2]

Como xuvenil gañou dous torneos do ITF World Tennis Tour Juniors e alcanzou o número vinte e dous do ranking. Converteuse en profesional en 2018, gañou tres torneos do ITF World Tennis Tour e catro do ATP Challenger Tour, entrando no top 100 do ranking ATP en maio de 2021. Dous meses máis tarde gañou o seu primeiro ATP Tour 250, o Open de Croacia. En febreiro de 2022 gañou o seu primeiro ATP Tour 500, o Open de Río, e en abril o seu primeiro ATP Tour Masters 1000, o Open de Miami.[3]

En setembro do mesmo ano, gañou o seu primeiro Grand Slam tras vencer a Casper Ruud na final do Aberto de Estados Unidos, con ese triunfo converteuse no número un do ranking mundial ATP máis novo da historia, ao conseguilo con 19 anos e 18 semanas.[4]

Logrou varias marcas en Grand Slam, é o tenista máis novo na historia do tenis en gañar un Grand Slam en tres superficies diferentes, o sétimo (era open) en gañar as súas tres primeiras finais de Grand Slam, o sexto en gañar Roland Garros e Wimbledon o mesmo ano (sendo o máis novo) e é o primeiro tenista na historia que gaña a súa primeira final de Grand Slam en terra (Roland Garros 2024), a primeira en herba (Wimbledon 2023) e a primeira en pista dura (US Open 2022). É xunto a Roger Federer o primeiro tenista en gañar as súas catro primeiras finais de Grand Slam. É o segundo xogador español con mellor palmarés individual en Grand Slams, só por detrás de Rafa Nadal e igualado con Manuel Santana.

En 2024 residía en Villena, na provincia de Alacante, onde era adestrado polo extenista Juan Carlos Ferrero.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao tenis na Real Sociedade Club de Campo de Murcia, onde o seu pai era director da escola de tenis, ata que aos 14 anos se foi á Equelite JC Ferrero Sport Academy en Villena.[6]

En 2019 converteuse no primeiro tenista nado en 2003 en gañar un partido nun torneo Challenger, ante Jannik Sinner no Challenger de Alacante.[7] O novo tenista, aínda descoñecido, empezaba a despuntar en torneos tanto nacionais como internacionais.

2020 - Debut no circuíto ATP

[editar | editar a fonte]

O 17 de febreiro de 2020 derrotou o seu compatriota Albert Ramos (situado no núm. 41 do ranking ATP) en primeira rolda do torneo ATP 500 de Río de Janeiro por 7-6, 4-6, 7-6 gañando o seu primeiro partido no cadro final dun torneo do ATP Tour con 16 anos e 10 meses. No partido de segunda rolda fronte ao arxentino Federico Coria quedaría eliminado do torneo tras perder por 4-6, 6-4, 4-6.[8]

Tras o parón provocado pola pandemia, Alcaraz volveu á competición, conseguindo o seu primeiro título ATP Challenger tras derrotar na final ao italiano Bonadio. Desta forma, converteuse no 15.º xogador máis novo en lograr un título profesional, ademais de entrar entre os 250 mellores postos no ranking ATP.[9]

2021 - Primeiro título no circuíto ATP

[editar | editar a fonte]

O 13 de xaneiro de 2021, con 17 anos, 8 meses e 8 días, clasifícouse para o cadro final do Aberto de Australia 2021 converténdose no primeiro xogador masculino nado en 2003 en clasificarse para o cadro final dun Grand Slam. Así mesmo, convértese no terceiro tenista español máis novo en debutar nun Grand Slam, tras Arantxa Sánchez Vicario que debutou no Torneo de Roland Garros 1987 con 15 anos e Rafael Nadal que debutou no Campionato de Wimbledon 2003 con 17 anos e 20 días.[10]

O 3 de febreiro de 2021 venceu a David Goffin (núm. 14) en segunda rolda do Torneo ATP de Melbourne. Con esta vitoria converteuse, con 17 anos e nove meses, no tenista máis novo en derrotar a un top-15 desde que Richard Gasquet fixera o propio con Nicolás Massú en 2004.

O 9 de febreiro de 2021 debutou nun Grand Slam con vitoria ante o neerlandés Botic van de Zandschulp. Así mesmo, converteuse no terceiro español máis novo de todos os tempos en gañar un partido de Grand Slam con 17 anos e 9 meses (tras Rafael Nadal con 17 anos e 20 días en Wimbledon 2003 e Arantxa Sánchez Vicario con 15 anos en Roland Garros 1987).[11]

No Masters de Madrid 2021 recibiu unha wild card para o cadro principal. En primeira rolda consegiu a súa primeira vitoria en Masters 1000 derrotando ao francés Adrian Mannarino (6-4, 6-0). Xogou en segunda rolda o día do seu 18 aniversarios, perdendo contra Rafael Nadal.[12]

No Torneo de Roland Garros 2021 conseguiu entrar no cadro principal a través da fase previa. En primeira rolda derrotou o tamén español Bernabé Zapata Miralles en 4 sets, converténdose no xogador máis novo desde Novak Djokovic en 2005 en gañar un partido no torneo parisiense.[13] En segunda rolda conseguiu derrotar o xeorxiano Nikoloz Basilashvili en sets corridos, converténdose con 18 anos e 29 días no xogador máis novo que alcanza a terceira rolda dun Grand Slam desde Rafa Nadal (17 anos, 7 meses e 19 días) no Aberto de Australia de 2004 e o máis novo en conseguilo en Roland Garros desde que o fixese o ucraíno Andréi Medvédev en 1992 (17 anos e nove meses).[14][15] Finalmente é derrotado na terceira rolda ante o tenista alemán Jan-Lennard Struff (6-4, 7-6, 6-2), quen dixo sobre Carlos Alcaraz: “Ten que seguir así, vai ser un grandísimo xogador”.[16]

En xuño de 2021 recibiu unha wild card para disputar o Campionato de Wimbledon 2021. En devandito campionato conseguiu unha gran vitoria en primeira rolda contra o xaponés Uchiyama, nun partido que se foi até o quinto set. Xa en segunda rolda non puido superar ao ruso e número 2 do mundo Daniil Medvedev (6-4, 6-1, 6-2), despedíndose así da súa primeira participación en Wimbledon.

O 25 de xullo de 2021 na arxila de Umag gañou o seu primeiro título ATP ante Richard Gasquet cun tanteo de 6-2 e 6-2, converténdose no tenista máis novo desde Kei Nishikori no Torneo de Delray Beach 2008 en conseguir un título ATP.[17].En agosto debutaría no cadro principal do Aberto de Estados Unidos 2021 enfrontándose en primeira rolda ao británico Cameron Norrie ao que bateu en 3 sets. En segunda rolda venceu o tenista galo Arthur Rinderknech en 4 sets e en terceira rolda daría a gran sorpresa vencendo en 5 durísimos sets a Stéfanos Tsitsipás cabeza de serie número 3, xa en cuarta rolda vencería o alemán Peter Gojowczyk en 5 sets, con esta vitoria, Carlos alcanzaría os seus primeiros cuartos de final nun Grand Slam. Deste xeito, o murciano superou a Andre Agassi como tenista máis novo da historia (18 anos e catro meses) en alcanzar a quinta rolda desde 1973. Tras un gran torneo e moito desgaste, o tenista non puido completar o partido de cuartos fronte a Félix Auger-Aliassime por problemas físicos no cuádriceps e no adutor.[18]

Na volta á competición en outubro de 2021 despois da súa lesión no US Open, participa no Masters 1000 de Indian Wells onde foi eliminado en primeira rolda polo británico Andy Murray (7-5, 3-6, 2-6). Ademais foiseleccionado polo equipo español da Copa Davis por primeira vez na súa carreira para competir na fase final da Copa Davis de 2021.[19] Compitiu no Torneo de Viena ATP 500, onde realizou unha gran actuación, eliminando os británicos Daniel Evans e Andy Murray e ao terceiro cabeza de serie e top 7 mundial Matteo Berrettinni por (6-1, 6-7, 7-6) en cuartos de final, a súa andaina no torneo finalizou en semifinais tras caer derrotado pola segundo cabeza de serie e top catro mundial Alexander Zverev por (3-6, 3-6).[20] Na súa primeira participación no Masters de París conseguiu a súa terceira vitoria sobre un top 10, vencendo a Jannik Sinner (7-6, 7-5), finalmente sería eliminado polo francés Hugo Gaston (4-6, 5-7) en terceira rolda.[21]

En novembro participou nas Next Generation ATP Finals 2021 (competición que reúne os mellores tenistas menores de 21 anos, pero que non dá puntos ATP), torneo que gañou, perdendo un só set en todo o torneo, vencendo na final a Sebastian Korda por (4-3, 4-2, 4-2).[22] O mesmo día de inicio da fase final da Copa Davis de 2021, a Real Federación Española de Tenis anunciou que un membro do equipo español da Copa Davis dera positivo en COVID-19, sendo Alcaraz o positivo, o que supuxo que finalmente non puidese participar no torneo.[23][24]

2022 - N.º 1 do mundo e campión do Aberto de Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2022, reapareceu cunha gran melloría no seu estado físico co obxectivo de poder competir mellor.[25] Iniciou a tempada participando no Aberto de Australia, sendo cabeza de serie do torneo, por primeira vez nun Grand Slam, ademais o día do seu debut no torneo alcanzou a súa maior posición no ranking ATP na súa carreira, o 31.[26] En primeira rolda venceu o chileno Alejandro Tabilo (6-2, 6-2, 6-3), en segunda rolda venceu o serbio Dušan Lajović (6-2, 6-1, 7-5) alcanzando o seu mellor resultado na súa carreira no Aberto de Australia.[27][28] Finalmente foi eliminado en terceira rolda polo top 7 mundial Matteo Berrettini (6-2, 7-6(3), 4-6, 2-6, 7-6(5)) tras un partido maratoniano de 4 horas e 10 minutos, no que remontou dous sets e forzou o super tie-break.[29] Debido á súa actuación no torneo alcanzou o 31 de xaneiro de 2022 o seu maior ranking ATP, até ese momento, o posto 29.[30]

Despois da súa participación no Aberto de Australia, disputou o Open de Río 2022 en febreiro, torneo ATP 500 do circuíto. Gañando o seu primeiro título da categoría (o máis novo en logralo), despois de eliminar en cuartos de final ao cabeza de serie do torneo e número 6 do mundo Matteo Berrettini (6-2, 2-6, 6-2) e en semifinais ao italiano Fabio Fognini (6-2, 7-5), ambos os partidos xogáronse o mesmo día por mor da choiva en Río de Janeiro.[31][32] Finalmente derrotou na final o arxentino Diego Schwartzman (6-4, 6-2). Con este título, o 21 de febreiro, alcanzou o posto 20 no ranking ATP, a súa mellor posición na súa carreira.[33]

O 4 de marzo fai o seu debut coa selección española da copa Davis contra Romanía, no clasificatorio para a fase final de 2022. Gañaría o segundo partido do cruzamento por (6-4, 6-3) (pondo o 2-0 na eliminatoria) finalmente, España gañaría o cruzamento por 3-1.[34] Clasificándose para a fase final, que se disputaría en setembro e novembro de 2022.[35] Ese mesmo mes participou en Indian Wells onde realizou unha gran participación chegando até as semifinais do torneo contra Rafa Nadal perdendo por (4-6, 6-4, 3-6).[36]

O 3 de abril gañou o Masters de Miami, despois de eliminar a tres top 10 durante o torneo. Ao grego Stéfanos Tsitsipás e número 5 do ranking en 4R (7-5, 6-3), nas semifinais venceu ao polaco Hubert Hurkacz número 10 do mundo. Na final gañou ao noruegués Casper Ruud número 8 do mundo (7-5, 6-4) converténdose no primeiro español en gañar o devandito torneo en categoría masculina e o terceiro xogador máis novo da historia en gañar un Masters 1000.[37]

O 24 de abril gañou o Masters ATP 500 Barcelona Open Banc Sabadell, tamén chamado trofeo Conde de Godó, batendo a Tsitsipás, Álex de Miñaur, Jaume Munar e na final a Pablo Carreño por un (6-3, 6-2). Tras ese triunfo entrou por primeira vez no top 10 do ranking ATP.[38]

O 8 de maio gañou o seu segundo Masters 1000, o de Madrid. Despois dun torneo no que gañou en cuartos de final ao n.º 4 do ranking ATP Rafa Nadal por (6-2, 1-6, 6-3) e ao día seguinte ao n.º 1 Novak Djokovic por (6(5)-7, 7-5, 7-6(5)) converténdose no finalista máis novo da historia dese torneo.[39] Na final derrotou a terceira raqueta do tenis mundial, Alexander Zverev (6-3, 6-1), gañando as súas primeiras 5 finais do circuíto ATP (sen perder ningún set) e sendo o terceiro tenista español que gaña o torneo despois de Rafa Nadal e o seu adestrador Juan Carlos Ferrero. Ademais alcanzaría o n.º 6 no ranking ATP.[40] Durante o mes de maio xogou tamén Roland Garros, onde alcanzou o seu mellor resultado no torneo e igualou o seu mellor desempeño nun Grand Slam alcanzando os cuartos de final onde foi vencido polo alemán Alexander Zverev (4-6, 4-6, 6-4, 6(7)-7).[41]

Na súa segunda participación en Wimbledon, mellorou a súa participación respecto ao ano anterior, chegando a 4R onde foi derrotado polo italiano Jannick Sinner (1-6, 3-6, 7-6(8), 3-6).[42] En xullo de 2022 participou en Hamburgo onde chegou á final, sendo vencido por primeira vez nunha final no circuíto ATP, o seu verdugo foi o mozo italiano Lorenzo Musetti (4-6, 7-6(6), 4-6), a pesar da derrota colocousse por primeira vez no top 5 do ranking mundial, sendo o xogador máis novo en conseguilo desde Rafa Nadal.[43][44] Volveu a Umag, co obxectivo de revalidar o título do ano anterior, sen conseguilo ao perder a final ante Sinner (7-6(5), 1-6, 1-6), a pesar da derrota colocouse número catro do mundo por primeira vez na súa carreira.[45] En agosto disputou o Aberto de Estados Unidos, obtendo o seu primeiro Grand Slam e ascendendo á cima do tenis mundial, despois de vencer ao arxentino Sebastián Báez en tres sets por retirada, mesmo número de parciais con Federico Coria e Jenson Brooksby; Marin Čilić en oitavos, levouno ao cinco cun partido moi igualado; en cuartos, obtivo a vitoria nun longuísimo e disputado encontro (o que máis tarde terminou e o segundo de máis duración na historia do torneo) a cinco sets fronte a Jannik Sinner; nas súas primeiras semifinais de Grand Slam, derrotou a Frances Tiafoe (que viña de gañar a Rafael Nadal en oitavos) noutro cinco parciais; na final, derrotou a Casper Ruud (6-4, 2-6, 7-6(1), 6-3), os dous xogábanse o seu primeiro torneo maior e saír como número un.[46][47] Esta vitoria permitiulle a Alcaraz converterse no tenista máis novo da historia (19 anos, catro meses e sete días) en facerse co número un do ranking ATP.[48]

O 16 de setembro perdeu, na fase clasificatoria da Copa Davis, ante o integrante do equipo canadense Auger-Aliassime (7-6(5), 4-6, 2-6).[49][50] Dous días despois gañaríalle ao membro do equipo de Corea do Sur, Soonwoo Kwon (6-4 e 7-6(1)); nunha vitoria que permitiría o pase do combinado español á fase final da Copa Davis.[51] No seu primeiro torneo como número 1 do circuíto, non pasou de primeira rolda tras ser derrotado por David Goffin en Astaná[52]. A finais de outubro participou no torneo de Basilea chegando a semifinais onde foi vencido, de novo, por Auger-Aliassime (3-6, 2-6).[53]

No último Masters 1000 do ano, o de París, Alcaraz tívose que retirar en cuartos de final ante o danés Holger Rune no tie-break do segundo set, despois de que Rune levase o primeiro set por 3-6.[54] As probas médicas ditaminarían que sufría "unha ruptura muscular na musculatura oblicua interna da parede lateral abdominal esquerda" tendo que estar seis semanas de baixa perdéndose o ATP Finais e as finais da Copa Davis.[55]

Pecharía 2022 sendo o número un do circuíto, recibindo en Turín, durante o ATP Finais o trofeo que lle acreditaba ese logro, sendo o primeiro tenista en logralo nos últimos 18 anos á marxe de Rafel Nadal, Roger Federer, Novak Djokovic e Andy Murray.[56]

2023 - Lesión no inicio da tempada e regreso vitorioso

[editar | editar a fonte]

Alcaraz, de cara á tempada 2023 de tenis, preparou un calendario no que tiña planeado disputar 19 torneos do circuíto ATP, pero unha lesión durante a súa preparación para o Aberto de Australia de 2023 "no músculo semimembranoso da perna dereita" privouno da oportunidade de disputar o primeiro grande do calendario.[57][58] Tras a vitoria de Novak Djokovic no Aberto de Australia de 2023, perdeu o número 1 do ranking ATP en favor do tenista serbio, caendo á segunda posición do circuíto.[59]

Tras catro meses fóra das pistas, Alcaraz volveu no Torneo de Buenos Aires, un ATP 250. A pesar do seu período de inactividade, acabou gañando o torneo, tras vencer o británico Norrie (6-3, 7-5).[60] Á semana seguinte, no ATP 500 de Río de Janeiro, onde defendía título, perdeu na final contra o mesmo Norrie (7-5, 4-6, 5-7), mostrando molestias físicas nunha perna.[61]

En marzo regresou ao circuíto tras saltarse o Torneo de Acapulco polas devanditas molestias. En Indian Wells alcanzou a súa vitoria número 100 no circuíto ATP ao derrotar a Tallon Griekspoor (7-6, 6-3) en terceira rolda.[62] Na final, venceu a Daniil Medvedev (6-3, 6-2) —acabando coa súa serie de 19 vitorias consecutivas—, gañando o seu terceiro título da categoría ATP Masters 1000, e recuperando o número 1 do ranking individual o 20 de marzo.[63][64]

En Miami, onde Alcaraz era o defensor do título, alcanzou as semifinais sen ceder un só set, derrotando a Facundo Bagnis, Dušan Lajović, Tommy Paul (16º cabeza de serie) e Taylor Fritz (9º cabeza de serie). Esta vez perdeu ante a décimo cabeza de serie Jannik Sinner en tres sets. Caeu ao número 2 da clasificación ao non poder defender os puntos do seu título do ano anterior.

Alcaraz tiña previsto xogar o Masters de Montecarlo a semana seguinte, pero retirouse debido a unha artrite postraumática na man esquerda. Comezou a súa andaina europea en terra batida no Aberto de Barcelona, onde era o defensor do título. Derrotou a Nuno Borges, aos seus compatriotas Roberto Bautista Agut e Alejandro Davidovich Fokina, a Dan Evans en semifinais e a Stefanos Tsitsipas na final para revalidar o seu título sen ceder un só set. É tamén o seu terceiro título da tempada. Gañou o décimo título da súa carreira no Mutua Madrid Open 2023 sobre o defensor do título, Jan-Lennard Struff. Alcaraz converteuse no sexto xogador máis novo en alcanzar os 10 títulos na Era aberta.

No seguinte torneo sobre terra batida, o Masters de Roma, Alcaraz gañou a oportunidade de facerse co número 1 mundial xogando o seu partido de segunda rolda. Tras a súa vitoria, recuperou o primeiro posto de Novak Djokovic. Con todo, foi derrotado na seguinte rolda por Fabian Marozsan, número 135 do mundo, en sets corridos.

No Aberto de Francia de 2023, Alcaraz avanzou a semifinais, pero foi derrotado por Novak Djokovic en catro sets tras sufrir cambras ao comezo do terceiro set. Djokovic recuperou o número 1 do ranking de Alcaraz, despois de que este acabase gañando o torneo.

No Queen's Club Championships de 2023 logrou a primeira vitoria da súa carreira nun torneo sobre herba ao derrotar o australiano Alex de Minaur por 6-4 e 6-4 na final. A vitoria en Londres devolveulle ao número 1 da clasificación mundial e permitiulle ser cabeza de serie no cadro individual de Wimbledon 2023.

No Campionato de Wimbledon 2023, como máximo favorito, chegou á final tras vencer a Jeremy Chardy, Alexandre Muller, Nicolas Jarry, Matteo Berrettini, Holger Rune e Daniil Medvedev, superando a Novak Djokovic 1–6, 7–6(8– 6), 6-1, 3-6, 6-4, na final, pondo fin ao refacho de 34 vitorias consecutivas de Djokovic en Wimbledon e asegurando o N°1 do mundo e por si rompendo 20 anos de dominio que tiveron o Big Four (o derrotado Djokovic, o español Rafael Nadal, o suízo Roger Federer e o escocés Andy Murray-alternados-, comezado en 2003, cando o terceiro, derrotara ao australiano Mark Philippoussis).

Alcaraz comezou a súa campaña de 2024 no Aberto de Australia, facendo a súa carreira máis avanzada no torneo tras chegar aos cuartos de final. Perdeu ante o sexto cabeza de serie Alexander Zverev en catro sets.

En febreiro, Alcaraz entrou no Aberto de Arxentina de 2024 como campión defensor e gañou os seus dous primeiros partidos en sets seguidos antes de perder ante Nicolás Jarry na semifinal.

Retirouse do Aberto de Río á semana seguinte no seu primeiro partido debido a unha lesión no nocello dereito, despois de torcerse o nocello. Máis tarde anunciou unha escordadura lateral do nocello dereito pero dixo que perdería "uns días" antes de Indian Wells. Como campión defensor en Indian Wells, Alcaraz volveu estar en forma derrotando a Matteo Arnaldi, Félix Auger-Aliassime, Fábián Marozsán e Alexander Zverev para chegar ás semifinais, tras perder só un set no seu partido inaugural contra Arnaldi. A continuación enfrontouse a Jannik Sinner para o oitavo encontro da súa carreira e derrotouno para poñer fin á racha de 19 vitorias consecutivas de Sinner, igualando a súa rivalidade a 4–4. Alcaraz defendeu con éxito o seu título de novo derrotando a Daniil Medvedev na final, o que lle valeu o seu primeiro título desde Wimbledon 2023.

En Miami, onde pretendía completar o Sunshine Double, Alcaraz chegou aos cuartos de final derrotando a Roberto Carballés Baena, Gaël Monfils e Lorenzo Musetti sen perder un set. Con todo, entón perdeu ante o eventual finalista Grigor Dimitrov por segunda vez consecutiva. Despois do torneo, caeu ao número 3 do mundo despois de ser superado por Jannik Sinner.

Antes do Aberto de Francia, Alcaraz viviu unha tempada de terra batida inestable. Retirouse do Masters de Monte-Carlo e do Aberto de Barcelona, ​​este último onde defendería o seu título, debido a unha lesión no antebrazo dereito. En Madrid, onde tamén foi campión defensor, Alcaraz perdeu nos cuartos de final ante o eventual campión Andrey Rublev. Logo retirouse de Roma debido á lesión no antebrazo.

En xuño, chegou á súa segunda semifinal do Aberto de Francia ao derrotar a J. J. Wolf, Jesper de Jong, Sebastian Korda, Félix Auger-Aliassime e Stefanos Tsitsipas. Na semifinal, Alcaraz derrotaría ao segundo cabeza de serie Jannik Sinner en cinco sets para pasar á súa primeira final do Aberto de Francia. O seu rival na final foi o cuarto cabeza de serie Alexander Zverev, a quen Alcaraz derrotaría en cinco sets. Con 21 anos, converteuse no xogador masculino máis novo da historia en gañar un título importante en tres superficies de pista nun ano, coñecido como Surface Slam.

En xullo, defendeu o seu título de Wimbledon derrotando a Novak Djokovic en sets seguidos nunha revancha da final de 2023. Coa súa vitoria no Aberto de Francia no mes anterior, completou un Channel Slam, gañando o Aberto de Francia e as coroas de Wimbledon na mesma tempada.

En agosto de 2024 participou nos Xogos Olímpicos de París en individual e tamén formando parella con Rafael Nadal. Alcaraz e Nadal foron eliminados en cuartos de final (6-2, 6-4) polos estadounidenses Austin Krajicek y Rajeev Ram.[65] En individual nos 1/32 venceu a H. Habib (6-3, 6-1), nos 1/16 a T. Griekespoor (6-1, (7)-6), nos 1/8 a Roman Safiullin (6-4, 6-2), nos 1/4 a Tommy Paul por (6-3 e 7-6(7)).[66]

Torneos de Grand Slam

[editar | editar a fonte]

Individual

[editar | editar a fonte]

Gañados (4)

[editar | editar a fonte]
Ano Campionato Opoñente na final Resultado en final
2022 Aberto de EE. UU. Casper Ruud 6-4, 2-6, 7-6(1), 6-3
2023 Wimbledon Novak Djokovic 1-6, 7-6(6), 6-1, 3-6, 6-4
2024 Roland Garros Alexander Zverev 6-3, 2-6, 5-7, 6-1, 6-2
2024 Wimbledon (2) Novak Djokovic 6-2, 6-2, 7-6(4)

ATP Masters 1000

[editar | editar a fonte]

Individual

[editar | editar a fonte]

Gañados (5)

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Superficie Ind/Outdoor Opoñente na final
2022 Miami Dura Outdoor Casper Ruud
2022 Madrid Terra batida Outdoor Alexander Zverev
2023 Indian Wells Dura Outdoor Daniil Medvédev
2023 Madrid (2) Terra batida Outdoor Jan-Lennard Struff
2024 Indian Wells (2) Dura Outdoor Daniil Medvédev

Finalista (1)

[editar | editar a fonte]
Ano Torneo Superficie Ind/Outdoor Opoñente na final
2023 Cincinnati Dura Outdoor Novak Djokovic

Títulos ATP (15; 15+0)

[editar | editar a fonte]

Individual (15)

[editar | editar a fonte]
Lenda
Grand Slam (4)
ATP World Tour Finals (0)
ATP World Tour Masters 1000 (5)
ATP World Tour 500 (4)
ATP World Tour 250 (2)
Títulos por Superficie
Dura (4)
Terra batida (8)
Herba (3)
Indoor (0)
Outdoor (15)
N.º Data Torneo Superficie
1. 25 de julio de 2021 Umag Terra batida
2. 20 de febreiro de 2022 Río de Janeiro Terra batida
3. 3 de abril de 2022 Miami Dura
4. 24 de abril de 2022 Barcelona Terra batida
5. 8 de maio de 2022 Madrid Terra batida
6. 11 de setembro de 2022 Aberto de EE.UU. Dura
7. 19 de febreiro de 2023 Buenos Aires Terra batida
8. 20 de marzo de 2023 Indian Wells Dura
9. 23 de abril de 2023 Barcelona (2) Terra batida
10. 7 de maio de 2023 Madrid (2) Terra batida
11. 25 de xuño de 2023 Queen's Club Herba
12. 16 de xuño de 2023 Wimbledon Herba
13. 17 de marzo de 2024 Indian Wells (2) Dura
14. 9 de xuño de 2024 Roland Garros Terra batida
15. 14 de xullo de 2024 Wimbledon (2) Herba

Finalista (4)

[editar | editar a fonte]
N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 24 de xullo de 2022 Hamburgo Terra batida Lorenzo Musetti 4-6, 7-6(6), 4-6
2. 31 de xullo de 2022 Umag Terra batida Jannik Sinner 7-6(5), 1-6, 1-6
3. 26 de febreiro de 2023 Río de Janeiro Terra batida Cameron Norrie 7-5, 4-6, 5-7
4. 20 de agosto de 2023 Cincinnati Dura Novak Djokovic 7-5, 6-7(7), 6-7(4)

Next Gen ATP Finals

[editar | editar a fonte]

Títulos (1)

[editar | editar a fonte]
N.º Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 13 de novembro de 2021 Next Gen ATP Finals Dura (i) Sebastian Korda 4-3(5), 4-2, 4-2

Clasificación histórica

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 15 de xullo de 2024

Torneo 2019 2020 2021 2022 2023 2024 Títulos G-P %
Torneos de Grand Slam
Australian Open A A 2R 3R A CF 0 / 3 7-3 70 %
Roland Garros A Q1 3R CF SF G 1 / 4 18-3 86 %
Wimbledon A ND 2R 4R G G 2 / 4 18-2 90 %
US Open A A CF G SF 1 / 3 16-2 89 %
Títulos 0 0 0 1 1 2 4 / 14 59-10 85 %
Gañados-Perdidos 0-0 0-0 8-4 16-3 17-2 18-1
Torneos de final de ano
ATP Finai Non se clasificou A SF 0 / 1 2-2 50 %
Next Gen ATP Finals[67] NSC ND G A A < 20 1 / 1 5-0 100 %
Títulos 0 0 1 0 0 1 / 2 7-2 77%
Gañados-Perdidos 0-0 0-0 5-0 0-0 2-2
ATP Tour Masters 1000
Indian Wells A ND 1R SF G G 2 / 4 16-2 89 %
Miami A ND 1R G SF CF 1 / 4 13-3 81 %
Montecarlo A ND A 2R A A 0 / 1 0-1 0 %
Madrid A ND 2R G G CF 2 / 4 15-2 88 %
Roma A A A A 3R A 0 / 1 1-1 50 %
Canadá A ND A 2R CF 0 / 2 2-2 50 %
Cincinnati A A 1R CF F 0 / 3 6-3 67 %
Shanghái A Non disputado 4R 0 / 1 2-1 66 %
París A A 3R CF 2R 0 / 3 4-3 57 %
Títulos 0 0 0 2 2 1 5/ 23 59-18 76 %
Gañados-Perdidos 0-0 0-0 3-5 19-5 23-6 12-2
Torneos ATP 500
Río de Janeiro A 2R ND G F 1R 1 / 4 10-3 77 %
Acapulco A A 1R A A A 0 / 1 0-1 0 %
Barcelona Q1 ND 1R G G A 2 / 3 10-1 91 %
Londres A ND A A G 2R 1 / 2 6-1 85 %
Hamburgo A A A F A A 0 / 1 4-1 80 %
Astaná TI ATP 250 1R ATP 250 0 / 1 0-1 0%
Pekín A Non disputado SF 0 / 1 3-1 75%
Viena A A SF A A 0 / 1 3-1 75 %
Basilea A ND SF A 0 / 1 3-1 75%
Títulos 0 0 0 2 2 0 4 / 15 39-11 78 %
Gañados-Perdidos 0-0 1-1 3-3 17-3 17-2 1-2
Torneos ATP 250
Melbourne Inexistente 3R A TD 0 / 1 2-1 66 %
Montpellier A A Q1 A A A 0 / 0 0-0 0 %
Buenos Aires A A A A G SF 1 / 2 6-1 85 %
Marbella TD SF TD 0 / 1 3-1 75 %
Estoril A ND 1R A A A 0 / 1 0-1 0 %
Umag A ND G F A A 1 / 2 8-1 88%
Kitzbühel A A 1R A A 0 / 1 0-1 0 %
Winston-Salem A ND SF A A 0 / 1 3-1 75 %
Títulos 0 0 1 0 1 0 2 / 9 22-7 77 %
Gañados-Perdidos 0-0 0-0 13-5 3-1 4-0 2-1
Representación nacional
Xogos Olímpicos ND A ND 0 / 0 0-0 0 %
Copa Davis A A A CF A 0 / 0 2-1 66 %
Títulos 0 0 0 0 0 0 / 0 2-1 66 %
Gañados-Perdidos 0-0 0-0 0-0 2-1 0-0
  1. "Biografía de Carlos Alcaraz en La Verdad" (en castelán). 2022-05-05. 
  2. "Carlos Alcaraz vence a Ruud, gana el US Open y se convierte en el número 1 más joven de la historia". ELMUNDO (en castelán). 2022-09-11. Consultado o 2024-08-01. 
  3. "Rankings - Singles - ATP Tour - Tennis". Consultado o 2022-05-09. 
  4. "Carlos Alcaraz vence a Ruud, gana el US Open y se convierte en el número 1 más joven de la historia". ELMUNDO (en castelán). 2022-09-11. Consultado o 2024-08-01. 
  5. "El viaje sorpresa de Ferrero impulsó al joven campeón". 2022-04-04. Consultado o 2022-05-09. 
  6. MURCIA, J. GARCÍA / I. SERRES / RTVE (2022-05-04). "La estrella de Carlos Alcaraz comenzó a brillar en el Club de Tenis de El Palmar". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  7. "Carlos Alcaraz VS Jannik Sinner * ATP Tour - Tenis". Consultado o 2022-05-10. 
  8. "Carlos Alcaraz se va de Brasil con la cabeza muy alta". Diario AS. 20 de febrero de 2020. Consultado o 20 de febrero de 2020. 
  9. García, Dioni (2020-08-30). "Carlos Alcaraz gana su primer torneo Challenger ATP en Trieste". Consultado o 2021-06-05. 
  10. "Alcaraz jugará su primer Grand Slam con 17 años". Diario AS. 13 de enero de 2021. Consultado o 13 de enero de 2021. 
  11. "Carlos Alcaraz derrota al holandés Van De Zandschulp y logra su primera victoria en un grande". Diario MARCA. 9 de febrero de 2021. Consultado o 9 de febrero de 2021. 
  12. "La leyenda Nadal no regala nada a Alcaraz y pasa a octavos de Madrid" (en castelán). 2021-05-05. Consultado o 2024-01-26. 
  13. "Carlos Alcaraz Firma Su Primera Victoria En Roland Garros - ATP Tour - Tenis". Consultado o 2021-06-05. 
  14. Albarrán, Nacho (2021-06-03). "Alcaraz barre a Basilashvili y emula a Nadal por precocidad". Diario AS (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  15. Ciriza, Alejandro (2021-06-03). "Alcaraz da otro bocado a la historia". El País (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  16. "Puntodebreak". Consultado o 2021-06-05. 
  17. Noguera, Jorge (2021-07-26). "Alcaraz estrena su palmarés ATP a la misma edad que Nadal". Diario AS (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  18. "Carlos Alcaraz sufre un desgarro fibrilar en el cuádriceps". Diario AS (en castelán). 2021-09-11. Consultado o 2024-08-01. 
  19. "Oficial: Carreño, Bautista, Alcaraz, Granollers y Feliciano, equipo español de la Davis". 2021-10-25. Consultado o 2021-10-27. 
  20. "Zverev detiene a Carlos Alcaraz en las semifinales de Viena". 2021-10-30. Consultado o 2021-11-05. 
  21. "Alcaraz colapsa ante Gaston en octavos de París". 2021-11-05. Consultado o 2021-11-05. 
  22. "Alcaraz campeón de las Next Gen ATP Finals - Resultado y resumen de la final". 2021-11-13. Consultado o 2021-11-22. 
  23. "Comunicado Oficial: Un miembro de la Selección Española de Copa Davis da positivo por COVID-19". www.rfet.es (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  24. "Carlos Alcaraz, positivo por coronavirus, se pierde la Copa Davis". 2021-11-25. Consultado o 2021-11-26. 
  25. Ciriza, Alejandro (2022-01-17). "Carlos Alcaraz se forra de músculo". Consultado o 2022-01-17. 
  26. "Alcaraz Supera Al Big-3 En Récord De Juventud - ATP Tour - Tenis". Consultado o 2022-01-17. 
  27. "Alcaraz supera por la vía rápida a Tabilo en primera ronda". 2022-01-17. Consultado o 2022-01-17. 
  28. "Carlos Alcaraz logra su mejor resultado en el Open de Australia" (en castelán). 2022-01-19. Consultado o 2022-01-19. 
  29. "Carlos Alcaraz se queda a las puertas de una remontada para la historia". 2022-01-21. Consultado o 2022-01-21. 
  30. Murcia, Redacción COPE (2022-01-31). "Alcaraz entra en el Top 30 y supera a Federer". Consultado o 2022-01-31. 
  31. "Carlos Alcaraz, el tenista más joven en ganar un ATP 500". 2022-02-20. Consultado o 2022-02-21. 
  32. "Carlos Alcaraz acaba con Fognini en Río y buscará este domingo su segundo título" (en castelán). 2022-02-20. Consultado o 2022-02-20. 
  33. "Carlos Alcaraz entra en el Top 20 de la ATP y promete guerra: "Me veo preparado"". 2022-02-21. Consultado o 2022-02-21. 
  34. "Carlos Alcaraz se estrena con triunfo ante Copil y sitúa a España a un punto de la clasificación". 2022-03-04. Consultado o 2022-03-05. 
  35. Sport (2022-03-05). "Copa Davis 2022: España accede a las finales tras derrotar a Rumanía". Consultado o 2022-03-05. 
  36. "Resumen y resultado del Nadal - Alcaraz (4-6, 6-4, 3-6): semifinales Indian Wells 2022". 2022-03-20. Consultado o 2022-03-23. 
  37. "Carlos Alcaraz inicia su era con un título en Miami ante Ruud". 2022-04-03. Consultado o 2022-04-05. 
  38. "Carlos Alcaraz, nuevo campeón del Godó sucediendo a Nadal". 2022-04-24. Consultado o 2022-05-09. 
  39. "Carlos Alcaraz vence a Djokovic para convertirse en el finalista más joven de Madrid". 2022-05-07. Consultado o 2022-05-10. 
  40. "Carlos Alcaraz destrona a Zverev y se apodera de la tierra de Madrid". 2022-05-08. Consultado o 2022-05-10. 
  41. Ortega, Albert (2022-05-31). "Zverev se venga de Alcaraz en una batalla épica y el español se despide de París". Consultado o 2022-07-25. 
  42. Albarrán, Nacho (2022-07-03). "Un Sinner imperial frena a Alcaraz en Wimbledon". Consultado o 2022-07-25. 
  43. "Alcaraz se atasca ante Musetti y pierde en Hamburgo su primera final". 2022-07-24. Consultado o 2022-07-25. 
  44. Martín, Jesús Mariano (2022-07-25). "Alcaraz sigue subiendo en el ranking y entra en el Top-5". Consultado o 2022-07-25. 
  45. "Alcaraz se desmorona y entrega a Sinner su corona de Umag". 2022-07-31. Consultado o 2022-08-01. 
  46. Pacheco, Jorge (2022-09-08). "Alcaraz en su venganza ante Sinner: salvó un punto de partido y batalló más de 5 horas". Consultado o 2022-09-13. 
  47. "Carlos Alcaraz vence a Ruud, gana el US Open y se convierte en el número 1 más joven de la historia" (en castelán). 2022-09-11. Consultado o 2022-09-21. 
  48. "Carlos Alcaraz, el tenista más joven que alcanza el número 1 del tenis mundial | Onda Cero Radio" (en castelán). 2022-09-12. Consultado o 2022-09-21. 
  49. "España cae ante Canadá y se jugará el pase con Corea del Sur en la Copa Davis". 2022-09-16. Consultado o 2022-09-17. 
  50. "Auger-Aliassime detiene las esperanzas españolas". 2022-09-16. Consultado o 2022-09-17. 
  51. Casa, Rafael La (2022-09-18). "Carlos Alcaraz consigue una trabajada clasificación de 'La Armada' a cuartos" (en castelán). Consultado o 2022-09-21. 
  52. "Sorprendente derrota de Carlos Alcaraz ante David Goffin en su estreno en Astana" (en castelán). 2022-10-04. Consultado o 2022-11-07. 
  53. 20minutos (2022-10-29). "Auger-Aliassime destroza a Carlos Alcaraz, que sufre su peor derrota del año en Basilea" (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  54. "Carlos Alcaraz se retira en el 'tie break' del segundo set ante Rune con una lesión intercostal" (en castelán). 2022-11-04. Consultado o 2022-11-07. 
  55. "Carlos Alcaraz, K.O: su lesión le impedirá disputar las ATP Finals y las Finales de la Copa Davis" (en castelán). 2022-11-05. Consultado o 2022-11-07. 
  56. Ciriza, Alejandro (2022-11-16). "Turín encumbra a Carlos Alcaraz, el rutilante número uno" (en castelán). Consultado o 2022-11-18. 
  57. "Los 19 torneos del calendario de Carlos Alcaraz en 2023" (en castelán). 2022-12-29. Consultado o 2023-01-13. 
  58. "Carlos Alcaraz, lesionado: qué le pasa, qué lesión tiene, cuánto tiempo estará de baja y qué torneos se perderá el tenista español | DAZN News España" (en inglés). Consultado o 2023-01-13. 
  59. 20minutos (2023-01-30). "Revolución en el ranking ATP: Djokovic le arrebata el liderato a Alcaraz y Nadal se desploma" (en castelán). Consultado o 2023-01-31. 
  60. "Carlos Alcaraz conquista Buenos Aires en su regreso a las pistas | Onda Cero Radio" (en castelán). 2023-02-20. Consultado o 2023-02-21. 
  61. "Alcaraz evaluará con su equipo médico seguir en la gira" (en castelán). 2023-02-27. Consultado o 2023-02-27. 
  62. "Alcaraz, tras su victoria 100: “Estoy muy orgulloso de mí mismo”" (en castelán). Consultado o 2023-03-21. 
  63. "Medvedev: "Es Momento De Construir Una Nueva Racha" | ATP Tour | Tenis". Consultado o 2023-03-20. 
  64. "El tenista español Carlos Alcaraz conquista Indian Wells y recupera el número uno del mundo" (en castelán). 2023-03-20. Consultado o 2023-03-20. 
  65. Viñas, Sergio R. (2024-07-31). "Nadal y Alcaraz caen eliminados y culminan un día negro para España". El Periódico de España (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  66. "Resultados ATP Juegos Olímpicos 2024 - Tenis/ATP - Individuales". www.flashscore.es (en castelán). Consultado o 2024-08-01. 
  67. Este torneo no cuenta en las estadísticas ATP generales.