Catalepsia
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A catalepsia (do grego κατάληψις, "acción de coller algo", "sorprender") é un trastorno repentino do sistema nervioso no que os músculos e membros do corpo se tornan máis ou menos ríxidos, sen haber contraccións, e a persoa fica todo o tempo consciente e podendo pasar horas nesta situación.
Causas
[editar | editar a fonte]A catalepsia ocorre en determinadas doenzas nerviosas, como a debilidade mental, histeria, intoxicación e alcoholismo.
Pode ser un síntoma de certos problemas do sistema nervioso ou síndromes como o mal de Parkinson, síndrome neuroléptica maligna e a epilepsia. É tamén un síntoma característico da abstinencia de anfetaminas como a cocaína. Alén disto, pode ser causada polo tratamento da esquizofrenia mediante antipsicóticos como o haloperidol[1] ou o anestésico cetamina[2].
A catalepsia tamén é un termo usado polos hipnotizadores para describir que un brazo ou unha perna está "morto" (sen capacidade aparente de movemento).
Síntomas
[editar | editar a fonte]Os síntomas son corpo e membros ríxidos. Os membros permanecen na mesma posición cando son movidos (flexibilidade cérea), non hai unha respuesta aos estímulos visuais nin aos táctiles, unha perda do control muscular e a desaceleración das funcións corporais, tales coma a da respiración, a dixestión e a do latexo cardíaco, e a persoa asemella estar morta.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente pensábase que os pacientes con catalepsia reviviran por mor dun milagre divino ou por maxia negra, xa que no pasado xa existían casos de persoas que foran enterradas vivas e na realidade estaban sufrindo catalepsia [4]. Moitos especialistas, con todo, afirman que iso non sería posible hoxe en día, xa que existen unha serie de equipamentos tecnolóxicos que, cando son correctamente utilizados, non fallan ao definir os sinais vitais e permiten autentificar o óbito con precisión. E como o tradicional exame forense para determinar a causa de morte implica abrir o corpo para analizar os órganos, se un paciente non chegase morto, seguramente morrería tralo exame forense.
Na literatura
[editar | editar a fonte]Hai un gran número de obras literarias nas que os personaxes teñen este trastorno, entre eles un dos máis famosos é a obra de Alexandre Dumas, Le Comte de Monte-Cristo, onde Abbé Faria ten crises de catalepsia de cando en vez, e finalmente morre por mor dunha desas crises. É un tema recorrente nas obras de Edgar Allan Poe. No Brasil, o poeta ultrarromántico Álvares de Azevedo, na súa obra Noite na Taverna, menciona un caso de catalepsia: o personaxe Solfieri relata ter mantido relacións sexuais cunha muller cataléptica, despois de confundila cun cadáver.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hattori K, Uchino S, Isosaka T, et al. (March 2006). "Fyn is required for haloperidol-induced catalepsy in mice". J. Biol. Chem. 281 (11): 7129–35. doi:10.1074/jbc.M511608200. PMID 16407246.
- ↑ Miller, Ronald (2005). Miller's Anesthesia. New York: Elsevier/Churchill Livingstone. ISBN 0-443-06656-6.
- ↑ Sanberg PR, Bunsey MD, Giordano M, Norman AB (1988). "The catalepsy test: its ups and downs". Behav. Neurosci. 102 (5): 748–59. PMID 2904271. doi:10.1037/0735-7044.102.5.748.
- ↑ Terra, ed. (26 de xaneiro de 2008). ""Mortos" ressuscitam pelo mundo e assustam famílias". Consultado o 26 de xaneiro de 2008.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catalepsia |