Capra pyrenaica pyrenaica
Capra pyrenaica pyrenaica | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración do ano 1898. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto dende 2000[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A Capra pyrenaica pyrenaica é unha subespecie de cabra montesa. Esta subespecie de cabra montesa ibérica estaba en perigo de extinción dende comezos do século XX, e foi catalogada como «especie en perigo crítico de extinción» (CR) polo Specialist Caprinae Group da IUCN en 1997.[2] O 6 de xaneiro de 2000 achouse morto o derradeiro exemplar, unha femia, que vivía en España.[3]
Xunto coa Capra pyrenaica lusitanica, que se extinguiu en 1892, é unha das dúas subespecies de cabra montesa que desapareceron. Diferenciábase das outras subespecies principalmente polo seu pelo máis longo e denso no inverno e a base máis grosa dos cornos, tanto en machos coma en femias. A cornamenta do bucardo era, asemade, a máis longa de entre as catro subespecies de cabra montesa que habitaron a Península Ibérica.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Herrero, J.; Pérez, J.M. (2008). "Capra pyrenaica". Lista Vermella da IUCN 2008: e.T3798A10085397. doi:10.2305/IUCN.UK.2008.RLTS.T3798A10085397.en. Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ García-González, R. y J. Herrero (1999) «El bucardo de los pirineos: Historia de una extinción.», en Galemys II (I), 1999. Galemys. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- ↑ «La foto de la resurrección de una especie extinguida.» El Mundo. Consultado o 15 de xuño de 2014.
- ↑ Alados, C. L., Escós, J. (2012) «Cabra montés-Capra pyrenaica», en Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Salvador, A., Cassinello, J. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid. Museo Nacional de Ciencias Naturales. Consultado o 15 de xuño de 2014.