Saltar ao contido

Cabrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCabrera
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deEspaña Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional do Arquipélago de Cabrera Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPalma, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°08′31″N 2°56′45″L / 39.14194, 2.94583
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións5,29 (ancho) × 5,53 (lonxitude) km
Punto máis altoNa Picamosques (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (172 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie15,69 km² Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
Gaivota de Audouin
Corvo mariño moñudo

Cabrera é a illa principal do arquipélago de Cabrera, que se atopa fronte á costa sur de Mallorca, nas illas Baleares. Administrativamente este arquipélago pertence ao termo municipal de Palma.

A presenza militar desde 1916 evitou que na zona producísese unha invasión turística, o que permitiu a conservación deste privilexiado ecosistema ata os nosos días, pertencendo desde o 29 de abril de 1991 ao Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera, mediante a Lei 14/1991.

A illa de Cabrera e os illotes maiores foron visitados polas principais civilizacións mediterráneas: fenicios, cartaxineses, bizantinos e romanos.

Durante os séculos XIII e XIV a illa de Cabrera e o seu porto natural era utilizado por piratas berberiscos como base desde onde atacar as costas mallorquinas. Por este motivo, xa no século XIV, construíuse un castelo na entrada do porto. Este castelo evitaba que se usase o porto como base pirata e permitía unha maior vixilancia das augas próximas a Mallorca.

En 1808 estala a Guerra da Independencia Española. Os soldados franceses que foron feitos prisioneiros na batalla de Bailén terminaron encarceados na illa de Cabrera. En realidade non había ningún edificio que puidese chamarse cárcere, a catividade era o propio illamento da illa. Este cativerio terminou en 1814 ao asinarse a paz. Debido á escaseza de recursos da illa e a falta de subministracións por parte das autoridades da Xunta de Defensa de Mallorca, non máis da metade seguían vivos ao finalizar a guerra e en recordo destes prisioneiros erixiuse un monólito na illa.

A finais do século XIX a illa de Cabrera pasa a ser propiedade privada. Os donos, a familia Feliu, intentan o cultivo de vide na illa. Para iso construíron unha adega, que se utiliza actualmente como museo.

En 1916 o arquipélago é expropiado por intereses de defensa. Establécese na illa de Cabrera unha pequena guarnición. A illa utilizaríase ata a súa conversión en Parque Nacional como área de práctica de tiro. Esta presenza militar protexeu a contorna natural ao evitar que o arquipélago fose obxecto de especulación inmobiliaria.

En marzo de 1991 declárase Cabrera como Parque Nacional Marítimo e Terrestre.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]
Castelo de Cabrera.

O único xeito de chegar ata Cabrera é en barco. Pero ao ser un Parque Nacional, o acceso está limitado a unha cantidade de embarcacións diarias. Desde o porto máis próximo de Mallorca (Colònia de Sant Jordi) saen cada día excursións guiadas que permiten realizar unha visita á illa de Cabrera.